Paradela
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Paradela | |
|---|---|
| Río Miño ó seu paso por Paradela. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | paradelense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Lugo |
| Comarca | Comarca de Sarria |
| Poboación | 2143 hab. (2009) |
| Área | 121,1 km² |
| Densidade | 17,7 hab./km² |
| Entidades de poboación | 18 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | José Manuel Mato Díaz (PPdG) |
| Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 2 Outros: - |
| Eleccións municipais en Paradela | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,28% |
| Páxina web oficial | |
| www.paradela.es | |
Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2009 era de 2.143 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».
| Censo Total | 2.143 |
| Menores de 15 anos | 141 (6.58%) |
| Entre 15 e 64 anos | 1.279 (59.68%) |
| Maiores de 65 anos | 723 (33.74%) |
Índice |
Xeografía[editar]
Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 120 km², repartidos en 18 parroquias.
Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.
Heráldica[editar]
O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.
No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.
A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.
A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.
Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.
Patimonio[editar]
No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.
Galería de imaxes[editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.
Lugares de Paradela[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.
Personaxes de sona[editar]
- Manuel Rodríguez López, escritor e Fillo Predilecto de Paradela (1934-1990)
- Diego López Rodríguez, futbolista profesional (n. 1983)
Parroquias[editar]
Notas[editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén[editar]
|
|||||
|
|||||