CB Estudiantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tuenti Móvil Estudiantes
Estudiantes Demencia 02.jpg
Competición Liga ACB
Fundado 1948
Cidade España Madrid
Pavillón Palacio de la CAM (15.000)
Cores           Azul mariño e claro
Historia Ramiro de Maeztu
(1948)
Club Baloncesto Estudiantes
(dende 1949)
Presidente Juan Francisco García
Adestrador Trifón Poch
Copa do Rei 3 (1962, 1992, 2000)
Copa Príncipe 1 (1986)
Seareiros Demencia
Patrocinador Tuenti Móvil
Sitio Web www.clubestudiantes.com

O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, coñecido tamén coma Tuenti Móvil Estudiantes por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional da cidade de Madrid (España). Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu é, xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.

O pavillón onde xogan os seus partidos como local é o Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid, recinto inaugurado no ano 2005, con capacidade para 15.000 espectadores. O seu presidente é Juan Francisco García. O Estudiantes é tamén coñecido polos seus fieis seareiros, coñecidos popularmente como a "Demencia".

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación[editar | editar a fonte]

O club foi fundado durante o curso 1947-48, cando un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu inscribiu na "Federación Castellana de Baloncesto" (do castelán: Federación Castelá de Baloncesto) un equipo co nome de "Ramiro de Maeztu" na Terceira Divi­sión. Un ano máis tarde, no curso 1948-49, trocou o nome e constituíuse formalmente como "Club Baloncesto Estudiantes", baixo os auspicios e o apoio decisivo de Antonio Magariños, catedrático e xefe de estudos do Instituto. Ese ano inscribíronse con ese nome dous equipos, sendo o propio Antonio Magariños o primeiro presidente do club.

Na tempada 1947-1948 o Estudiantes queda subcampión de Terceira División de Castela e ascende á Segunda categoría. Na tempada 1948-49 ascende de Segunda a Primeira e na 1949-50 alcanza a máxima categoría existente entón. A primeira liga española de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto, disputouse no ano 1957 con seis equipos: Aismalibar, FC Barcelona, Estudiantes, Joventut de Badalona, Orillo Verde de Sabadell e Real Madrid. O Real Madrid e o Estudiantes participaron como primeiro e segundo do Campionato de Castela. Dende aquela, o Estudiantes é un dos tres únicos clubs españois que mantiveron a máxima categoría en competición española.

Primeiro título (anos 1960)[editar | editar a fonte]

Nos anos sesenta chegan os primeiros títulos, conseguindo a súa primeira Copa do Rei en 1963: tras gañar na final ao Real Madrid por 94-90, sendo tamén subcampión da Liga, tralos seus compañeiros de cidade. Xa na tempada anterior o Estudiantes fora subcampión de Copa, perdendo na final ante o Real Madrid por 80-66, e terceiro na Liga (tras Real Madrid e Joventut). Á tempada seguinte, 1963-64, o Estudiantes non repite éxito, e consegue o segundo posto na Copa do Rei disputada en Lugo, con todo este posto conseguise tras vencer ao Real Madrid no partido polo terceiro e cuarto posto por 114-62, a vitoria máis avultada sobre o seu gran rival.

Anos despois, o 19 de marzo de 1967, data correspondente á última Último partido de la liga 1966-67, o Estudiantes vence ao seu gran rival por mor dunha canastra de Emilio Segura nos últimos segundos, poñendo o marcador 77-75, e privando ao Real Madrid do título de liga que foi parar ao Joventut. Ao ano seguinte, en Badalona, La Penya ofreceu ao Estudiantes unha placa á deportividade e durante dos minutos el público badalonés estibo aplaudindo en pé. A importancia da xesta do Estudiantes radica en que durante as décadas dos sesenta e setenta o Real Madrid gañara dezaseis ligas consecutivas, dende 1959 até 1977 exceptuando ese ano. Actualmente unha peña de seareiros do Estudiantes denomínase "Peña Emilio Segura" en lembranza da xesta protagonizada polo xogador "estudiantil", o cal é socio de honra da mesma. O último momento destacable deste época sucedeu o 9 de marzo de 1969 cando nun partido ante o Joventut en Badalona, José Luis Sagi-Vela conseguiu 50 puntos, mellor rexistro na historia do club, e sendo tan só igualado quince anos máis tarde por David Russell.

