Vilalba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Vilalba | |
|---|---|
![]() |
|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Vilalbés - Chairego |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia de Lugo |
| Comarca: | Terra Chá |
| Poboación: | 15.406 hab. (2008) |
| Área: | 379,0 km² |
| Densidade: | 40,65 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 30 parroquias |
| Capital do concello: | Vilalba |
| Política (2007) | |
| Alcalde: | Gerardo Criado Guizán (PP) |
| Concelleiros: | BNG: 1 PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 6 Outros: - |
| Eleccións municipais en Vilalba | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 98,74 % |
| Sitio web oficial | |
| www.vilalba.org | |
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilalba (homónimos).
Vilalba (xentilicio: Vilalbés ou tamén Chairego) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá sendo a súa capital.
A vila ten unha poboación de 15.358 habitantes (2007)[3], dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 40,52 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois de A Fonsagrada.
O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila[4].
Vilalba posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de asentamentos castrexos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.
Con respecto á industria, o concello caracterízase pola sua escasa industrialización, sendo as escasas industrias esistentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.
A gastronomía e un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa[5], o roscón de amendoas e os célebres Capóns de Vilalba[6] que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.
Índice |
[editar] Camiño de Santiago
A Ruta da Costa do Camiño de Santiago entra no concello vilalbés dende Abadín e pasa pola ponte vella de Martiñán, Goiriz, e sae do concello dirección Baamonde por San Xoán de Alba, Torre Pedrouzos e de aí a Guitiriz.
[editar] Festividades
"Festa dos Pepes" en marzo; 31 de agosto San Ramón e 1 de setembro Santa María (ambos patróns da parroquia capital do concello); 29 de xuño San Pedro en Santaballa e 25 de xullo o Santiago en Goiriz, Sancovade, Samarugo, Boizán.
Feira dos Capóns o 21 de decembro.Feira O primerio domingo de cada mes que non coincida co día 1. Coincidindo con esta, no mes de Abril celébrase a Feira do Queixo de San Simón. Feirón O primeiro martes entre o 17 e o 23 de cada mes . Pequeno mercado os martes e venres.
[editar] Vilalbenses de sona
- Antonio García Hermida, escritor (1885-1939).
- Lois Peña Novo, político e insigne galeguista (1893-1967).
- Manuel Fraga Iribarne, ex Ministro, ex presidente da Xunta e senador (n. 1922).
- Ramón Chao, xornalista e escritor, pai do músico Manu Chao (n. 1935).
- Antonio María Rouco Varela, Cardeal e Arcebispo de Madrid (n. 1936).
- Darío Villanueva Prieto, Filólogo e académico da Lingua (n. 1950).
- Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo e sobriño do Cardeal Rouco Varela (n. 1956).
- Vicente Celeiro Leal, ex xogador de fútbol que militou no Deportivo, Celta e Racing Vilalbés (n. 1962).
- Cristina Castaño, actriz (n. 1978).
- Antonio Montes Hermida (Cinturón negro 7.º DAN e bicampeón de España de taekwondo).
[editar] Galería de imaxes
Vexa o artigo prinipal Galería de imaxes de Vilalba.
[editar] Lugares de Vilalba
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilalba vexa: Lugares de Vilalba.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
[editar] Referencias
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201001002 Censo 2007 Lugo
- ↑ http://www.vilalba.org/web/index.php/item/164 Xeografía do Concello de Vilalba
- ↑ http://www.sansimondacosta.com/ Queixo de San Simon daCosta
- ↑ http://vilalba.org/capon/Inicio.php Capóns de Vilalba
[editar] Bibliografía
- Carlos Díaz Martínez, José-Luís Novo Cazón (2006), A memoria de Vilalba, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-470-9.
[editar] Ligazóns externas
- A Voz de Insua
- Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
- Torre dos Andrade (en castelán)
- A Voz de Vilalba
|
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
