O Vicedo
| O Vicedo | |
|---|---|
| Aereoxeneradores nos montes do Vicedo. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | vicedense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca da Mariña Occidental |
| Poboación | 1976 hab. (2010) |
| Área | 76,0 km² |
| Densidade | 26 hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 parroquias |
| Capital do concello | O Vicedo |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Jesús Novo Martínez (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais no Vicedo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,41% |
| Páxina web oficial | |
| www.concellodovicedo.org | |
O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.973 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vicedense».
Índice |
Historia [editar]
O concello naceu coa constitución de 1812. O territorio que abranguía non se correspondía co actual, senón que se dividía en tres concellos: Negradas, Val e Cabanas. En 1835 estableceuse unha nova división municipal segundo un Real Decreto, onde o territorio do concello se distribuíu nos concellos de Galdo (O Vicedo, Negradas e Vale) e Viveiro (Suegos, Mosende, Río Barba e Cabanas).
Esta división durou só 5 anos e o 18 de outubro de 1840 aparece o concello de Riobarba, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo coas parroquias actuais do municipio do Vicedo.
Durante os seguintes anos mantívose certa estabilidade manténdose Río Barba como capital do municipio do mesmo nome, até que no año 1952, mediante circular do Gobernador Civil de Lugo, cambiouse a capitalidade e o nome do municipio polo de Vicedo (14 de xullo de 1952), nome dun lugar da parroquia de Santo Estevo de Vale que posteriormente utilizouse para designar tanto á parroquia como ao municipio. En 1983, mediante a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, o topónimo oficial pasou a ser O Vicedo.
Patrimonio [editar]
Na parroquia do Vicedo está a igrexa de Santo Estevo do Vicedo.
Demografía [editar]
| Censo Total (Habitantes) | 1.895 |
| Menores de 15 anos | 143 (7.55 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.108 (58.47 %) |
| Maiores de 65 anos | 644 (33.98 %) |
Evolución da poboación vicidense desde 1920 ata o ano 2009:

Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Vicedo.
-
Portada da capela de San Roque de Negradas
Lugares do Vicedo [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Vicedo vexa: Lugares do Vicedo.
Parroquias [editar]
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
Páxina do concello do Vicedo (en castelán) e (en inglés)
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |