Huelva
Coordenadas: 37°15′50″N 6°57′47″W / 37.26389°N 6.96306°W
| Huelva | |
|---|---|
| Catedral de Huelva. | |
| Situación xeográfica | |
![]() |
|
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Andalucía |
| Provincia: | Huelva |
| Comarca: | Comarca metropolitana de Huelva |
| Xeografía | |
| Altitude: | 54 msnm |
| Superficie: | 149 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 149.310 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 1002,4 hab./km² |
| Xentilicio: | onubense |
| Información | |
| Código postal: | 21001- |
| Alcalde: | Pedro Rodríguez González (PP) |
| Sitio na web: | www.huelva.es |
Huelva é unha cidade española, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.
O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa enfría o caloroso clima.
As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla flota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama.
O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século pasado.
O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade do Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||
