Adolfo de Abel Vilela
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un político e historiador galego.
[editar] Traxectoria
Autor de numerosas obras sobre arte galega, foi deputado autonómico con Alianza Popular (1981-1985) ao encabezar a lista da provincia de Lugo, delegado da consellería de Cultura en Lugo (1986). Tras deixar AP ingresou en Coalición Galega e foi director xeral de Política Lingüística (1987-1989). Tras a conversión de CG nunha forza testemuñal organizou a súa propia formación política, a Converxencia Nacionalista Galega da que foi secretario xeral.
[editar] Obra publicada
[editar] Obras colectivas
- Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra. Coordinador.