Gárgola (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gárgola (homónimos).

En arquitectura, as gárgolas son desaugadoiros, ou sexa, son a parte saínte dos canalóns dos tellados que se destinan a botar as augas pluviais a certa distancia da parede e que, especialmente na Idade Media, eran ornadas con figuras monstruosas, humanas ou animalescas, comunmente presentes na arquitectura gótica. O termo orixinouse a partir do francés gargouille, orixinado de gargalo ou gorxa, en Latín gurgulio, gula,. Todas palabras semellantes derivadas da raíz *gar-, engulir. No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida.

As quimeras, ou figuras grotescas, son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas. Malia que non funcionan como desaugadoiros, tamén son popularmente coñecidas como gárgolas.

Índice

[editar] Historia

Gárgola (do Dictionnaire raisonné de l'architecture française, 1854-1868)

O termo gárgola é maioritariamente aplicado ao traballo medieval, aínda que tamén existiron en épocas anteriores. No antigo Exipto, as gárgolas empregábanse para botar a auga usada para lavar os vasos sagrados, o que aparentemente precisaba ser feito no tellado plano dos templos. Nos templos gregos, a auga dos tellados pasaba a través das bocas de leóns que eran esculpidos ou modelados en mármore ou terracota na cornixa. Na cidade de Pompeia, foron atopadas moitas gárgolas de terracota modeladas con forma de animais.

Unha lenda local que xira en torno de Sanctus Romanus (“San Román”) (631 - 641 d.C), o primeiro chanceler do rei merovinxio Clotario II, que foi bispo de Ruán, tenta explicar a orixe das representacións de dragóns nas gárgolas. A historia relata como el e máis un prisioneiro, voluntario, derrotaran Gargouille, un dragón de río (ou serpe de rio) que vivía no Sena, en París, e que comía navíos. Un día, o bispo atraeu a Gargouille para fóra do rio cun crucifixo, levándoo até a praza principal. Aló os aldeáns queimaran a besta até a morte.

A pesar de que a maioría das gárgolas son figuras grotescas, o termo gárgola inclúe todo o tipo de imaxes. Algunhas gárgolas son esculpidas como monxes, outras combinando animais reais e persoas, e moitas son incluso cómicas.

[editar] Séculos XIX e XX

Gárgolas, ou máis precisamente quimeras, foran usadas na decoración, no século XIX e no comezo do século XX, en construcións de cidades como Nova York e Chicago. Gárgolas poden ser encontradas en moitas igrexas e edificacións.

Unha das máis impresionantes coleccións de gárgolas modernas pode ser encontrada na Catedral Nacional de Washington, nos Estados Unidos. A catedral iniciada en 1908 mostra demos incrustados en pedra calcaria. Esa colección tamén inclúe a Darth Vader, un político entortado, robots e moitos outras modernizacións da tradición antiga. No século XX, o neogótico produciu moitas gárgolas modernas, notabelmente na Universidade de Princeton, na Universidade de Duke e na Universidade de Chicago.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Elementos da arquitectura eclesiástica
Áreas: Ábsida | Absidiola | Adro | Claustro | Coro | Cruceiro | Nártex | Nave | Presbiterio | Sancristía | Transepto | Xirola
Exterior: Arcobotante | Arquitrabe | Arquivolta | Cabeceira | Campanario | Canzorro | Chapitel | Contraforte | Espadana | Fachada | Gárgola | Nicho | Pináculo | Portada | Porta | Tiburio | Tímpano | Xamba
Interior: Altar | Arcada | Bóveda | Capitel | Ciborio | Columna | Cruxía | Cuncha | Cúpula | Galería | Hemiciclo | Imaxinería | Mosaico | Pavimento | Piar | Retablo | Rosetón | Tribuna | Triforio | Vitral
Outros: Arco | Baixorrelevo | Cogullo | Florón | Gablete | Lobo | Tramo | Trazaría
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas