1129
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Calendario gregoriano | 1129 MCXXIX |
| Ab urbe condita | 1882 |
| Calendario armenio | 578 |
| Calendario chinés | 3825 – 3826 |
| Calendario hebreo | 4889 – 4890 |
| Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
1184 – 1185 1051 – 1052 4230 – 4231 |
| Calendario persa | 507 – 508 |
| Calendario musulmán | 523 – 524 |
| Calendario rúnico | 1379 |
| < Século XI | Século XII | Século XIII > | |||||||
| 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
| 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
| 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
| 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
| 51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
| 61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
| 71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
| 81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
| 91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Europa
- Concilio de Troyes, que aproba a regra dos Templarios.
- O jarl dinamarqués de Schleswig, Knud Lavard, submete os Obodritas e faise proclamar rei deles, baixo a soberanía do emperador Lotario II.
[editar] Asia
- Os djÜrchet rematan a conquista do norte da China e atravesan o Yang-tse-kiang por dous lugares até o Jiangxi e Nakin].
[editar] Oriente Próximo
- O atabek de Damasco, Bouri, fai executar o visir al-Mazdaghani, protector dos asasinos (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo populacho. Os seus xefes son crucificados sobre as almeas das murallas. Segundo o cronista Ali Ibn al-Athîr, al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos francos a cambio de Tiro e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís supervivintes instálanse na Palestina baixo a protección de Balduíno II de Xerusalén após lle ter entregado a fortaleza de Banias, na rota entre Xerusalem e Damasco.
- Varias semanas máis tarde, un exército de 10.000 cabaleiros e fantasíns francos chegados da Palestina, a Antioquía, Edesa e o condado de Trípoli preséntanse frente a Damasco. Bouri reorre ás presas ás bandas de nómadas turcos e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da Ghouta, son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade se abate sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non pudendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
- Zanki, amo de Aleppo, invita a Bouri de Damasco a participar nunha expedición contra os francos. Sawinj, fillo de Bouri chega a Aleppo con 500 cabaleiros. Zanki tómaos como reféns e ameaza con matalos se Bouri o atraizoa. Sawinj non será liberado máis que dous anos máis tarde.
[editar] Arte e cultura
- Disólvese a comunidade da abadía de mulleres de Argenteuil. A abadesa, Heloísa, conduce unha parte das monxas a Champagne a un convento fundado por Abelardo baixo a advocación de Paracleto (Santo Espírito consolador).
- O mestre Raimundo comeza as obras de construción da catedral de Lugo.
[editar] Nacementos
- Henrique XII de Baviera (ou 1131), morto en 1195, duque de Saxonia e de Baviera.