Piúgos, Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piúgos
Igrexa parroquial de Santiago de Piúgos
ConcelloLugo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°59′06″N 7°33′48″O / 42.985, -7.5632Coordenadas: 42°59′06″N 7°33′48″O / 42.985, -7.5632
Poboación336 hab. (2020)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Piúgos é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo , na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 344 habitantes, deles 164 eran homes e 180 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

A nivel eclesiástico, a parroquia pertence ao arciprestado dos Coutos de Lugo.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Piúgos é un topónimo único en Galicia. A presenza na documentación medieval dunha uilla Pelucus en 964, fai pensar nunha orixe baseada na forma PILŪCUS, posiblemente un alcume derivado do termo latino PILUS (pelo ou cabelo), ao que se agrega o sufixo pexorativo -ŪCUS. Pilus foi, así mesmo, un antropónimo prelatino rexistrado por Holder na antiga Lusitania[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Piúgos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Piúgos no concello de Lugo (Lugo)

As Casas Novas | Cima de Vila | Os Congos | A Pena da Mula | Piúgos de Pena | O Rego do Espiño | Santoíño | As Tabernas | Toiriz

Parroquias de Lugo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Toponimia do concello de Lugo, tese de doutoramento na USC en 2014. Por VÁZQUEZ GARCÍA, Carlos (dirixida por BOULLÓN AGRELO, Ana Isabel). páx. 173

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]