Club Deportivo Lugo
| Nome | Club Deportivo Lugo | ||
| Alcume(s) | Albivermellos, Luguiño O nabo mecánico |
||
| Fundación | Xuño de 1953 | ||
| Estadio | Anxo Carro, Lugo |
||
| Inauguración | 31 de agosto de 1976 | ||
| Capacidade | 4.800 | ||
| Propietario | |||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
| 2011–12 | 3º | ||
| Vestimenta | Umbro | ||
| Patrocinador | Río Natura (Leite Río) | ||
| www.cdlugo.com | |||
|
|||
O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol da cidade de Lugo, en Galicia. Fundado en 1953, trala desaparición da Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, sendo o seu primeiro presidente Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andadura na Terceira División, chegando a xogar durante a tempada 1992-93 en Segunda división.
Actualmente xoga no Grupo I da Segunda División B. Logrou retornar a esta categoría o 25 de xuño de 2006, logo de tres campañas en Terceira División. Na tempada 2010-11 o club conseguiu o campionato de liga, o que lle permitiu xogar a fase de ascenso á Segunda División, aínda que sen éxito. Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, un estadio con capacidade para 4.800 espectadores recentemente reformado. O principal patrocinador do club dende 2010 é Leite Río.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Orixes
En 1908 fundouse na capital lucense o Club Deportivo de Lugo, equipo que disputaría os seus encontros no vello campo do Polvorín, que daquela era usado como aeródromo durante as festas de San Froilán. Con todo, o equipo non tivo moito éxito e nunca chegou a participar en competicións federadas.
Posteriormente apareceron dous equipos que representaron á cidade en partidos de fútbol: o Lugo Spórting e a Sociedade Ximnástica Raio, os cales deron lugar ao primeiro club importante da cidade en 1943: a Ximnástica Lucense. Posteriormente aparecería outro club que sería semente, ao igual que a Ximnástica, do futuro Club Deportivo Lugo: o Club Deportivo Polvorín.
[editar] A Ximnástica Lucense
A Sociedade Ximnástica Lucense fora fundada en 1943, nacendo da fusión de dous equipos da cidade: a Sociedade Ximnástica Raio e o Lugo Spórting. Un ano despois da súa fundación a Ximnástica lograba o seu primeiro título, a Copa Galicia, e tan só catro anos despois conseguía ascender á Segunda División, época na que aínda non existía a segunda División B e a Primeira División estaba limitada a dezaseis equipos. Este ascenso da Ximnástica tivo tres artífices principais: Anxo Carro Crespo, José Páramo Fernández e Paco Rivera Manso. Porén o equipo só se mantivo tres tempadas na categoría:
| Tempada | Posto | Nome | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PN |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1949–50 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 1950–51 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 1951–52 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Total |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A tempada seguinte, despois do descenso á Terceira División, comezou cunha avultada derrota, perdendo por 9-1 nun amigable contra o Celta de Vigo. Este mesmo ano, debido aos axustes da FEF nas categorías, pese a descender da Segunda División tivo que xogar pola permanencia en Terceira, o que puido chegar a supoñer o descenso de dúas categorías nun só ano. Con todo conseguiu manterse, aínda que iso non evitou a desaparición do equipo ao ano seguinte, sendo presidente Rafael Sarandeses. O último partido da Sociedade xogouse en Badalona, onde os lucense perderon por 3-0, xogando ese encontro: Prego; Andréu, Tito, Mantido; Otero, Fiestas; Avelino, Antonio, Sáez, Fraga e Ezcurra. Con respecto ao campionato de Copa, a Ximnástica participou en catro ocasións, chegando até a cuarta rolda nas edicións de 1944, 1948 e 1949.
| Ano | Data | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante |
|---|---|---|---|---|
| 1944 | 22 de febreiro de 1944 |
|
||
| 27 de febreiro de 1944 |
|
|||
| 29 de febreiro de 1944 |
|
|||
| 22 de febreiro de 1944 |
|
|||
| 1948 | 19 de outubro de 1947 |
|
||
| 28 de decembro de 1947 |
|
|||
| 21 de marzo de 1948 |
|
|||
| 18 de abril de 1948 |
|
|||
| 1949 | 5 de setembro de 1948 |
|
||
| 19 de decembro de 1948 |
|
|||
| 26 de decembro de 1948 |
|
|||
| 6 de xaneiro de 1949 |
|
|||
| 1950 | 27 de novembro de 1949 |
|
[editar] O Polvorín
En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 era fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo de O Polovorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns). Tan só seis anos despois da súa fundación, en 1950, conseguiría chegar á Terceira División.
Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. O Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría.
[editar] Fundación
Trala desaparición da Ximnástica e do Polvorín, case consecutivamente, por motivos económicos, en xuño de 1953 as xuntas directivas dos dous clubs mantiveron diversas conversas para, finalmente, acordar fusionarse entre elas. Cómpre aclarar que o equipo resultante desta operación non foi nin unha excisión nin unha continuación, senón que é como club de novo rexistro e con estatuto propio: o Club Deportivo Lugo.
O acta fundacional do equipo foi levantada polo seu primeiro presidente (e antigo máximo dirixente do Polvorín) Emilio Núñez Torrón,[2] quen tempo despois pasou a ser delegado da Federación Galega de Fútbol en Lugo. Por estes motivos, o campo de fútbol anexo ao Anxo Carro leva o seu nome. O primero adestrador do Lugo foi Manuel Martínez Suárez, coñecido popularmente como "Michines", quen xa fora xogador do Lugo Spórting, da Ximnástica Lucense e do Polvorín, sendo a persoa que máis anos estivo vinculado ao primeiro equipo futbolístico da cidade.
[editar] Loitando polo ascenso
O equipo iniciaría a súa andaina na Terceira División, no posto que ocupara a tempada anterior o Polvorín. Nesa categoría permanecerían no restante da década de 1950, mesmo chegando a loitar en varias ocasións polos dous primeiros postos, os cales daban o dereito a promocionar cara a Segunda División, mais sen éxito.
Coa chegada da década de 1960 chegaría un novo aire á entidade e o Campo dos Miñóns troca a Estadio Anxo Carro. A nivel deportivo, na tempada 1960-61, o Lugo acada por primeira vez a segunda praza na liga, o que significaría que o club optaría ao ascenso. Na primeira rolda das eliminatorias o Lugo enfrontaríase o Cartagenera, perdendo o primeiro partido en Cartagena por 6-0 (4 de xuño de 1961) e saíndo derrotado de novo, esta vez na casa, por 0-1 (11 de xuño de 1961).
Ao ano seguinte, durante a tempada 1961-62, o Lugo melloraría o resultado do ano anterior, quedando esta vez como campión liga. Porén, volvería a perder na promoción de ascenso, esta vez fronte ao Sevilla Atlético, empatando 1-1 en casa e perdendo, o 20 de maio de 1962, por 4-0 no Sánchez Pizjuán. Despois destas dúas campañas, o ascenso pasaría ser o principal obxectivo do club durante toda a década.
Na seguinte tempada, 1962-63, o Lugo repetiría subcampionato. De novo caería na primeira rolda da promoción, esta vez fronte ao Algeciras, perdendo 3-0 na cidade gaditana e 0-2 na casa. Até a tempada 1966-67 o Lugo non volvería conseguir loitar polo ascenso, con todo ese ano presentaríase unha nova oportunidade. Esta vez os lucenses si que conseguirían pasar da primeira rolda, eliminando ao Sestao Sport Club (actual Sestao River), 1-2 fóra e 1-1 en casa; logo eliminarían ao Ibiza, 1-2 fóra e 2-0 na casa, e xa na Final da competición perderían fronte ao Constancia tras empatar 1-1 na casa e perder por 2-0 en Inca. Na seguinte tempada, 1969-70, acabar na primeira praza outorgaba o ascenso directo de categoría, con todo o Lugo quedaría ás portas tras rematar en segunda posición tralo Langreo.
[editar] Cambios de categoría
Tras dezanove tempadas consecutivas, na tempada 1971-72 o club acaba na décimo sexta posición e debe xogar a promoción de permanencia. O rival sería o Club Deportivo Pegaso de Tres Cantos, no partido de ida os albivermellos conseguirían empatar 0-0, mais na volta perderían a categoría tras recibir un resultado de 3-0. Con todo, o paso do equipo pola Rexional sería breve: adestrados por Alfonso Pintos ao ano seguinte o club retornaría á Terceira División.
