Guntín
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guntín (homónimos).
| Guntín | |
|---|---|
| Casa do concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Guntinés (non oficial) |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Lugo |
| Poboación: | 3.045 hab. (2010) |
| Área: | 154,8 km² |
| Densidade: | 20,59 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 31 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Jesús Carreira Ferreiro (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 0 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 4 Outros: - |
| Eleccións municipais en Guntín | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,76 % |
| Sitio web oficial | |
| http://www.guntin.es/ | |
Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.045 habitantes (3.248 no 2006, 3.307 no 2005, 3.329 no 2004, 3.356 no 2003).
| Evolución da poboación de Guntín - desde 1900 ata 2010 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2010 |
| 6.319 | 7.557 | 6.188 | 4.394 | 3.329 | 3.045 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Xeografía
O concello, de 156 km², inclúe 32 parroquias. Limita ai norte con Friol e Lugo, ao sur con Portomarín, ao leste co Corgo e Páramo, e ao oeste con Monterroso e Palas de Rei. Está situado a 19 km da capital provincial, coa que se comunica a través da N-540. Está situado a uns 550 m de altitude, na planicie lucense.
Sitúase no val do curso alto do río Miño, que fai de fronteira polo leste. O río Ferreira fai de límite con Palas de Rei e Portomarín, e a el vai parar o río Levadoiro. Outro afluente do Miño é o río Colmeiro. Todos estes cursos permiten a pesca fluvial.
[editar] Historia
[editar] Patrimonio
[editar] Guntín
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi declarado Ben de Interese Cultural o 1 de xuño de 1979. OUtros monumentos con esta declaración son o castelo de Besgo, a torre de Francos, a fortaleza da Mota e a torre de Santa Euxea, declaradas o 17 de outubro de 1994.
[editar] Economía
No concello destaca o sector primario. Ten 2.000 ha de prados naturais e pasteiros, máis de 4.000 de terras de labranza (destacando o pemento, centeo, pataca, millo e nabo), e unhas 9.000 de uso forestal (carballo, castiñeiro, piñeiro do país e pequenos grupos de freixos, bidueiros, e cerdeiras).
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Guntín.
[editar] Lugares de Guntín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guntín vexa: Lugares de Guntín.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |