Navia de Suarna
Coordenadas: 42°57′54″N 7°0′16″W / 42.965°N 7.00444°W
| Navia de Suarna | |
|---|---|
| Ponte medieval da Proba | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | naviego |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca dos Ancares |
| Poboación | 1441 hab. (2009) |
| Área | 242,6 km² |
| Densidade | 5,94 hab./km² |
| Entidades de poboación | 19 parroquias |
| Capital do concello | Navia de Suarna |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Fernández Fernández (PSdeG-PSOE) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 5 Outros: - |
| Eleccións municipais en Navia de Suarna | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 97,52% |
| Páxina web oficial | |
| concellonaviadesuarna.es | |
| Correo electrónico | concello.naviadesuarna@eidolocal.es |
Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2009 tiña 1.441 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».
| Evolución da poboación de Navia de Suarna (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 6.670 | 6.633 | 6.546 | 3.773 | 1.732 | 1.441 | {{{7}}} | {{{8}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Índice |
Xeografía [editar]
O concello, de 242 km², está situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares. Limita ao noroeste coa Fonsagrada, ao norleste con Ibias (Asturias), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candín (provincia de León).
Está atravesado polo Río Navia, e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullán. O cumio máis alto é o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas.
Poboación [editar]
| Censo total (habitantes) | 1.337 |
| Menores de 15 anos | 43 (3,22 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 660 (49,36 %) |
| Maiores de 65 anos | 631 (47,19 %) |
Historia [editar]
Hai restos megalíticos, como as mámoas e dolmens de Ferreirúa e Vilarpandín. Da cultura castrexa hai restos de até 25 castros, como os de Monterrío, O Coedo, Larxentes, Cantón e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Liñares, Casa do Río, Sevane, Vilela ou Galegos. En Moia, Quintá, Muñís e Ribón consérvanse pallozas.
Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmeán. O castelo de Navia ten a súa orixe no século XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira, e foi destruído durante a Gran Guerra Irmandiña, e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba, sobre o río Navia, é de orixe romana. Ten un só arco apuntado, con muros altos e calzada abombada.
Patrimonio [editar]
A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a ábsida románica, do século XIII. O templo de santa María de Rao é de nave rectangular, presbiterio con bóveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do século XVIII e un retablo lateral renacentista, do século XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave románica con armadura de madeira. A ábsida está formado por un tramo recto con bóveda de canón e o testeiro semicircular, con bóveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomónico de tres hornacinas no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandín ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sacristías nos laterais. Conserva tallas dos séculos XV e XVI.
En san Xosé de Muñís hai unha capela con retablo barroco, de tres hornacinas e catro columnas salomónicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelín e Molmeán.
Dentro da arquitectura civil, amais das pallozas e piornos, existen diversos muíños, pombais e cortíns, en Pan do Zarco e Vispeiro.
Gastronomía [editar]
Nesta zona faise o queixo do Cebreiro. Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas, produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Navia de Suarna.
-
A Proba de Navia, vista desde Freixís
-
Val do río Ser
[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
| Concellos da Comarca dos Ancares | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Becerreá |
As Nogais |
Baralla |
Cervantes |
Navia de Suarna |
Pedrafita do Cebreiro |
|||||
|
|||||