Tralo ascenso o Lugo non se acomodaría nunha parte concreta da táboa, variando os seus resultados dende o quinto posto acadado na tempada 1974-75 até o décimo cuarto da 1976-77. Nesta nova etapa en Terceira construíuse o actual estadio Anxo Carro, que se inaugurou o 31 de agosto de 1974 cun torneo triangular no que participaron, a parte do Lugo, o Deportivo da Coruña e o Lemos. O Lugo venceu ó Lemos nos lanzamentos de penaltis e perdeu a final co Deportivo por 1-0.
Adestrados por Manolín, na tempada 1977-78, debido á creación da Segunda División B debilitaríase o grupo, e o Lugo conseguiría ser campión logrando ascender directamente á nova categoría. Con todo, o debut na nova división non foi moi bo, e tras un mal campionato finaliza en décimo oitavo lugar, descendendo de novo. Ao ano seguinte Manolín seguiría ao cargo do equipo, mais García Pena deixaría a presidencia, a cal pasou a ocupar Manuel Illán.
[editar] Comezos na Segunda B
A comezos dos anos 1980 o club tentaría regresar de novo á Segunda B, con todo non foi posible pese ao empeño da directiva, chegando o desánimo aos seareiros. Na tempada 1980-81 o Lugo perde a súa primeira oportunidade de regreso, xa que aínda que conquista o título de Liga, perde na fase de ascenso fronte a Ponferradina (2-1 fóra e 1-1 no Anxo Carro). O desexado obxectivo non se conseguiría até case un lustro despois, durante a tempada 1985-86 sendo o seu adestrador Ramón Segura e o seu presidente Amador Real.
Ese ano o Lugo é de novo campión de Liga e na promoción de ascenso supera ao C.D. Leganés; 1-1 na localidade madrileña e 3-2 en casa, e ao Atlético Baleares; 2-0 en casa e 0-0 en Palma. No que resta da década, o club lucense experimenta unha notable mellora, e chega a ocupar o quinto posto nas tempadas 1988-89 e 1989-90.
[editar] Segunda División
Na tempada 1990-91 o equipo quedaría subcampión, e xogaría a promoción de ascenso á Segunda División. Nesta liguiña o Lugo se tería que enfrontar ao Mérida, ao Barcelona Atlético e ao Osasuna Promesas. O Lugo quedaría en último lugar. Ao ano seguinte os lucenses repetirían o segundo posto durante o campionato, gañando o dereito a disputar de novo a fase de ascenso. Esta vez os rivais serían o Extremadura o Sant Andreu e o Elche. Na última xornada o Lugo enfrontaríase ao Sant Andreu no Anxo Carro, precisando dunha vitoria para poder ascender, xa que o Sant Andreu ocupaba nesa última xornada o primeiro lugar cun punto mais que o Lugo. Tamén precisaba dunha derrota ou empate do Extremadura co Elche en Alacant, xa que os de Almendralejo ocupaban o terceiro co mesmo número de puntos. Finalmente o Lugo vencería por 2-1 polo que, xunto coa derrota do Extremadura, conseguiría o ascenso a categoría de prata. Ese ano o equipo estivo presidido por Xosé Núñez e adestrado por Xulio Díaz.
Na tempada 1992–93, con Xulio Díaz continuando como adestrador, o cadro de xogadores do Lugo sería o seguinte:[3]
|
|
O Club Deportivo Lugo debutaría como tal na Segunda División e comezaría a competición na capital estremeña, onde se enfrontou ao Mérida no Estadio Romano. Con todo a estrea saldouse cunha derrota pola mínima (1-0). No seguinte partido, o primeiro no Anxo Carro, conseguirían os lucenses o seu primeiro punto tras empatar co Lleida sen goles (0-0), bo resultado tendo en conta que os ilerdenses serían ao final da tempada campións de liga. Tras outra derrota pola mínima, esta vez fronte ao Eibar (2-1), o Lugo conseguiría o seu segundo punto tras empatar co Betis na casa (0-0).
A seguinte xornada depararía outra derrota por tan só un gol de diferencia, perdendo por 3-2 fronte ao Racing de Santander no Sardinero. Así o 10 de outubro chegaría a primeira vitoria, tras gañar por 1-0 ao Atlético Marbella. Tras perder outra vez fóra, o Lugo volvería gañar no Anxo Carro, esta vez por dous goles de diferenza fronte o Sabadell, pasando a ocupar o posto 14 na clasificación. Con todo, dende ese encontro o Lugo non volvería gañar até a xornada 15, vencendo ao Bilbao Athletic por 1-0. Ao final da tempada o Lugo remataría no posto 18, descendendo de novo a Segunda B e con tan só sete partidos gañados:
| Xor. | Data | Lugar | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante | Pos.[4] |
|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
10-10-1992 | Anxo Carro, Lugo |
|
|
||
|
|
25-10-1992 | Anxo Carro, Lugo |
|
|
||
|
|
20-12-1992 | Anxo Carro, Lugo |
|
|
||
|
|
28-02-1993 | Anxo Carro, Lugo |
|
|
||
|
|
14-03-1993 | Anxo Carro, Lugo |
|
|
||
|
|
11-04-1993 | El Vivero, Badajoz |
|
|
||
|
|
01-05-1993 | Las Llanas, Sestao |
|
|
[editar] Descenso
A estancia só durou un ano nunha complicada tempada que iniciou Xulio Díaz no banco e terminou Rodríguez Vaz. Esa situación provocou tamén a dimisión da directiva, proclamándose presidente a Luis Castro. Mais esta xestora durou só uns meses, sucedéndolle Salvador Fernández Somoza durante dúas tempadas e logo Eliseo Corral Veiga, elixido en 1996 mediante eleccións. Na tempada 1998-99 o CD Lugo chega á final da Copa Federación, que perde contra o Racing de Santander. Na liga o club readáptase sen achegarse ao ascenso, aínda que mantendo a categoría sen moitos problemas, mesmo conseguindo boas clasificacións nas campañas 1996-97 e 19997-98.
Con todo, ao comezo da década de 2000, os resultados non presaxian nada bo, na tempada 2000-01 o equipo está a piques de descender. O resultado melloraría ao ano seguinte, máis en 2003 non pode evitar o descenso á Terceira División tras finalizar décimo oitavo. Ao ano seguinte o Lugo remataría no sexto posto, sen posibilidade de xogar a fase de ascenso, polo que a xunta presidida por Eliseo Corral Veiga presenta a súa dimisión na asemblea de socios do 3 de xuño de 2004. Nesa mesma asemblea, catro socios (Xaime Dapena, Delio López Dobao, Manuel Celso Matalobos e Pepe Garalva) formaron unha xunta xestora provisional que funcionou ata o 18 de xuño dese mesmo ano, no que se produciu o traspaso de poderes á nova xunta directiva, presidida por José Bouso Alvite.
[editar] Retorno e renovación
Ao ano seguinte, na tempada 2004-05, son terceiros e agora si se clasifican para promocionar, con todo pese a eliminar ao Ribadesella C.F. nas semifinais, gañando 3-0 en casa e 1-0 fóra, son eliminados na final polo Real Valladolid B, tras perder 4-1 na ida e empatar 0-0 no Anxo Carro. Na seguinte tempada, con Juan Hidalgo como adestrador, o equipo mellora a clasificación da anterior e é subcampión de liga. Na promoción volve a eliminar de novo ao Ribadesella; empatando 1-1 na ida e gañando 3-2 en casa, e na final consegue vencer á Gimnástica Segoviana; 3-1 en Lugo e 1-1 na cidade castelá.
Despois do ascenso, logo de dúas tempadas quedando entre os dez primeiros da categoría, a xunta directiva dirixida por José Bouso finaliza o seu mandato e abre un proceso electoral. Ante a falta de candidaturas, Bouso presentou a súa, acompañado dun equipo directivo renovado case por completo. Na tempada 2009 chegaría ao club o ex-xogador e adestrador Quique Setién, con el o Lugo melloraría bastante os seus resultados. Ese ano, tras unha boa campaña na que se mantivo durante moitas xornadas nos postos de ascenso, unha mala racha deixaríao finalmente fóra dos catro primeiros postos.
Na tempada 2010,[5] con Setién de novo no banco, o Lugo proclámase campión de liga, conseguindo xogar a promoción de ascenso para campións. Nesta eliminatoria enfrontouse ao Real Murcia, campión do grupo IV. Tras perder por 2 a 0 na Nueva Condomina o Lugo gañou cun gol de Tornero no minuto 52 por 1 a 0 no Anxo Carro, o que non servíu para poder remontar a eliminatoria e acadar o ascenso. No último minuto do encontro foille anulado a Yago un gol dubidoso, o que suporía a posibilidade de xogar a prórroga. Este partido é posible que supuxese a maior recadación por entradas da historia do equipo, aínda que non se deron a coñecer datos oficiais. Tras non conseguir o ascenso directo, o equipo enfrontouse ao Deportivo Alavés nas semifinais da promoción. O partido de ida en Mendizorroza finalizou cun empeate a cero goles, vencendo o Lugo no Anxo Carro por 2 a 1, o que lle valeu o pase para a eliminatoria definitiva onde xogará contra o Alcoyano. Nesta última rolda os lucenses perderían por 1 a 0 ambos encontros, non conseguindo o ascenso de categoría.
| Fase de ascenso 2010-11 | ||||
|---|---|---|---|---|
| Data | Estadio | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante |
| 22-5-2011 | Nueva Condomina, Murcia |
|
||
| 29-5-2011 | Anxo Carro, Lugo |
|
||
| 5-6-2011 | Mendizorroza, Vitoria |
|
||
| 12-6-2011 | Anxo Carro, Lugo |
|
||
| 19-6-2011 | El Collao, Alcoi |
|
||
| 26-6-2011 | Anxo Carro, Lugo |
|
||
Na tempada 2011-12, con Quique Setién de novo como adestrador, o equipo conseguiría de novo a clasificación para as eliminatorias polo ascenso logo de rematar no terceiro posto durante a liga, por detras do Castilla e o Tenerife, aínda que durante gran parte da competición ocupou a primeira praza. Durante a fase de ascenso na primeira rolda o Lugo eliminou ao Eibar tras gañar por 1-0 no Anxo Carro e empatar sen goles en Ipurua.
| Fase de ascenso 2011-12 | ||||
|---|---|---|---|---|
| Data | Estadio | Equipo Local | Resultado | Equipo Visitante |
| 20-5-2012 | Anxo Carro, Lugo |
|
||
| 26-5-2012 | Ipurua, Eibar |
|
||
| 3-6-2012 | Anxo Carro, Lugo |
|
||
| 10?-6-2012 | Estadio Balear, Palma |
|
||
[editar] Escudo e cores
O logo do Club Deportivo Lugo ten forma de escudo francés antigo, nel figura a palabra "LUGO" en grande na parte superior, e por riba dela, en letra máis pequena "CLUB DEPORTIVO". No medio hai cinco franxas horizontais vermellas e catro brancas e, aos lados sobre un fondo azul celeste, figuran un cáliz á esquerda e unha bomba á dereita. O cáliz provén do antigo escudo da Ximnástica Lucense, que á súa vez proviña do propio escudo da cidade e do privilexio papal da catedral de Santa María. A bomba provén do antigo escudo do Club Deportivo Polvorín. Este escudo foi presentado o 28 de setembro de 2011. O antigo escudo era moi semellante semellante ao do Athletic Club, cos mesmos elementos co actual.
Con respecto ao uniforme, o Lugo viste tal como vestía o Polvorín, camiseta con franxas albivermellas e pantalón azul escuro ou negro, tamén semellante ao do Athletic Club. Dende a súa fundación o uniforme non sufriu moitas variacións. Con respecto ao equipamento suplente non hai un deseño fixo, variando habitualmente de cor, aínda que dende hai varias tempadas foise establecendo a cor celeste como segundo equipamento, a mesma cor da banda da bandeira galega. Na tempada 2011-12 o Lugo é vestido pola compañía inglesa Umbro, sendo o equipamento suplente de cor completamente negra.
|
|
|
|
|
|
|
|
[editar] Estadio
- Artigo principal: Estadio Anxo Carro.
O Anxo Carro está situado á beira do Río Miño. A parte do propio estadio, anexo hai outro campo de fútbol, o Emilio Núñez Torrón, e o Complexo Polideportivo O Palomar, no que hai un pavillón cuberto e pistas de tenis. Nos arredores tamén está o Pazo de Feiras e Congresos. O estadio recibe o nome de Anxo Carro Crespo, o cal construíra o antigo estadio, sendo ademais benfeitor do deporte en Lugo. Tamén foi presidente do Círculo das Artes en 1934.
