Pablo Álvarez Núñez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Pablo Álvarez Núñez | ||
| Nacemento | 14 de maio de 1980 (33 anos) | ||
| Lugar | Oviedo, España | ||
| Altura | 1,74 m | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Lugo | ||
| Número | 7 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1989–1998 | Lugo | ||
| 1998–1999 | Sporting de Gijón | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1997–1998 | Lugo | 36 | (3) |
| 1999–2000 | Sporting B | 19 | (2) |
| 2000–2006 | Sporting de Gijón | 160 | (25) |
| 2006–2012 | Deportivo da Coruña | 85 | (5) |
| 2008 | → Racing (cedido) | 18 | (1) |
| 2012– | Lugo | 30 | (4) |
| Total | 348 | (40) | |
| Selección nacional | |||
| 2001 | Asturias | 1 | (0) |
| 2005–2008 | Galicia | 3 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 19 de maio de 2013 |
|||
Pablo Álvarez Núñez, coñecido como Pablo Álvarez, nado o 14 de maio de 1980 en Oviedo (Asturias), é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo. Tamén xogou coas seleccións galega e asturiana de fútbol.
Índice |
Traxectoria [editar]
Club [editar]
Pablo Álvarez provén da canteira do Lugo[1], onde estivo entre 1989 e 1998, para pasar despois ás categorías inferiores do Sporting de Gijón, onde estivo ao mando do que fora técnico do Racing de Santander, Marcelino García Toral. Fichou polo Deportivo da Coruña, pero sufriu unha lesión que non permitiu que Joaquín Caparrós contara con el na súa primeira temporada na Coruña. Na seguinte, con Miguel Ángel Lotina no banquiño, as cousas non foron mellor e seguiu sen participar en moitos dos partidos.
No mercado de inverno da tempada 2007–08 foi cedido ao Racing de Santander até o final da campaña sen opción de compra,[2] debutando neste equipo o 2 de xaneiro de 2008, no partido de Copa do Rei fronte ao Málaga CF (2–0).[3] Marcou o seu primeiro gol en Primeira División co Racing o 13 de xaneiro, fronte ao CA Osasuna no estadio Reyno de Navarra. O 7 de maio, no partido fronte ao Sevilla FC, sufriu unha fractura do óso malar que lle impidiu xogar o resto da temporada.
Na tempada 2008–09 regresou ao Deportivo da Coruña. O 18 de xullo de 2012[4] anunciouse a súa incorporación ao CD Lugo para a tempada 2012–13 en Segunda División e a seguinte, se o equipo non perde a categoría.
Selección [editar]
Pola súa biografía resulta evidente que o xogador está vencellado tanto á Galiza como a Asturias, razón pola cal se pode explicar a súa participación coas dúas seleccións e a polémica suscitada por esta situación. A pesar de que o xogador xa se tiña estreado coa selección asturiana en partido contra Lituania no Molinón o 29 de decembro de 2001 (6-1), a súa estancia até os 18 anos en Lugo fai que o xogador afirme sentirse galego[5], de aí que teña aceptado xogar coa selección galega. Ademais, cómpre ter en conta que en 2001 a posibilidade dunha selección galega aínda era máis un soño que unha realidade, o que podería ter explicado a súa participación cos asturianos. Pablo Álvarez acumula xa tres convocatorias coa Irmandiña, en concreto no Galiza-Uruguai de 2005, Galiza-Camerún de 2007 e o Galiza-Irán de 2008.
Palmarés [editar]
- Deportivo
Curiosidades [editar]
- No ano 2008 adheriuse á campaña Doi la cara pola oficialidá, en favor do recoñecemento do asturiano como cooficial de Asturias[6].
Notas [editar]
- ↑ http://vello.vieiros.com/seleccions/ficha_xogador.php?id_xogador=66
- ↑ El Diario Montañés Pablo Álvarez xa é do Racing
- ↑ El Diario Montañés Pablo debutou co Racing
- ↑ "El ex rojiblanco Pablo Álvarez ficha por el Lugo"
- ↑ http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/12/14/4343472.shtml
- ↑ Flickr.com "Pablo Álvarez súmase xunto con outros deportistas á campaña Doi la cara pola oficialidá.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Datos do xogador en bdfutbol.com
- Datos do xogador en futbolme.com
- Datos do xogador na páxina do Lugo
- Datos do xogador na páxina do Deportivo
|
|||||||||