Enxeñaría de montes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Enxeñaría de montes ou forestal é a titulación académica dunha disciplina que tivo os seus inicios en Alemaña, pretendendo cubrir a necesidade de mellorar a produtividade dos montes. Co transcurso do tempo, a profesión foise perfilando cara ao desenvolvemento e optimización do ámbito forestal: silvicultura, aproveitamento, elaboración e transformación de produtos forestais, infraestruturas específicas, etc.
Actividade[editar]
A actividade dos Enxeñeiros de Montes podería resumirse nas seguintes actividades:
- Mellora do medio ambiente, bens e servizos do sector forestal.
- Planificación, proxección, reconstrución, mantemento e mellora de infraestruturas forestais e de parques e xardíns.
- Prevención e extinción de incendios forestais.
- Proxectos e estudos hidráulicos e hidrolóxicos.
- Proxectos e estudos ambientais, de conservación da natureza e xestión de fauna e flora silvestre.
- Xestión de espazos naturais.
- Control e mellora da produción forestal e aproveitamento forestal.
- Industria derivada da madeira e de produtos forestais.
- Proxectos de cálculo e construción de estruturas de madeira, metálicas e de formigón, asociadas á contorna forestal e ambiental.