Riotorto
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Riotorto (homónimos).
| Riotorto | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Riotortense - Riotorteño |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Meira |
| Poboación: | 1.522 hab. (2009) |
| Área: | 66,3 km² |
| Densidade: | 23,51 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 8 parroquias |
| Capital do concello: | As Rodrigas |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Federico José Gutiérrez Estoa (BNG) |
| Concelleiros: | BNG: 4 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 1 Outros: {{{outros}}} |
| Eleccións municipais en Riotorto | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,64 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concelloderiotorto.org | |
Riotorto é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2009 tiña 1.522 habitantes (1.634 no 2006, 1.669 no 2005, 1.726 no 2004, 1.762 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Riotortense ou Riotorteño.
| Censo Total | 1.522 |
| Menores de 15 anos | 88 (5.78%) |
| Entre 15 e 64 anos | 828 (54.40%) |
| Maiores de 65 anos | 606 (39.82%) |
Índice |
[editar] Xeografía
O concello limita ao norte con Mondoñedo e Lourenzá, ao sur con Meira, ao leste con Trabada e A Pontenova, e ao oeste coa Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Miranda, da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
[editar] Historia
Atopáronse restos fósiles do xurásico en diversos xacementos. Os primeiros asentamentos humanos proceden da tribo dos albións, que se asentaron en torno ao río Eo, dominando até o río Navia.
Do período castrexo consérvase o castro da Coroa ou Croa, do que se conservan restos de muros e defensas. Nel atopouse o brazal de Riotorto, conservado no Museo Provincial de Lugo. É unha peza con enroscamento para axeitalo como enfeite de brazo datado entre os séculos III e I a. C.. Pesa 111,5 g, e ten un diámetro de 8,9 cm.
Logo da romanización, a zona estivo vencellada á diocese de Britonia. Nos séculos IX, X e XI, penetraron os godos, fuxidos dos musulmáns, ocupando as terras ermas. Desta época consérvase unha pía bautismal na igrexa da Órrea, onde se emprazaba o mosteiro de Santa Comba de Órrea.
Durante a Idade Media a zona pertenceu á diocese de Mondoñedo e ao mosteiro de Meira. Consérvanse restos de tallas do século XII, como a Virxe románica da capela de San Bernabé e San Roque, en Espasande de Arriba, Santa Marta de Meilán), a de San Pedro da capela de San Pedro de Folgueirúa (Galegos), e século XIII, como a de Santa Ana da capela do Vilar de Santiago (A Muxueira). Pola parroquia de Órrea pasaba o camiño de Santiago procedente de Asturias.
Riotorto foi curato de presentación real ordinaria, pertencente á antiga Vicaría de Miranda. En xaneiro de 1203 Afonso IX dirimiu nun conflito entre o bispo de Mondoñedo e os fillos de Fernando Velaz polos coutos de Riotorto, Canedo e Vilameá. San Xillao de Ferreiravella aparece citado no testamento do bispo Martín de Mondoñedo, que gobernou a diocese entre 1219 e 1248.
En 1240 o abade Heimerico do convento de Meira concedeu a cen homes as herdades de Vilanova de Archai e de Albare para as poboaren, lindantes con varios lugares de Riotorto. O mosteiro de Meira tivo propiedades no concello entre os séculos XII e XVI. Os enfrontamentos do mosteiro e o bispo de Mondoñedo provocaron o saqueo das terras de Aldurfe, así como a destrución das súas colleitas e o ataque aos seus homes por parte dos servos e vasallos do bispo.
No século XV o mosteiro da Órrea era coñecido coma o mosteiro de Donas, ó estar ocupado por monxas. O seu couto correspondía practicamente coas parroquias da Órrea e Galegos. As monxas cantaban na misa dos domingos, e segundo un documento de 1407 tiñan no convento dous cálices de prata e outro de chumbo. Os veciños, colonos e aforados, pagaban renda ao mosteiro.
Un documento de aforamento indica que en Galegos había un hospital.
Nos séculos XVI e XVII houbo fábricas de mazos e ferrerías, coa conseguinte actividade mineira, aparecendo contratos de saca de vea.
No século XVII introduciuse o cultivo do millo e da pataca na provincia de Mondoñedo, substituíndo a anterior agricultura pobre de centeo e nabos. No século XVIII, aínda no antigo réxime, con presenza de foros, había algúns fidalgos, destacando en Santa Marta de Meilán Pedro Trilles.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Riotorto.
[editar] Lugares de Riotorto
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Riotorto vexa: Lugares de Riotorto.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca de Meira | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meira |
Pol |
Ribeira de Piquín |
Riotorto |
||||||||
|
|||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |