Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Deportivo de La Coruña")
Deportivo da Coruña
Escudo Real Club Deportivo da Coruña.jpg
Nome Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D.
Alcume(s) Dépor;
Deportivistas;
Herculinos;
Branquiazuis;
Turcos;
Superdépor
Fundación 2 de marzo de 1906 (108 anos)
Estadio Riazor,
A Coruña, Galicia
Inauguración 28 de outubro de 1944
Capacidade 34.600
Presidente Galicia Tino Fernández
Adestrador España Víctor Fernández
Liga Primeira División
2013–14 (Segunda División)
Vestimenta Lotto Sport
Patrocinador Estrella Galicia
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira
Tempada actual

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. Actualmente xoga na Primeira División, logo de ascender na tempada 2013–14. Con todo, xogou 21 das últimas 23 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011)[1] e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.[2]

Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: Unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do Rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

Ocupa o posto 31 da clasificación histórica da IFFHS.[3] No ano 2009, a mesma organización colocaba ao clube no posto 171 da súa clasificación dos 200 mellores clubes europeos do século XX.[4]

Logo de 42 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 11º na Clasificación histórica da Primeira división española, sendo o primeiro equipo galego neste ránking. Ademais é o 9º equipo en número de afeccionados en España (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.[5] A finais de 2003 o club contaba con 287 peñas, pero na tempada 2011–12 en Segunda División esa cifra de peñas baixou a 156.[6]

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, chamándose aos partidos entre eles Derbis galegos. Tamén tiña unha forte rivalidade coa SD Compostela, sobre todo cando ambos equipos estaban en Primeira División.

Índice

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo da Sala Calvet foi fundado o 2 de marzo de 1906 por un grupo de alumnos dese prestixioso ximnasio coruñés propiedade de Federico Fernández-Amor Calvet, sendo nomeado presidente do club Luis Cornide Quiroga. Dende a súa fundación, o Deportivo mantivo unha grande rivalidade co Real Club Coruña. En 1909, o club obtivo o título de Real, pasando a chamarse Real Club Deportivo da Sala Calvet. No ano 1910, o Deportivo xogou a final da Copa do Rei, disputada en Madrid en formato triangular entre os deportivistas, o Fútbol Club Barcelona e o Club Español de Madrid. En 1911, o club muda o seu nome polo de Real Club Deportivo da Coruña. Entrementres, as disputas entre o Deportivo e o Coruña non paran de aumentar, chegando un punto no que a directiva deportivista decide non xogar máis partidos cos coruñistas. Porén, en xullo de 1914 os xogadores do Deportivo deciden unilateralmente disputar dous encontros fronte ó Coruña. A decisión non é respaldada pola directiva, provocando que os xogadores abandonen o club e funden o Deportivo F.C. Auténtico. En 1918, prodúcese un acordo e os xogadores deciden disolver o club escindido e regresar á estrutura do Real Club Deportivo. Durante as seguintes tempadas, o Deportivo participa no Campionato de Galicia, torneo do que se proclamou campión seis veces antes de que fose suprimido en 1940.

Fundación da Liga e ascenso a Primeira[editar | editar a fonte]

O Deportivo quedou encadrado, no primeiro campionato de Liga celebrado en 1929 no grupo primeiro da Segunda División, formada por dez equipos: Sevilla, Iberia, Alavés, Sporting, Valencia, Betis, Oviedo, Celta, Racing Madrid e Deportivo. Permanecería o club en devandita categoría dez tempadas ata lograr o ascenso á Primeira División na tempada 1940/41. O ano anterior foi campión de Segunda pero non logrou ascender ao perder o encontro de promoción ante o Celta de Vigo. Na súa primeira participación en Primeira División quedou cuarto, destacando as vitorias fronte Real Madrid (1-0), Celta (4-0) e Barcelona (1-0). O seu porteiro, Juan Acuña, logrou ser o porteiro menos batido da competición por terceira vez na súa carreira (a tempada seguinte volvería conseguilo).

A inauguración do novo Estadio de Riazor, en 1944 fronte ó Valencia, foi o preludio do descenso do club de novo á Segunda División. Tras sucesivos ascensos e descensos, o Deportivo acada o seu primeiro subcampionato de liga na tempada 1949-50, na que se alzaría co título o Atlético de Madrid, que conseguiu un punto máis que o Deportivo. Permanecería o club herculino en Primeira División ata a tempada 1956-57, trala cal collería a fama de equipo "ascensor" polos seus continuos ascensos e descensos.

Os peores anos[editar | editar a fonte]

Desde a tempada 1972–73 ata a 1991–92 o Deportivo non soubo o que era xogar en Primeira. En 1973 descende a Segunda e a tempada seguinte tocou fondo, descendendo a Terceira División. Esa tempada, a 1974–75, o equipo proclamouse campión na categoría, ascendendo novamente. Tras cinco tempadas en Segunda o equipo descendeu á recén creada Segunda B, categoría na que só xogou unha tempada, a 1980–81. Tras o ascenso viñeron dez tempadas consecutivas na división de prata.

En 1991 o Deportivo, con xogadores como Dragan Kanatlarovski ou Antonio Molinos ascende definitivamente a Primeira División.

A chegada á presidencia de Augusto César Lendoiro e o seu consello de administración en xuño de 1988 marcaron un punto de inflexión na historia do Dépor, xa que se pasa dun equipo ascensor que se salvou a tempada anterior no desconto do último partido do descenso a Segunda B e que, polas débedas estaba ao bordo da desaparición, a un equipo que anos máis tarde se codearía cos grandes de Europa.

O Superdépor[editar | editar a fonte]

En 1992, o Club vese obrigado a converterse en Sociedade Anónima Deportiva. As fichaxes dos brasileiros Bebeto e Mauro Silva e o seu terceiro posto en Liga na tempada 1992-93, supuxeron o nacemento do que se veu en chamar "Superdépor", que a punto estivo de adxudicarse a súa primeira liga na tempada seguinte: un penalti malogrado polo serbio Djukic no último minuto do partido que pechaba o campionato deu o título ao FC Barcelona. No entanto, devandita tempada pasou á historia como a primeira na que o Deportivo xogou unha competición continental: a Copa da UEFA, sendo eliminado nos oitavos de final polo Eintracht Frankfurt. Ademais, esta tempada o Dépor conseguiu os trofeos Pichichi e Zamora. Bebeto foi o máximo goleador con 29 goles e Liaño compartiu o premio con Cañizares. Na seguinte tempada Liaño converteu ao Deportivo no mellor equipo defensivo nunha tempada de Liga, encaixando tan só 18 goles nas 38 xornadas de Liga (só recibiu goles en 12 partidos), o que fai unha media de 0,474 goles/partido.

Nas dúas seguintes tempadas, 1993-94 e 1994-95, o equipo logra dous subcampionatos de Liga. Nesta última, conseguiuse o primeiro título, unha Copa do Rei. O equipo venceu en Madrid ao Valencia CF (2-1) con goles de Manjarín e de Alfredo, tanto que será almacenado nas retinas de todos os deportivistas logo dun gran centro, saltando e rematando de cabeza de cabeza ante un atónito Zubizarreta que viu como o xogador se anticipaba ao seu salto, nun partido disputado en dous actos debido a unha gran tromba de auga. O equipo era adestrado por Arsenio Iglesias, sendo os seus xogadores claves Djukic, Claudio, Aldana, Fran, Mauro Silva e Bebeto. Na tempada 1995-96 o equipo álzase coa Supercopa tras vencer ao Real Madrid a dobre partido. Ademais o Deportivo chega ás semifinais da desaparecida Recopa de Europa. A tempada 1996-97 coincide coa chegada de xogadores estranxeiros como Rivaldo, Naybet ou Songo'o e o equipo logra un terceiro posto na liga. A seguinte foi unha mala tempada para o Deportivo que terminou 12º na Liga, ano do traspaso de Rivaldo ao Barça e da chegada de Djalminha.

O Eurodépor[editar | editar a fonte]

Diego Tristán logrou un trofeo Pichichi co Deportivo

Na tempada 1998–99, Javier Irureta, adestrador procedente do Celta, chega á Coruña deixando ao Deportivo en sexta posición, clasificado para a Copa da UEFA e alcanzando as semifinais da Copa do Rei.

Na tempada 1999–00 chegaría o primeiro e único título de Liga do Deportivo. Con Songo'o, Djalminha, Pauleta, Fran, Mauro Silva, Donato, Naybet, Turu Flores e Roy Makaay como protagonistas, o Dépor proclamouse campión de liga o 19 de maio de 2000, en Riazor ante o Espanyol.

A partir de aí, e da man de grandes futbolistas de talle mundial como Molina, Valerón, Diego Tristán, Sergio e moitos dos campións de liga, e tamén de man de Irureta e Lendoiro, vivíronse cinco anos de grandes éxitos na Liga de Campións (atinxindo unha semifinal e por tres veces os cuartos de final), lográronse dous novos subcampionatos de Liga e unha nova Copa do Rei en 2002, en final disputada no Estadio Santiago Bernabéu contra o Real Madrid, no día en que a entidade merengue celebraba a súa centenario, feito que popularmente coñécese como o "Centenariazo", dado o seu gran parecido coa final da Copa Mundial de Fútbol de 1950 que historicamente foi coñecida como Maracanazo. Diego Tristán e Roy Makaay gañaron o Trofeo Pichichi en tempadas consecutivas, logrando este último a Bota de Ouro en 2003.

O centenario[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Centenario do Deportivo.

Logo da etapa dourada do Deportivo con Irureta no banquiño, o 2006, ano no que o club celebrou o seu centenario, marca o inicio dunha etapa de transición marcada pola grave crise económica e as débedas. A chegada de Joaquín Caparrós supón unha auténtica revolución no plantel. Moitos dos pesos pesados do vestiario, como Molina, Scaloni, Víctor ou Diego Tristán abandonan a entidade, que invirte 9,3 millóns de euros na fichaxe de 17 xogadores, a maioría novos e con proxección, entre os que destacan Riki, Filipe Luis, Lopo ou Juan Rodríguez. Prodúcese tamén unha reformulación dos obxectivos deportivos, fixados agora na permanencia. Mais, a pesar da falta de apuros deportivos e a participación na Copa Intertoto, o mal xogo e o desencontro coa bancada propician a saída do técnico despois de dúas temporadas.

A etapa de Lotina (2007–2011)[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña no 2008.

A era de Miguel Ángel Lotina no banquiño branquiazul daba comezo na tempada 2007-08. O mexicano Andrés Guardado firma polo Deportivo por 7 millóns de euros e marcha Jorge Andrade á Juventus que paga 10 millóns polo xogador. Nesta temporada, tras unha primeira volta do campionato coqueteando co descenso, o equipo consegue rematar unha segunda volta inmellorábel clasificándose para a Copa Intertoto tres anos despois da última participación en Europa, tras quedar 9º por encima do Athletic de Bilbao (o seu máis próximo perseguidor inscrito para a Intertoto). O equipo xogou en xullo de 2008 a Copa Intertoto na que se enfrontou ao Bnei Sakhnin, conxunto árabe de Israel. No partido de ida en Israel o Deportivo gañou 1-2 con tantos de Lafita e Riki, mentres que na volta, xogada en Riazor, o resultado foi de 1-0 con gol de Valerón. Con este resultado o equipo clasificouse por fin para unha competición europea despois de 4 anos de ausencia.

Na seguinte tempada, a 2008–09, marcada polas fichaxes de Aranzubia, Zé Castro e o mexicano Omar Bravo, a pesar de non pasar dos deceoitavos de final da Copa da UEFA ao ser eliminado polo Aalborg BK danés, o Deportivo consegue superar ao seu eterno rival histórico, o Celta de Vigo, na clasificación histórica da Liga, grazas á continuada permanencia do conxunto olívico na Segunda División e ao sétimo posto do Deportivo en Liga.

Andrés Guardado foi un referente do proxecto deportivista do 2007–2012.

Na tempada 2009–10, o equipo realiza unha gran primeira volta que lle leva a ocupar postos europeos durante máis de 20 xornadas (3 delas en prazas de Liga de Campións). No entanto, as lesións lévanlle a realizar unha mala segunda volta na que asina unha racha de 11 partidos consecutivos sen gañar. Finalmente o equipo termina na 10ª posición. Nesta tempada hai que destacar o debut de varios xogadores do Fabril nos partidos de Liga e Copa do Rei: Juan Domínguez, Iván Pérez, Rochela, Dani, Seoane, Añón e Raúl.

Na tempada 2010–11 descendeu á Segunda División tras 20 anos seguidos na categoría de elite. O descenso produciuse logo de perder o derradeiro partido (0–2) contra o Valencia CF, converténdose no primeiro equipo que perde a categoría con 43 puntos.

A etapa de Oltra[editar | editar a fonte]

Tras un inicio irregular en Segunda División e con José Luis Oltra no banquiño, a tempada 2011–12 remata co equipo como campión da categoría, producíndose o ascenso o 27 de maio de 2012, a falta dunha xornada para rematar o campionato.[7] O 3 de xuño de 2012, na derradeira xornada, o Deportivo conseguiu alcanzar a cota de 91 puntos, récord na categoría (a anterior marca estaba en 88 puntos, conseguidos polo Real Valladolid na tempada 2006–07).[8]

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo oficial do club consiste nun cinto de cabaleiro que rodea o pendón morado da Sala Calvet e a bandeira de Galicia. Coroa Real no centro do pendón e sobre o escudo.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Aínda que desde a súa fundación estableceuse que o equipo defendería unha camiseta a franxas verticais azuis e brancas, non sería ata 1912 cando o club coruñés faría habituais estas cores nos seus partidos oficiais. Na actualidade, o primeiro uniforme do Deportivo continúa sendo branquiazul, mentres que o segundo e terceiro varían practicamente cada tempada en función de motivacións comerciais. Na actualidade a empresa encargada dos deseños e fabricación da equipamento é a italiana Lotto.

Uniforme 2014/15[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2014/15, o Deportivo ten os seguintes tres uniformes[9]:

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas; pantalón azul; medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta coa franxa da bandeira de Galicia; pantalón branco; medias brancas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta de cor burdeos con colo; pantalón burdeos; medias burdeos.


Titular


Alternativo


Terceiro


Evolución do uniforme[editar | editar a fonte]

Camisetasdeporticocoruna.jpg

Provedor e patrocinadores[editar | editar a fonte]

Período Provedor Patrocinador
1990–1992 Rox Leyma
1992–1997 Umbro Feiraco
1997–2000 Adidas
2000–2001 Dreamcast
2001–2007 Joma Fadesa
2007–2008 Canterbury
2008–2009 Estrella Galicia
2009– Lotto

Himno[editar | editar a fonte]

Partitura do himno deportivista composto por Maximiliano Svarmanoff en 1924

Aínda que o Deportivo contaba cun himno máis tradicional que o actual (composto en 1924 por Maximiliano Svarmanoff), a aparición do "Superdépor" e a imaxe de renovación do club levaron á directiva a substituír o himno histórico por un máis moderno, composto polo grupo coruñés Cacahué. Devandito himno, en estilo rock, sería versionado posteriormente pola Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2006, o grupo La Banda del Camión compuxo o himno do centenario, que incluía os nomes das grandes figuras que pasaron polo club.

(O himno pode escoitarse na páxina web do Deportivo: Versión Rock; Versión Sinfónica.)


Instalacións[editar | editar a fonte]

Estadio de Riazor[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Riazor.
Panorámica de Riazor
Interior do estadio

O estadio do Deportivo é o Estadio Municipal de Riazor, situado a carón da praia de Riazor, na Coruña. A pesar de ser de titularidade municipal, o Deportivo utiliza o recinto a cambio dun aluguer simbólico de 1 ao ano. Ten unha capacidade de 34.600 espectadores, todos sentados, sendo o estadio con maior aforamento de Galicia. A súa primeira construción data de 1909 no terreo que hoxe ocupa a Igrexa das Escravas, a escasos metros da súa actual localización. A súa segunda construción, xa na súa actual localización, é en 1944, sendo o arquitecto Santiago Rei. O estadio tivo varias remodelacións, como a de 1982 con motivo do Campionato Mundial de Fútbol de devandito ano, e a última, comezada en 1996 coa construción do fondo de pavillón e terminada en 1997 coa remodelación do fondo de maratón. Ten unhas dimensións de 105 x 70 metros. Recentemente foi renovada a súa Licenza UEFA para a celebración de partidos de competicións internacionais.

Afluencia a Riazor[editar | editar a fonte]

O Deportivo tivo dúas épocas na súa historia recente de gran afluencia ao estadio municipal de Riazor. A primeira delas, entre os anos 1992–93 e 1996–97, onde a media de entrada situábase en 25.000 espectadores,[10] para un estadio con capacidade para 29.000. Na segunda etapa, xa cunha capacidade para 35.000 espectadores, o número de socios e de afluencia situábase en torno os 30.000 espectadores,[11] entre as tempadas 2000–01 e 2003–04. Na última tempada, a 2012–13, a asistencia media foi de 30.416 espectadores.[12]

Proxecto do novo estadio[editar | editar a fonte]

En 2003 o presidente Augusto César Lendoiro presentou a maqueta do novo estadio de Riazor[13] deseñado polo prestixioso arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O presidente declarou que sería o estadio "máis bonito do mundo", catro estrelas e tería unha capacidade de 36.000 espectadores. A construción sería encima do actual estadio. Actualmente este proxecto atópase parado.

Desde 2009, con motivo da candidatura ibérica para os mundiais de 2018 e 2022, o Concello da cidade e o club debatiron sobre a posibilidade de remodelar o actual Riazor ou construír un estadio novo, no caso de que España organizará un mundial e a cidade da Coruña fose elixida sede.[14] A candidatura non foi elixida pero o estadio será remodelado e terá capacidade para 45.000 espectadores.[15][16]

O Mundo do Fútbol[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cidade Deportiva de Abegondo.

O Mundo do Fútbol, nome co que se coñece á Cidade Deportiva de Abegondo, é un conxunto de instalacións deportivas propiedade do club herculino situadas en Abegondo, alí adoita preparar os seus partidos o Deportivo. Foi inaugurado en 2003. Está formado por un edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve de bancada para uns 1.200 espectadores cara o campo principal e uns 500 cara o campo de céspede artificial. En total a cidade deportiva conta con 7 campos de céspede natural, 1 de céspede artificial, 6 campos de céspede natural de fútbol 7 e máis de 16.000 m² de campos auxiliares de céspede natural. Hai ademais uns 9.000 m² de aparcadoiros.

Outras instalacións[editar | editar a fonte]

  • A Deportenda é a tenda oficial do Deportivo e está situada nos baixos do estadio de Riazor.
  • A Deporclínica é un centro de fisioterapia aberto ao público e que conta con máis de 300 m² e dotado de tratamentos de hidroterapia, fisioterapia e dous ximnasios.
  • O Playa Club, situado fronte á praia de Riazor, é un local de máis de 3.000 m² con restaurante, cafetería e discoteca na que se adoitan celebrar concertos.
  • Zonafit, ximnasio de 2.500 m² situado nos baixos do estadio.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Partido da Copa da UEFA entre o Lech Poznań e o Deportivo en 2008.

Datos do club en Primeira División[editar | editar a fonte]

(ata á xornada 38 da tempada 2012-13)

Partidos históricos en Primeira división[editar | editar a fonte]


Datos do club na Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Datos do club en competicións europeas[editar | editar a fonte]

Torneo Partidos xogados Vitorias Empates Derrotas Goles a favor Goles en contra
Liga de Campións 58 23 15 20 74 79
Previa da Liga de Campións 4 2 2 0 4 0
Copa da UEFA 32 14 5 13 43 36
Copa Intertoto da UEFA 10 8 0 2 18 10
Recopa de Europa 8 4 2 2 14 3
Total 112 51 24 37 153 128


Partidos históricos en Europa[editar | editar a fonte]