Chegada a Europa (anos 1970)[editar | editar a fonte]

Os anos setenta son uns anos con grandes e entrañables xogadores, co club e a afección asentados no Pavillón Magariños, inaugurado en 1971, e onde a "Demencia" empeza a estar máis organizada. É a época en que empeza a xogar o primeiro americano remunerado en Estudiantes, Ron Taylor. Entre os logros da época destacan dous subcampionatos de Copa, en 1973 e 1975; e as primeiras participacións en competicións europeas, en concreto a Recopa.

Así, en 1973, o Estudiantes chega á súa primeira final da Copa da década, denominada naquela época do "Copa del Generalísimo". Perdeu en Valencia contra o Real Madrid por 123-79. Con todo, isto serviulle para que en 1973-74 disputase por primeira vez unha competición europea oficial, a Recopa. Os colexiais debutaron ante o SL Benfica portugués en segunda rolda. Tras eliminar ao Mounier Wels en oitavos de final, e pasar como segundos na liguiña de cuartos (na que o equipo do Ramiro compartiu grupo co Spartak de Brno e co Steaua de Bucarest), Estudiantes caeu en semifinais ante o Estrela Vermella iugoslavo, ao cabo campión.

En 1975 o Estudiantes xoga á súa segunda é última final de Copa destes anos, perdendo na final en Jerez de la Frontera de novo fronte ao Real Madrid, esta vez por 114-85. Este resultado valeulle de novo para xogar a Recopa na tempada seguinte, xa na mesma, en oitavos de final eliminou ao Honka Playboys, na liguiña de cuartos de final quedan primeiros de grupo e xa en semifinais perden fronte os franceses do o ASPO Tours.

Comeza a ACB (anos 1980)[editar | editar a fonte]

Na tempada 1980-81 o Estudiantes consegue ser subcampión de liga por terceira vez. O equipo xogaba de maneira moi consistente e encestaba habitualmente máis de 100 puntos por partido. Soamente o Barcelona resistiu no Palau, quedando campión de liga ese ano. Esa tempada destacou tamén pola explosión de Fernando Martín, daquela con 19 anos. Con todo, ao ano seguinte, Martín e outros xogadores claves foron fichados por clubs con maior potencial económico e rivais directos. Así, en 1984, ano de debut da ACB, o club ten que loitar por non descender, salvándose tras eliminar ao Peñas Recreativas de Huesca no playoff pola permanencia.

En 1984-85 comeza a reconstruírse un equipo máis competitivo, chega David Russell e volve Vicente Gil. Esa mesma tempada, Russell empatou con José Luís Sagi-Vela o tope máximo de anotación individual dun xogador de Estudiantes, ao conseguir 50 puntos no partido que enfrontou a Estudiantes contra a Caja de Álava o 20 de outubro de 1984. O 10 de novembro dese mesmo ano, debuta de John Pinone, abrindo unha época mítica en Estudiantes e sendo un dos súa xogadores icona do club durante anos.

En 1986 o Estudiantes consegue o seu segundo título, a Copa Príncipe de Asturias, conseguindo así o dereito a participar en competicións europeas. Nas tempadas 1984-85, 1985-86, 1986-87 o Estudiantes chega a cuartos de final na liga. David Russell gaña o primeiro concurso de mates da ACB, en Don Benito (Badaxoz). O 28 de marzo de 1987 sería unha das datas máis lembradas da historia do club, tras gañar ao Real Madrid nos Cuartos de Final da liga por 121 a 115 tras tres prórrogas nun Pavillón Antonio Magariños ateigado. Este encontro supuxo o partido de playoff da historia ACB con máxima anotación conxunta (236 puntos). Aquel ano Estudiantes acabou finalmente quinto.

Novo título (anos 1990)[editar | editar a fonte]

Nacho Azofra.

No ano 1990 o Estudiantes logra o subcampionato na Copa do Rei e un terceiro posto na liga, tras ser eliminado polo futuro campión, o FC Barcelona, nas semifinais. Juan Antonio Orenga foi nomeado Mellor Xogador da final de Copa. En 1992, despois da boa tempada anterior, o equipo continua crecendo e nese ano chegan unha serie de resultados históricos. Ese ano estaban no equipo xogadores como Orenga, Alberto Herreros, John Pinone, Nacho Azofra ou Alfonso Reyes.

Por unha banda, Estudiantes proclamouse Campión de Copa, por segunda vez na súa historia, ante o CAI Zaragoza, por 61-56, en Granada. John Pinone foi nomeado Mellor Xogador do Torneo. Nesa final, Nacho Azofra saíu desde o banco, pois estaba lesionado, e Ricky Winslow fixo un mate final espléndido. Nos cuartos de final da Copa, o Estudiantes eliminou ao Real Madrid cunha tripla de Juan Aísa no último segundo. En semifinais, gañou ao Joventut nun extraordinario partido de Pablo Martínez. En canto á liga, nas semifinais, o Estudiantes foi eliminado polo Joventut por 3-2. Os de Madrid gañaron o primeiro partido en Badalona, e no segundo perderon na prórroga, á que se chegou despois de fallar Estudiantes dous de tres tiros libres co tempo xa a cero. O Joventut proclamouse posteriormente campión de liga.

Pero o ano 92 é sobre todo lembrado polo maior fito europeo de Estudiantes. Na liga Europea, conseguiu chegar á Final Four disputada ese ano en Estambul. Nas semifinais Estudiantes disputou a semifinal co Joventut, enfrontamento obrigatorio naquela época cando había dous equipos do mesmo país na Final a Catro, perdendo. Finalmente o campión sería o Partizan de Belgrado. Como curiosidade o Partizan tivo que xogar toda a Euroliga fóra de Iugoslavia, escollendo como fogar Fuenlabrada, preto de Madrid. O Partizan gañou tódolos partidos de casa excepto un: Estudiantes.

En 1992-93, o maior logro do club foi chegar ás semifinais da liga, sendo eliminados por 3-2 polo Real Madrid de Arvydas Sabonis, que logo foi campión. Situación que se repetiu na seguinte tempada. En 1997 o Estudiantes consegue o terceiro lugar na liga, sendo eliminado en semifinais polo Barcelona, que acabou campión. A historia volveu repetirse ao ano seguinte. En 1999 o Estudiantes é subcampión da Copa Korać, nunha final española a dobre partido fronte ao FC Barcelona.

Gloria e dificultades (anos 2000)[editar | editar a fonte]

Sergio Rodríguez.

No ano 2000 Estudaintes proclámase campión da Copa do Rei en Vitoria, ao gañar ao Pamesa Valencia por 73-63. O Estudiantes eliminara en cuartos ao anfitrión, o Tau Cerámica, e en semifinais ao Caja San Fernando de Sevilla, ademais volveu ser semifinalista na liga, perdendo ante o Real Madrid nunha vibrante eliminatoria por 3-2, resolta no último segundo do quinto partido no pavillón Saporta, ao fallar Chandler Thompson unha bandexa. Ao seguinte ano o equipo cae de novo en semifinais, esta vez tras eliminar ao Real Madrid en cuartos co factor cancha en contra. Por fin, o ano seguinte, o Estudiantes consegue chegar á final, perdendo fronte ao FC Barcelona na mesa, despois de partidos cargados de polémica arbitral. Como anécdota, Sergio Rodríguez debutou na ACB no último minuto do último partido, anotando unha penetración por encima do poste.

En 2004-05 o Estudiantes vingouse e eliminou ao Barcelona, vixente campión, por 3-1 nos cuartos de final dos playoffs co factor campo adverso. Con todo, en semifinais, foi eliminado polo Real Madrid, que acabou gañando a liga. Ao ano seguinte, tras conseguir o oitavo posto na liga regular, o Estudiante perde na primeira rolda fronte ao Unicaja Málaga por 3-0. A cousa empeoraría ao ano seguinte, e o Estudiantes cun noveno posto queda fóra das eliminatorias polo título por primeira vez en moitos anos. Mais a cousa non quedaría aí, o seguinte ano foi aínda peor e o Estudiantes sálvase do descenso por unha soa vitoria. O ano seguinte o equipo mellora, mais volve a quedar na parte baixa da táboa. A racha negativa rompeuse por fin en 2010, e o Estudiantes volve a obter unha praza nas eliminatorias polo título tras tres anos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Seareiros de a "Demencia".

Xogando nas canchas do devandito instituto e cun gran número de equipos de tódalas categorías, a canteira do club deu como froito durante toda a súa historia moitos grandes xogadores e adestradores do baloncesto español. Entre os xogadores pódese mencionar a Fernando Martín, Alberto Herreros, Carlos Jiménez, Felipe Reyes, Sergio Rodríguez, Antonio Díaz-Miguel, Aíto García Reneses, Jesús Codina, Vicente Ramos, Juan Antonio Martínez Arroio, Gonzalo Sagi-Vea, Vicente Gil ou Nacho Azofra. Entre os adestradores pode citarse a José Vicente Hernández (máis coñecido como Pepu Hernández) ademais dos xa citados Antonio Díaz-Miguel e Aíto García Reneses. Este tres adestradores foron os seleccionadores da selección española de baloncesto baixo cuxa dirección esta conseguiu o seu tres maiores logros internacionais (un Campionato do Mundo e dúas medallas de prata en Olimpíadas).

Estudiantes foi catro veces subcampión da liga española e tres veces campión da Copa. A nivel internacional, desde 1973 participou en competicións europeas en vinte e catro tempadas xogando a Euroliga, a Recopa, a Copa Korać, a Copa Saporta, a Copa ULEB, e a FIBA EuroCup. O Estudiantes chegou a xogou a final a catro da Euroliga en Estambul de 1992 e foi subcampión da Copa Korać en 1999.

Seareiros[editar | editar a fonte]

Destacan tamén os seus seareiros, coñecidos como "La Demencia", que animan ao seu equipo constantemente, e que fan do humor e a ironía unha forma de ver o baloncesto, recibindo mesmo recoñecementos oficiais. A afección estudantil en gran medida considera viable a filosofía de manter a Estudiantes como equipo "de patio de colexio", a orixe do club, aínda dentro dun baloncesto cada vez máis profesionalizado. En 2007 a asistencia media de espectadores ao Madrid Arena durante a liga regular foi de 9.120 espectadores, dato que coloca ao equipo no segundo apartado tralo Unicaja Málaga.[2]

Rivalidade[editar | editar a fonte]

É proverbial a intensa rivalidade con outro equipo de baloncesto de Madrid, nacido como sección satélite dun club futbolístico. Así, moitos afeccionados do Estudiantes pensan que veu aproveitando, non sempre ben, as vantaxes económicas derivadas da súa dimensión futbolística, para fichar, en ocasións abusivamente, a numerosos xogadores de Estudiantes e doutros equipos de baloncesto. En Estudiantes, pola contra, numerosos xogadores refugados polo outro equipo de Madrid de financiamento futbolístico, atoparon a contorna para desenvolver a súa madurez e alcanzado, por exemplo, a selección española de baloncesto.

Cores e símbolos[editar | editar a fonte]

As cores do uniforme do equipo na tempada 2008-09 son azul escuro (primeiro equipamento) e amarela a camiseta e azul escuro o pantalón (segundo equipamento), tendo unha terceira equipaxe azul claro. Durante anteriores tempadas, foron de diversos tons de azul (primeiro equipamento), vermello (segundo) e azul celeste (terceiro).