Foi inaugurado durante a segunda etapa do Lugo en Terceira División, con capacidade para 7.000 espectadores. A data de apertura deste estadio, que substituía ao antigo Anxo Carro (ou campo dos Miñóns) situado na zona da Praza de Viana do Castelo, foi o 31 de agosto de 1974. Para a súa inauguración disputouse un torneo triangular no que participaron, xunto ao Lugo, o Club Lemos e o Deportivo. O CD Lugo venceu aos de Monforte na quenda de penaltis e perdeu a final cos herculinos por 1-0.
No ano 2001 o estadio foi remodelado e modernizado,[6] xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos arquitectos José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, engadindo cadeiras para tódolos seareiros da planta baixa e creando novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento (Segunda B) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O 3 de xaneiro de 2007 disputouse nel a final da Copa Xunta de Galicia 2006, que enfrontou ao CD Lugo co Celta de Vigo (2-3).
[editar] Himno
O Club Deportivo Lugo conta con dous himnos, ambos completamente en lingua galega, sendo o primeiro composto en 1989 por Enrique Alvarellos,[7] fundador da Editorial Alvarellos. Esta peza fala dos seareiros e socios do equipo, así como da muralla, e fai referencia á Ximnástica Lucense e ao Polvorín.
A Ximnástica Lucense,
e antes dela o Polvorín
foron para o Deportivo
o primeiro trampolín.
Ala Lugo!
O segundo foi estreado xoves 4 de xuño de 2009 no Círculo das Artes.[8] Composto polo friolés Ángel Castelo, músico da Banda Municipal de Música de Lugo, esta peza, en palabras do autor, tenta recoller "o sentimento sobre a vida, sobre o que se vive nun campo de fútbol". Tamén nomea a varios xogadores que vestiron a camiseta albivermella ao longo dos anos como Manu, Pardo, Losada, Germán, Arroyo, Cancela ou Tornero.
Viva Lugo! Viva Lugo! Ala Lugo! Ala Lugo!
Aí vai, aí vén, aí vén, aí vai!
Aí vai, aí vén! O balonciño a ras do chan!
[editar] Cadro actual
[editar] Xogadores
- Datos do 6 de outubro de 2011.[9]
|
|
[editar] Organigrama deportivo
|
|
[editar] Adestradores
- Véxase tamén: Adestradores do Club Deportivo Lugo.
|
[editar] Xogadores anteriores
- Véxase tamén: Xogadores do Club Deportivo Lugo.
[editar] Palmarés
[editar] Tempada a tempada
|
|
|
[editar] Resumo
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 1
- Tempadas en 2ªB: 23 (Incluída a 2011/12)
- Tempadas en 3ª: 34
- Posto na única tempada en Segunda: 18º (tempada 1992-93)
- Promocións de ascenso a Segunda: 7 (1 ascenso)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 4 (3 ascensos)
[editar] Torneos nacionais
- Campión Galego de Afeccionados (1): 1960
- Campión de Liga de Serie A de Galicia (1): 1973
- Campión da Supercopa da Deputación (4): 2008, 2009, 2010, 2011
- Subcampión da Copa de Galicia (2): 1958, 2006
[editar] Torneos estatais
- Segunda División B (1): 2010-11
- Terceira División (4): 1961-62, 1977-78, 1980-81 e 1985-86
- Subcampión da Segunda División B (2): 1990-91 e 1991-92
- Subcampión da Terceira División (5): 1960-61, 1962-63, 1966-67, 1969-70 e 2005-06
- Subcampión da Copa RFEF (1): 1999
[editar] Notas
- ↑ Historia do Club
- ↑ Orixes do C.D. Lugo
- ↑ Plantilla Lugo 1992-93. BD Fútbol
- ↑ Posición que ocupou o rival ao final da liga na clasificación
- ↑ O CD Lugo gaña por 1-0 ao Murcia e opta á repesca para o ascenso
- ↑ ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo
- ↑ Himno do Club Deportivo Lugo
- ↑ Himno de Lugo
- ↑ CD Lugo - Plantel
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|
|||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||