Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°00′20″N 7°33′21″O / 43.005487588601, -7.5557067044519

Facultade de Formación do Profesorado de Lugo

Vista do edificio
Universidade: Universidade de Santiago de Compostela
Localización: Lugo
Campus:
Enderezo:
Ano de fundación:
Decano:
Docentes:
Estudantes:
Teléfono:
Correo electrónico:
Páxina web: Web oficial

A Facultade de Formación do Profesorado é un centro da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus de Lugo. Nela impártese a titulación oficial de Mestre con catro especialidades: Educación Primaria, Educación Infantil, Educación Física e Lingua Estranxeira, que coa adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior pasarían a ser só os graos en mestrado en Educación Infantil e en Educación Primaria. Tamén se imparte o mestrado en Profesorado e é sede do 4º ciclo. Para o curso 2011/12 está prevista a implantación do mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. O actual edificio da Facultade, inaugurado en 1956, está situado na Avenida de Ramón Ferreiro, esquina coa rúa Pintor Corredoira. No mesmo inmoble está o CEIP Anexa.

Nas Liñas Xerais da Programación Plurianual aprobadas polo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela, está prevista a conversión da Escola en Facultade de Profesorado.

Orixe[editar | editar a fonte]

Remóntase ao ano 1842, data en que foi inaugurada a Escola Normal de Lugo. É, polo tanto, o centro universitario máis antigo do Campus de Lugo. En 1849 o centro quedou instalado no edificio do convento de San Domingos e permaneceu como Escola Normal ata que pola Lei Xeral de Educación de 1970, se transformou en Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB e fóronlle adxudicadas no plano de estudos de 1971 as seguintes especialidades: Filolóxica, Físico-Matemáticas e Humanas, e dez anos máis tarde a especialidade de Preescolar. Este plano, con lixeiras variantes manteríase ata 1993, no que se empezan a implantar as actuais titulacións, conforme o R.D. 1440/1991 do 30 de agosto. Os planos de estudos actualmente en vigor son do ano 2000, pero están en proceso de extinción, ao seren substituídos polos novos Ggraos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]