Rábade
Coordenadas: 43°06′N 07°37′W / 43.1°N 7.617°W
| Rábade | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | rabadense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Lugo |
| Poboación | 1723 hab. (2010) |
| Área | 5,2 km² |
| Densidade | 331,35 hab./km² |
| Entidades de poboación | 1 parroquias |
| Capital do concello | San Vicenzo de Rábade |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Francisco Fernández Montes (IR) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 1 Outros: IR 4 |
| Eleccións municipais en Rábade | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 95,70% |
| Páxina web oficial | |
| www.rabade.org | |
Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.723 habitantes (1.668 no 2006, 1.668 no 2005, 1.630 no 2004, 1.626 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é rabadense.
Índice |
Xeografía [editar]
O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.
A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia [3] e tendo polo tanto unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade.
Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nos anos 70 e 80.
Historia [editar]
Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo.
Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte establecerase a portaxe ou pago por dereito de paso.
Despois das Cortes de Cádiz comezou a desenvolverse o marco lexislativo que configuraría a formación dos concellos constitucionais. Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840.
En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente.
En 1925, Rábade convértese en concello independente ó segregarse de Begonte.
Festas [editar]
- Feiras os días 2 e 22 de cada mes.
- Festas patronais, os días 22 e 23 de xaneiro.
- Festas da Asunción de María, o 15 de agosto.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.
Lugares de Rábade [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.
Parroquias [editar]
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Rábade | |
|---|---|
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Só por diante de Mondariz-Balneario, con 2,3 km².
Véxase tamén [editar]
|
|||||