Récords[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1929
1929/30 1/16 de final
1930/31 1/16 de final
1931/32 1/16 de final
1932/33 1/4 de final
1933/34 2ª rolda
1934/35 1ª rolda
1935/36 2ª rolda
1939/40 2ª rolda
1940/41 3ª rolda
1941/42 1ª rolda
1942/43 1/4 de final
1943/44 12º 1/8 de final
1944/45 14º 1ª rolda
1945/46 1ª rolda
1946/47 13º 1ª rolda
1947/48 6ª rolda
1948/49 12º 1/8 de final
1949/50 1/8 de final
1950/51 12º 1/8 de final
1951/52 11º 1/8 de final
1952/53 14º
1953/54 1/8 de final
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1954/55 1/4 de final
1955/56 12º 1/8 de final
1956/57 15º 1/4 de final
1957/58 13º
1958/59 1/8 de final
1959/60 2ª rolda
1960/61 2ª rolda
1961/62 2ª rolda
1962/63 14º 2ª rolda
1963/64 1/8 de final
1964/65 16º 1/8 de final
1965/66 1/8 de final
1966/67 16º 1/8 de final
1967/68 1ª rolda
1968/69 10º 1/4 de final
1969/70 14º 1/16 de final
1970/71 1/4 de final
1971/72 14º 4ª rolda
1972/73 17º 1/4 de final
1973/74 18º 4ª rolda
1974/75 3ª rolda
1975/76 1ª rolda
1976/77 11º 3ª rolda
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1977/78 3ª rolda
1978/79 15º 3ª rolda
1979/80 18º 2ª rolda
1980/81 2ªB 1ª rolda
1981/82 12º 1/4 de final
1982/83 1/8 de final
1983/84 1/4 de final
1984/85 13º 1/8 de final
1985/86 3ª rolda
1986/87 3ª rolda
1987/88 16º 3ª rolda
1988/89 10º Semifinais
1989/90 3ª rolda
1990/91 1/8 de final
1991/92 17º Semifinais
1992/93 4ª rolda
1993/94 1/8 de final
1994/95 Campión
1995/96 1/8 de final
1996/97 1/8 de final
1997/98 12º 1/4 de final
1998/99 Semifinais
1999/00 1/8 de final
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2000/01 1/16 de final
2001/02 Campión
2002/03 Semifinais
2003/04 1/8 de final
2004/05 1/16 de final
2005/06 Semifinais
2006/07 13º Semifinais
2007/08 1/16 de final
2008/09 1/8 de final
2009/10 10º 1/4 de final
2010/11 18º 1/4 de final
2011/12 1/16 de final
2012/13 19º 1/16 de final
2013/14 3ª rolda
2014/15

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Deportivo da Coruña.

Cadro 2013/14[editar | editar a fonte]

Unha xogada do partido Celta-Deportivo na tempada 2012–13, o 27 de outubro.

Datos do 10 de xullo de 2014

Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Germán Lux
2 DEF España Manuel Pablo Capitán
4 MED Galicia Álex Bergantiños Capitán
5 DEF Galicia Pablo Insua
6 MED España José Rodríguez
7 MED Galicia Lucas Pérez
9 DIA España Borja Bastón
10 MED Galicia Juan Domínguez Capitán
11 MED España Javier Arizmendi
13 POR España Fabricio
15 DEF España Laure Capitán
Posto País Xogador
16 DEF Flag of Portugal.svg Luisinho
17 DIA Flag of Portugal.svg Diogo Salomão
18 DIA España Toché
20 MED Polonia Cezary Wilk
22 DEF Galicia Seoane
23 DEF España Albert Lopo
24 DIA Flag of Argentina.svg Luis Fariña
25 MED Galicia Juan Carlos
DEF España Canella
MED Flag of Portugal.svg Rudy
DIA España Isaac Cuenca
  • Capitán Capitán
  • Segundo as normas da LFP, os xogadores do primeiro plantel deberán levar os dorsais do 1 ao 25. A partir do 26, serán xogadores do equipo filial.

Altas e baixas 2014/15[editar | editar a fonte]

Partido Deportivo-Xaén, (1-0), o 31 de maio de 2014, no que o Dépor acadou o ascenso a Primeira División no 2014.
Altas
Xogador Nacionalidade Posición Procedencia Tipo Custo
Fairytale up.png Roberto Canella
España
FootballPositionCT es.png
Sporting de Gijón
Cedido.
0€
Fairytale up.png José Rodríguez
España
FootballPositionMID es.png
Real Madrid
Cedido.
0€
Fairytale up.png Rudy
Flag of Portugal.svg
FootballPositionMID es.png
CF Os Belenenses
Regresa de cesión.
0€
Fairytale up.png Isaac Cuenca
España
FootballPositionFWD es.png
FC Barcelona
Libre.
0€
Fairytale up.png Diogo Salomão
Flag of Portugal.svg
FootballPositionFWD es.png
Sporting de Portugal
Cedido.
0€
Fairytale up.png Luis Fariña
Flag of Argentina.svg
FootballPositionFWD es.png
SL Benfica
Cedido.
0€
Fairytale up.png Lucas Pérez
Galicia
FootballPositionFWD es.png
PAOK FC
Cedido.
0€


Baixas
Jugador Nacionalidad Posición Destino Tipo Ingreso
Fairytale down red.png Carlos Marchena
España
FootballPositionCT es.png
Libre
Fin de contrato.
0€
Fairytale down red.png Antonio Núñez
España
FootballPositionMID es.png
Recreativo de Huelva
Fin de contrato.
0€
Fairytale down red.png Bryan Rabello
Flag of Chile.svg
FootballPositionMID es.png
Sevilla FC
Fin de cesión.
0€
Fairytale down red.png Ibrahim Sissoko
Costa do Marfil
FootballPositionFWD es.png
VfL Wolfsburg
Fin de cesión.
0€
Fairytale down red.png Diego Ifrán
Flag of Uruguay.svg
FootballPositionFWD es.png
Real Sociedad
Fin de cesión.
0€
Fairytale down red.png Luis Fernández
Galicia
FootballPositionFWD es.png
CD Lugo
Cedido.
0€

Goleadores históricos[editar | editar a fonte]

Máximos goleadores en Primeira División[editar | editar a fonte]

Xogador Partidos Goles
Flag of Brazil.svg Bebeto 131 86
Flag of the Netherlands.svg Makaay 133 79
España Tristán 179 77
Galicia Pahiño 72 46
Galicia Fran 435 44
Flag of Argentina.svg Franco 74 42
Galicia Tino 138 39
Flag of Brazil.svg Djalminha 137 38
España Riki 174 38
Flag of Brazil.svg Donato 303 38


Máximos goleadores en Europa[editar | editar a fonte]

Xogador Partidos Champions Goles Partidos UEFA Goles Partidos Recopa Goles Total partidos Total goles
Flag of the Netherlands.svg Makaay 29 12 8 3 - - 37 15
España Tristán 45 15 - - - - 45 15
Flag of Brazil.svg Bebeto - - 7 7 5 6 12 13
Flag of Uruguay.svg Pandiani 44 13 - - - - 44 13
Flag of Brazil.svg Djalminha 18 5 9 4 - - 27 9

Xogadores con máis participacións[editar | editar a fonte]

Xogadores con máis partidos en Primeira División[editar | editar a fonte]

Xogador Tempadas Partidos
Galicia Fran 14 (1991–2005) 435
Flag of Brazil.svg Mauro Silva 13 (1992-2005) 369
España Manuel Pablo 15 (1998- ) 341
Flag of Brazil.svg Donato 10 (1993-2003) 303
España Sergio 9 (2001-2010 ) 294
España Valerón 13 (2000-2013) 289
Galicia Acuña 13 (1941-1954) 231
España Romero 8 (1998-2006) 218
Flag of Serbia.svg Đukić 6 (1991-1997) 212
Flag of Morocco.svg Naybet 8 (1996-2004) 211

Xogadores con máis partidos en Europa[editar | editar a fonte]

Xogador Liga de Campións Copa da UEFA Recopa de Europa Total
Galicia Fran 43 17 6 66
Flag of Brazil.svg Mauro Silva 43 14 2 59
España Valerón 48 10 - 58
Flag of Argentina.svg Scaloni 52 5 - 57
España Romero 50 7 - 57
Flag of Morocco.svg Naybet 46 10 - 56
España Víctor 45 7 - 52
Flag of Brazil.svg Donato 26 17 7 50

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Galicia

Arxentina

España

Uruguai

Brasil

Bulgaria

Canadá

Camerún

Croacia

Guinea Ecuatorial

Francia

Inglaterra

Israel

Marrocos

México

Nixeria

Países Baixos

Paraguai

Perú

Portugal

República Checa

Rusia

Serbia

Suecia

Tunisia

Venezuela

Distincións individuais de futbolistas[editar | editar a fonte]

Pichichis[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Goles Partidos Notas
EN PRIMEIRA DIVISIÓN
1992–93 Flag of Brazil.svg Bebeto 29 37
2001–02 España Diego Tristán 21 34
2002–03 Flag of the Netherlands.svg Roy Makaay 29 38 Logrou a Bota de Ouro
EN SEGUNDA DIVISIÓN
1960–61 Galicia Veloso 24 24
1961–62 Galicia Amancio Amaro 27 26
1977–78 Galicia Alfonso Castro 24 34
1982–83 Galicia José Luis Vara 16 32