As cores orixinais en 1948, cando a fundación do club, eran simplemente o equipamento para ximnasia dos alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu: camiseta azul e pantalón branco. Dependendo do patrocinador principal, Estudiantes vestiu tamén, ademais das cores anteriores, de azul claro, amarelo, negro, verde, e mesmo en segundos equipamentos durante os anos 70, a cor branca.

Acceso ao pavillón Antonio Magariños.

O escudo do club é un escudo aguzado na punta inferior e contén as cores azul escuro e azul claro. O escudo consta dun campo composto dividido en dous partes desiguais. No terzo superior, máis pequeno, as iniciais "E" e "C", por "Estudiantes Club", e na parte máis grande inferior, de esquerda a dereita, as iniciais "R", "I" e "M" entrelazadas ao redor da I, por "Instituto Ramiro de Maeztu". A I ocupa e divide esta parte inferior en dous partes iguais. O terzo superior pequeno e a parte dereita inferior son de cor azul escuro e a parte esquerda inferior de cor azul claro. Os bordos dos campos e do escudo son dourados, así como as letras.

Aínda que Estudiantes non foi propenso a aparatos como as animadoras ou as mascotas, si pode considerarse por moitos ao golfiño como mascota informal de Estudiantes. A orixe desta mascota está nas celebracións dos afeccionados do club en caso de eventos extraordinarios na Praza da República Arxentina, praza moi próxima á sede do club no Pavillón Antonio Magariños, no Instituto Ramiro de Maeztu. A praza ten unha fonte central onde hai varias estatuas de parellas de golfiños saltando sobre a auga. Por iso, esta praza coñécese popularmente tamén como a "praza dos golfiños". Os golfiños adoitan representarse co lombo azul e o abdome branco. Casualmente, as cores da bandeira da República Arxentina son tamén o azul claro e o branco. O golfiño Ramiro paséase polo campo e as bancadas durante as últimas tempadas cando Estudiantes xoga no seu pavillón.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Fachada do Palacio de Deportes.

O Estudiantes xoga so seus encontros como local no Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid, un pavillón multiusos situado na Avenida Felipe II de Madrid. Tras o incendio sufrido o 28 de xuño do ano 2001, a Comunidade de Madrid decidiu construír un novo pavillón no mesmo lugar. A súa construción iniciouse o 20 de febreiro de 2002, cun presuposto de 124 millóns de euros. Foi inaugurado o 16 de febreiro de 2005, ten capacidade de 15.000 espectadores para os partidos de baloncesto, e é a casa do Estudiantes e do Real Madrid.

Ademáis do Palacio de Deportes, o Estudiantes xogou tamén nos seguintes pavillóns:[3]

Inauguración Anos Pavillón Capacidade
1957 1942-71 La Nevera (Campo Nuevo) 500
1971 1971-87 Polideportivo Antonio Magariños 3.000
1960 1987-01 Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid 11.960
2000 2001-05 Palacio de Vistalegre 15.000
2002 2005-10 Madrid Arena 10.500
2000 / 2005 2010-11 Palacio de Vistalegre / Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid 15.000 / 15.000
2005 Dende 2011-12 Palacio de los Deportes de la Comunidad de Madrid 15.000

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Tuenti Móvil Estudiantes 2013-2014
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
P 5 España Guerra, Fran
2.14 m
119 kg
B 7 España Fernández, Jaime
1.86 m
79 kg
E-A 9 España Vicedo, Edgar
2.01 m
93 kg
B 10 España Colom, Quino
1.88 m
80 kg
AP 13 Croacia Banić, Marko
2.05 m
113 kg
A 14 Flag of the United States.svg Kuric, Kyle
1.93 m
88 kg
A 17 España Hernangómez, Juancho
2.03 m
100 kg
E-A 22 España Rabaseda, Xavi
1.96 m
93 kg
E 25 España Brizuela, Darío
1.98 m
88 kg
A 31 España Miso, Andres
1.98 m
85 kg
P 35 Flag of Brazil.svg Nogueira, Lucas
2.13 m
91 kg
AP 44 Bulgaria Ivanov, Dejan
2.05 m
103 kg
Adestrador
  • España Txus Vidorreta
Asistente(s)
  • España Alberto Lorenzo
  • España Juan Antonio Cabrerizo



