O Corgo
| O Corgo | |
|---|---|
| Río Neira. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | corgués (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Lugo |
| Poboación | 3938 hab. (2010) |
| Área | 157,3 km² |
| Densidade | 25,03 hab./km² |
| Entidades de poboación | 38 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Antonio Ferreiro González (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais no Corgo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,06% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodocorgo.net | |
O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.938 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003).
| Evolución da poboación de O Corgo (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 6.813 | 7.775 | 8.544 | 5.057 | 4.264 | 3.938 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía[editar]
O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.
O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceira, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.
O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Corgo.
Lugares do Corgo[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Corgo vexa: Lugares do Corgo.
Parroquias[editar]
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |