Cidade Real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCidade Real
Ciudad Real (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 38°59′00″N 3°55′00″O / 38.9833, -3.9167Coordenadas: 38°59′00″N 3°55′00″O / 38.9833, -3.9167
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Cidade Real Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalCiudad Real (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación75.303 (2023) Editar o valor em Wikidata (264,22 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie285 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude628 m-657 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataEva María Masías (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal13001–13005 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE13034 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webciudadreal.es Editar o valor em Wikidata

Cidade Real[1] (en castelán: Ciudad Real) é unha cidade do centro de España, na Meseta Sur, capital da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha.

Cidade Real ten 74.014 habitantes segundo o censo do Instituto Nacional de Estadística do ano 2009. A cidade atópase a 628 msnm, e o termo municipal cobre 289,98 km².

A cidade foi fundada por Afonso X o Sabio co nome de Villa-Real. A cidade é sede da Universidade de Castela-A Mancha e da Deputación Provincial.

A Porta de Toledo, en Cidade Real

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio de Cidade Real comprende catro núcleos de poboación, Cidade Real, Las Casas, Valverde e La Poblachuela. Cidade Real está urbanisticamente separada por escasos metros da veciña localidade de Miguelturra, formando un continuo demográfico. Cidade Real atópase na rexión histórica da Mancha, concretamente na comarca natural do Campo de Calatrava, caracterizada por toda unha chaira e situada na submeseta sur da Península Ibérica, ao bordo dun extenso territorio que presenta a particularidade do relevo e os fenómenos volcánicos. Así, pódense observar formacións do relevo que adoitan recibir o nome de "morro" ou "cabezo" e cráteres hidromagmáticos de explosión ou maar, que ás veces albergaban lagoas. Estas, en ocasións, foron desecadas na segunda metade do século XIX como consecuencia das ideas e políticas hixienistas ou miasmáticas da época, como a de Los Terreros, onde se atopa actualmente a Facultade de Educación.

A zona centro-sur de Cidade Real atópase emprazada sobre dúas maares, cuxos fondos de cráter sitúanse na praza do Pilar e na fonte do Hospital Xeral. No seu termo municipal, atópanse outros maares ou cráteres de explosión, como o da lagoa de La Posadilla (tamén chamado de Fuentillejos), declarada Monumento Natural.

Outros fenómenos son as augas agres, fervedoiros e baños termais. O relevo do termo municipal é chairo con lixeiras ondulacións e con pequenos outeiros volcánicos ademais de pequenas serras cuarcíticas. O río Guadiana suca este territorio represado para o regadío no encoro de El Vicario.

Clima[editar | editar a fonte]

De acordo coa clasificación climática de Köppen, o clima de Cidade Real é en xeral semiárido frío de tipo BSk, aínda que está moi preto do límite co clima mediterráneo de tipo Csa. Outras fontes describen o clima de Cidade Real como mediterráneo continentalizad, diferenciándoo do clima mediterráneo típico (que se dá en zonas próximas á costa), por ter unha maior amplitude térmica anual debido á súa altitude e distancia do mar. A precipitación media anual é duns 400 mm, cun mínimo marcado no verán (como é común nos climas mediterráneos) e un máximo no outono e comezos do inverno e, en menor medida, na primavera. As nevadas no inverno son ocasionais. O verán é moi cálido, mentres que o inverno é moderadamente frío.

Demografía[editar | editar a fonte]

O censo de Cidade Real é de 74.798 habitantes (INE 2014). Debido ao gran número de estudantes da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) e de persoas residentes non empadroadas, a poboación de Cidade Real dispárase ata as 80.000 persoas aproximadamente e chegaría ata os 100.000 habitantes contando a súa área metropolitana, o que supón unha porcentaxe moi elevada de poboación vinculada. Isto motivou diversas campañas do Concello de Cidade Real para aumentar o número de empadroamentos na cidade.

Administración e política[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais[editar | editar a fonte]

Resultados eleccións municipais de 2015 en Cidade Real
Candidaturas con representación 2015
% Concelleiros
Partido Popular (PP) 36,54 10
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 31,40 9
Ganemos Ciudad Real 15,79 4
Ciudadanos (C's) 7,47 2*

Cidade Real está gobernada polo Concello de Cidade Real, cuxos representantes se elixen cada catro anos por sufraxio universal de todos os cidadáns maiores de 18 anos de idade. O órgano está presidido (2015) pola alcaldesa de Cidade Real, Pilar Zamora.

Actualmente un dos dous concelleiros elixidos por Ciudadanos é un edil non adscrito no consistorio.

Alcaldes[editar | editar a fonte]

Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Lorenzo Selas Céspedes UCD
1983-1987 Lorenzo Selas Céspedes AP
1987-1991 Lorenzo Selas Céspedes Independentes
1991-1995 Lorenzo Selas Céspedes (1991-1993)
Nicolás Clavero Romero (1993-1995, substitución)
PSOE
PSOE
1995-1999 Francisco Gil-Ortega Rincón PP
1999-2003 Francisco Gil-Ortega Rincón PP
2003-2007 Francisco Gil-Ortega Rincón PP
2007-2011 Rosa Romero Sánchez PP
2011-2015 Rosa Romero Sánchez PP
2015-2019 María del Pilar Zamora Bastante PSOE
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]