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 13-10-2013

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

Xogador máis valioso da Copa do Rei

  • Juan Antonio Orenga – 1991
  • John Pinone – 1992
  • Alfonso Reyes – 2000

Xogador revelación da ACB

  • Sergio Rodríguez – 2005
  • Carlos Suárez – 2006

Campión do concurso de mates da ACB

  • David Russell – 1986, 1987
  • Ricky Winslow – 1990
  • Chandler Thompson – 1996, 1998

Campión do concurso de triplas da ACB

  • Danko Cvjetičanin – 1993
  • Keith Jennings – 1996
All-ACB First Team
Carlos Jimenez (10).

Canteira[editar | editar a fonte]

A canteira é sen dúbida unha das características esenciais do club, que o identifican mesmo fóra de España. Os equipos alevíns, infantís, cadetes e juniors conseguiron numerosos trofeos nas diferentes competicións nacionais e rexionais ao longo dos máis de 50 anos de historia do club. Moitos xogadores de Estudiantes foron seleccionados para as seleccións sub 20, juniors, xuvenís e infantís.

Como mostra, Estudiantes proclamouse campión do chamado circuíto sub-20, (con xogadores como Soria, Yusta, Clark, Soto, Aspe, etc.), torneo organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB por primeira vez na tempada 2005-06, para xogadores menores de 20 anos. Este torneo confórmase con varias concentracións ao longo da tempada en varias cidades e unha final cos mellores 8 equipos. Varios xogadores deste equipo vencedor do circuíto Sub 20 foron seleccionados para a selección española sub-20 de 2006 que disputou o Campionato de Europa U20 en Turquía (Soria, Yusta, Beirán, Aspe, incorporándose tamén Carlos Suárez do equipo ACB), quedándose fose da selección definitiva Soria. Algúns seguidores cuestionan que Soria e Yusta, xogadores cun gran futuro por diante, tivesen que saír do club, e na tempada 2006-07 xogan na Lagoa en liga Leb2 (Soria) e no equipo do Real Madrid de Leb2 (Yusta).

Na tempada 2005-06, o club contaba ademais do equipo feminino na máxima categoría, con equipo masculino na liga EBA (liga amateur organizada pola Federación Española de Baloncesto) e con equipo na primeira división feminina, con 5 equipos masculinos e 2 femininos en categoría junior, seis equipos masculinos e tres femininos en cadetes, catro equipos masculinos e dous femininos en categoría infantil e sete equipos máis entre pre-infantís e alevíns (mixtos). Ademais existe unha Escola de Baloncesto cuns catrocentos inscritos e organízanse durante o ano varios campus e "clinics".

Na tempada 2005-06, sete equipos da canteira de Estudiantes tanto de categorías masculina como feminina dos diferentes grupos de idades clasificáronse para os Campionatos de España da súa categoría, sendo o único club de España en colocar tantos equipos nas fases finais dos campionatos. En total, a canteira de Estudiantes intégrana uns 900 xogadores, nun corenta equipos, cun corpo técnico composto por case un centenar de persoas entre adestradores, delegados, preparadores físicos e fisioterapeutas.

Historial[editar | editar a fonte]

Palmarés e Historial en competicións europeas[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Euroliga. Foi unha vez semifinalista, xogando a Final entre Catro:
  • Copa Korać. Foi unha vez subcampión:
    • 1998-1999 fronte ao FC Barcelona (93-77, Madrid e 97-70, Barcelona)
  • FIBA Cup
    • 2006-2007: Semifinalista, Final entre Catro
  • Recopa: Dúas veces semifinalista (1974, 1976)

Historial[editar | editar a fonte]

  • 1973-74: Debut europeo en competicións oficiais, na Recopa. Semifinalista.
  • 1975-76: Recopa. Semifinalista.
  • 1986-1987: Copa Korać: Liguiña de Cuartos de Final
  • 1987-1988: Copa Korać: Liguiña de Cuartos de Final
  • 1988-1989: Copa Korać: Liguiña de Cuartos de Final
  • 1989-1990: Non participa
  • 1990-1991: Copa Korać: Cuartos de Final
  • 1991-1992: Euroliga: Cuarto Clasificado
  • 1992-1993: Euroliga: Liguiña de Oitavos de Final
  • 1993-1994: Copa Korać: Liguiña de Oitavos de Final
  • 1994-1995: Copa Korać: Liguiña de Oitavos de Final
  • 1995-1996: Copa Korać: Liguiña de Oitavos de Final
  • 1996-1997: Euroliga: Oitavos de Final
  • 1997-1998: Euroliga: Oitavos de Final
  • 1998-1999: Copa Korać: Subcampión
  • 1999-2000: Copa Korać: Semifinalista
  • 2000-2001: Euroliga: Oitavos de Final
  • 2001-2002: Copa Saporta: Oitavos de Final
  • 2002-2003: Copa ULEB: Semifinalista
  • 2003-2004: Copa ULEB: Semifinalista
  • 2004-2005: Euroliga: Primeira rolda
  • 2005-2006: Copa ULEB: Primeira rolda
  • 2006-2007: FIBA Cup: Semifinalista, Final entre Catro
  • 2010-2011: Eurocup: Cuartos de Final

Historial en competicións nacionais[editar | editar a fonte]

Historial en Liga española[editar | editar a fonte]

  • 1956-1957 Primeira División: 5
  • 1957-1958 Primeira División: 5
  • 1958-1959 Primeira División: 6
  • 1959-1960 Primeira División: 10
  • 1960-1961 Primeira División: 7
  • 1961-1962 Primeira División: 3
  • 1962-1963 Primeira División: 2
  • 1963-1964 Primeira División: 5
  • 1964-1965 Primeira División: 4
   
  • 1965-1966 Primeira División: 6
  • 1966-1967 Primeira División: 3
  • 1967-1968 Primeira División: 2
  • 1968-1969 Primeira División: 5
  • 1969-1970 Primeira División: 5
  • 1970-1971 Primeira División: 8
  • 1971-1972 Primeira División: 5
  • 1972-1973 Primeira División: 4
  • 1973-1974 Primeira División: 4
   
  • 1974-1975 Primeira División: 7
  • 1975-1976 Primeira División: 4
  • 1976-1977 Primeira División: 6
  • 1977-1978 Primeira División: 7
  • 1978-1979 Primeira División: 4
  • 1979-1980 Primeira División: 8
  • 1980-1981 Primeira División: 2
  • 1981-1982 Primeira División: 11
  • 1982-1983 Primeira División: 10

Historial na liga ACB[editar | editar a fonte]

           

Palmarés na Copa[editar | editar a fonte]

  • Foi 3 veces campión:
  • Foi 4 veces subcampión:

Outros trofeos nacionais[editar | editar a fonte]

Patrocinadores do club[editar | editar a fonte]

Logotipo de Adecco, patrocinador do club durante oito tempadas.
  • Monteverde (1971-77). Empresa de auga embotellada.
  • Mudespa (1978-81). Empresa de seguros.
  • Todagrés (1987-88). Empresa de cerámica.
  • Bosé (1988-89). Empresa de son.
  • Caja Postal (1981-82, 1989-1995). Sector bancario.
  • Argentaria (1995-97). Sector bancario.
  • Adecco (1998-2006). Empresa de traballo temporal.
  • MMT Seguros (2006-2009). Mutua de seguros.
  • Asefa (2009-2012). Compañía de seguros.
  • Tuenti Móvil (2013-presente). Compañía telefónica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]