Esperante, Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esperante
Igrexa de Santalla de Esperante.
ConcelloLugo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°58′06″N 7°35′05″O / 42.9684, -7.5847Coordenadas: 42°58′06″N 7°35′05″O / 42.9684, -7.5847
Poboación213 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santalla de Esperante é unha parroquia do concello de Lugo, distribuída nos seguintes núcleos de poboación: A Airexe, Carballido, Esperante, Papoi de Abaixo, O Torrón e A Travesa.

Dende a capital, Lugo, hai 3 quilómetros ó núcleo máis próximo (O Torrón) e entre 7 e 8 a Carballido.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o censo municipal de 2014, a poboación da parroquia tiña de 211 habitantes (96 homes e 115 mulleres). Tradicionalmente foi unha parroquia, como a maioría, dedicada á agricultura e á gandería. Esta actividade foi evolucionando cara a produción leiteira, da que na actualidade tan só quedan tres explotacións.

Parte da poboación complementa a agricultura de autoconsumo (fundamentalmente de horta) con outro tipo de traballos, por conta propia ou allea.

Xenética Fontao[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia radica o Centro de Escolma e Reprodución de Galicia de Xenética Fontao, que é o principal centro de mellora xenética das razas Holstein e Rubia galega de España.

Festas[editar | editar a fonte]

A patroa de Esperante é Santa Eulalia, cuxa festividade se celebra o 8 de setembro. A igrexa está no lugar da Airexe.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Esperante[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Esperante no concello de Lugo (Lugo)

A Airexe | Carballido | Esperante | Papoi de Abaixo | O Torrón | A Travesa

Parroquias de Lugo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]