Desamortización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A desamortización foi un longo proceso histórico-económico iniciado en España a finais do século XVIII por Manuel de Godoy e fechado xa moi entrado o século XX (16 de decembro de 1964), que consistiu en poñer no mercado, mediante poxa pública, as terras e bens non produtivos en poder das chamadas "mans mortas" que non as cultivaban, case sempre a Igrexa Católica ou as ordes relixiosas, que as acumularan como habituais beneficiarias de doazóns, testamentos, co fin de acrecentar a riqueza nacional e crear unha burguesía e clase media de labregos propietarios. Ademais, o erario obtiña uns ingresos extraordinarios cos que pretendían amortizar os títulos de débeda pública.

A desamortización converteuse na principal arma política con que os liberais modificaron o réxime da propiedade do Antigo Réxime, para implantar o novo Estado burgués durante a primeira metade do século XIX.

Carlos IV[editar | editar a fonte]

A primeira desamortización foi realizada no reinado de Carlos IV por Godoy e o ministro Cayetano Soler entre 1800 e 1808. Nela desamortizáronse bens da Compañía de Xesús, de hospitais, hospicios, Casas de Misericordia e de Colexios Maiores universitarios e incluía tamén bens non explotables de particulares.

Jose I[editar | editar a fonte]

José I realizou tamén unha pequena desamortización que non implicou a supresión da propiedade, senón a confiscación das súas rendas para os gastos das tropas francesas, de forma que se devolveron en 1814. Durante o Trienio liberal leváronse a cabo outras desamortizacións tan pouco ambiciosas coma esta e igualmente desfeitas tras a caída do réxime liberal. As realmente importantes foron, sobre todo, as de Juan Álvarez Mendizábal e Pascual Madoz.

Mendizábal[editar | editar a fonte]

A desamortización de Mendizábal, ministro de Isabel II en 1836, tivo unhas consecuencias moi importantes para a historia social de España, porque os seus resultados (xa non xestionados por Mendizábal, que cesou a raíña como ministro en maio de 1836, senón polos seus sucesores) foron relativamente pobres. En realidade, Mendizábal desexaba que o campesiñado puidese acceder á compra das terras poxadas.

Porén, como a división de lotes encomendóuselle a comisións municipais, estas aproveitáronse do seu poder para facer manipulacións e configurar grandes lotes inalcanzables aos pequenos propietarios, pero alcanzables para as oligarquías máis adiñeiradas, que podían comprar tanto grandes lotes como pequenos. Os labregos non puideron entrar nas poxas e as terras foron compradas por nobres e burgueses adiñeirados, de forma que non puido crearse unha verdadeira burguesía de clase media en España que sacase ao país da crise.

Espartero[editar | editar a fonte]

O 2 de setembro de 1841 o progresista Baldomero Espartero ao pouco de ser nomeado rexente impuxo a desamortización de bens do clero secular excepto uns poucos. Esta lei durou escasamente tres anos, e ao desaparecer o partido progresista a lei foi derogada. En 1845 durante a década moderada, o goberno intenta retomar as relacións coa igrexa, o que o leva á firma dun concordato en 1851.

Madoz[editar | editar a fonte]

Retrato de Pascual Madoz Ibáñez.

Durante o segundo goberno de Espartero, o seu ministro de Facenda, Pascual Madoz, realiza unha nova desamortización (1859) que foi executada con maior control que a de Mendizábal. O 1 de maio de 1855 publícase na Gaceta de Madrid e o 31 de maio a Instrución para levala a cabo. Declarábanse á venda todas as propiedades do Estado, do clero, das Ordes Militares, confrarías, obras pías, santuarios, do ex infante D. Carlos, dos propios e os comúns dos pobos, da beneficencia e da instrución pública, con algunhas excepcións. Igualmente, permitíase a desamortización dos censos pertencentes ás mesmas organizacións.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Como resultado das desamortizacións moitos conventos e igrexas de valor artístico foron abandonados ou botados abaixo e agora desapareceron ou son unha ruína; igualmente, moitos libros e bibliotecas conventuais dispersáronse e os seus libros foron destinados para as bibliotecas públicas da época.