A Pastoriza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Pastoriza
Escudo de A Pastoriza
Casa do concello, A Pastoriza.jpg
Casa do concello
Situación
Situacion A Pastoriza.PNG
Xentilicio[1] Pastoricense
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Terra Chá
Poboación 3.496 hab. (2010)
Área 175,0 km²
Densidade 20,75 hab./km²
Entidades de poboación 19 parroquias
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Primitivo Iglesias Sierra (PSdeG-PSOE)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: -
Eleccións municipais na Pastoriza
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,97 %
Sitio web oficial
www.apastoriza.com

A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2010: 3.496 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pastoricense.

Índice

[editar] Demografía

Censo Total 3.496
Menores de 15 anos 276 (7,89%)
Entre 15 e 64 anos 2.084 (59,61%)
Maiores de 65 anos 1.136 (32,49%)

Evolución da poboación do concello da Pastoriza:

[editar] Historia

Consérvanse numerosos poboados castrexos, pero apenas se conservan restos da presenza romana e sueva, agás un ronsel antropomorfo romano sen inscrición algunha.

O Parochiale suevorum fala da diocese de Britonia, asentada na chaira ao sur da Pastoriza e Mondoñedo. Trala invasión musulmá da Península Ibérica, a poboación e a nobreza retirouse cara ao norte, fundando a diocese de Mondoñedo e a corte de Oviedo. Nos séculos seguintes a zona estaba aforada polo cabido mindoniense e polos mosteiros de Meira e Lourenzá.

En 1821 constituíuse o concello co nome de Vián, e en 1840 adoptou o nome actual da Pastoriza.

[editar] Lugares da Pastoriza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pastoriza vexa: Lugares da Pastoriza.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Pastoriza.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pastoriza

A Aguarda (San Martiño) | Álvare (Santa María) | Baltar (San Pedro Fiz) | Bretoña (Santa María) | Cadavedo (San Bartolomeu) | Crecente (O Salvador) | Fomiñá (O Salvador) | Gueimonde (San Mamede) | Lagoa (San Xoán) | Loboso (Santo André) | Pastoriza (O Salvador) | Pousada (Santa Catarina) | A Regueira (San Vicente) | Reigosa (Santiago) | Saldanxe (San Miguel) | San Cosme de Piñeiro (San Cosme) | San Martiño de Corvelle (San Martiño) | Úbeda (San Xoán) | Vián (Santa María)


[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas