Baralla
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baralla (homónimos).
| Baralla | |
|---|---|
| Bosque autóctono. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | Barallense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Ancares |
| Poboación | 2.955 hab. (2009) |
| Área | 141,2 km² |
| Densidade | 20.92 hab./km² |
| Entidades de poboación | 28 parroquias |
| Capital do concello | Baralla |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Manuel Jesús González Capón (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Baralla | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,91 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodebaralla.org | |
Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2009 tiña 2.955 habitantes (3.100 no 2006, 3.134 no 2005, 3.193 no 2004, 3.242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallense.
| Evolución da poboación de Baralla - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 5.955 | 6.345 | 7.198 | 4.484 | 3.193 | {{{6}}} | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m), Serra do Galo (754 m), Rañadoiro (901 m), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m). O río Neira é a vía fluvial máis importante.
A temperatura media anual é de 10 °C, oscilando entre os 5 °C do inverno e os 20 °C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.
[editar] Economía
O 60 % da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademais dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns aserradeiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.
[editar] Historia
Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).
[editar] Orixe do concello e do topónimo
A denominación do termo municipal pasou por diversas vicisitudes, desde a primitiva configuración nos dous concellos separados de "Neira de Rei" e "Neira de Jusá", un período 1840-1975 en que xa unificado tivo o nome oficial de "Neira de Jusá" (Neira de Xusá), ata a denominación actual, froito dun acordo da corporación do ano 1974 na que se fixa como nome do concello o da súa capital: Baralla.
A capital do municipio, na vila de Baralla, leva un nome do que Ramón Menéndez Pidal di que vén do latín vara , varale, varal e varalia "seto de traveseiros", cun significado toponímico comparable ó de Cerca, Cercado, Valada ou Valadares. En 1125 consta baixo as denominacións de [in valle de] Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia, in ripa de Neira ou villa vocitata Baralia.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Baralla.
[editar] Lugares de Baralla
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.
[editar] Parroquias
O Concello de Baralla seguindo o nomenclátor manexado polo Instituto Galego de Estatística IGE, está formado por 28 entidades colectivas de poboación ou parroquias.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca dos Ancares | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Becerreá |
As Nogais |
Baralla |
Cervantes |
Navia de Suarna |
Pedrafita do Cebreiro |
|||||
|
|||||