Zamoras[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Partidos Goles Promedio Notas
1941–42 Galicia Juan Acuña 26 37 1.42
1942–43 Galicia Juan Acuña 25 31 1.24
1949–50 Galicia Juan Acuña 22 29 1.31
1950–51 Galicia Juan Acuña 26 36 1.38
1953–54 Galicia Juan Ignacio Otero 25 35 1.40
1992–93 España Francisco Liaño 37 31 0.83 Igualado con Santiago Cañizares
1993–94 España Francisco Liaño 38 18 0.47 Promedio histórico máis baixo
1996–97 Flag of Cameroon.svg Jacques Songo'o 37 28 0.76


Bota de Ouro[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Goles Partidos
2002–03 Flag of the Netherlands.svg Roy Makaay 29 38


Premios Don Balón[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Premio
1992–93 Galicia Fran Mellor xogador español
Flag of Serbia.svg Miroslav Đukić Mellor xogador estranxeiro


Corpo técnico[editar | editar a fonte]

Cargo Técnico(s)
Secretario Técnico Ernesto Bello
Adestrador(es)
Preparador(es) físico(s) Manuel Pombo
Adestrador de porteiros Manuel Sotelo
Delegado Juan Ángel Barros Botana
Psicólogo Macario Bravo
Fisioterapeuta(s) Pablo López
Servizos Médicos
  • Carlos Lariño
  • José Ramón Barral
Encargado(s) do material
  • Jesús Méndez
  • Javier Rego

Últimos adestradores[editar | editar a fonte]

O adestrador Domingos Paciência renunciou ó posto na tempada 2012-2013.

O actual adestrador do Deportivo é o galego Fernando Vázquez, logo da renuncia de Domingos Paciência, técnico portugués que substituiu a metade da tempada 2012–13 a José Luis Oltra, que estivo unha tempada e parte da segunda no equipo.

Polo banquiño branquiazul tamén pasaron adestradores como Arsenio Iglesias, nado en Arteixo e que fora xogador do equipo. Grazas a el, o Deportivo subiu a Primeira división e gañou a súa primeira Copa do Rei. Era coñecido como "O zorro de Arteixo". E Javier Irureta, adestrador que gañou a única liga da historia branquiazul, a famosa e recordada Copa do Rei do Centenariazo (fronte o Real Madrid, na súa casa, o día que este club cumpría cen anos) e co que conseguiu cinco participacións consecutivas na Liga de Campións, sendo o único club español que o fixo, xunto co Real Madrid. Logo foi Joaquín Caparrós o que adestrou ó equipo durante dúas tempadas, antes da chegada de Miguel Ángel Lotina, que estivo catro anos no equipo, ata o seu descenso a Segunda División. Logo chegou José Luis Oltra, que dirixiu ao equipo en Segunda, proclamándose campión no seu primeiro ano e ascendendo novamente a Primeira. Os malos resultados nas primeiras xornadas da súa segunda tempada como adestrador levaron á súa destitución.

Adestrador Período Logros
Galicia Arsenio Iglesias 1992–1995
Gales John B. Toshack 1995–1997
Flag of Brazil.svg Carlos Alberto Silva 1996–1997
Galicia José Manuel Corral 1997–1998
España Javier Irureta 1998–2005
España Joaquín Caparrós 2005–2007
España Miguel Ángel Lotina 2007–2011
España José Luis Oltra 2011–2012
Flag of Portugal.svg Domingos Paciência 2012–2013
Galicia Fernando Vázquez 2013–


Presidencia[editar | editar a fonte]

Augusto César Lendoiro, presidente do club dende 1988 até 2014.

O Deportivo tivo 42 presidentes ao longo dos seus 107 anos de historia, o actual é Constantino Fernández Pico. Accedeu ao cargo o 21 de Xaneiro de 2014, obtendo una maioría absoluta co 72.09% dos votos, impóndose así a Manuel López Cascallar. O 24 de decembro de 2013, Lendoiro anunciou que non se presentaría á reelección como presidente. Tras o anuncio desta decisión, Augusto César Lendoiro, poñía fin a vinte e cinco anos de mandato ininterrompidos, o máis longo da historia do fútbol español.

Directiva[editar | editar a fonte]

Presidente: Constantino Fernández

Portavoz: Daniel Ramos

Director Económico: Enrique Calvete

Director Comercial e de Marketing: Juan José Jaén

Director Deportivo: Fernando Vidal

Director Social: Martín Pita

Orzamento[editar | editar a fonte]

Tempada 2006–07 2007–08 2008–09 2009–10 2010–11 2011–12 2012–13
Orzamento (millóns de €) 71,1 65 60 56 55 45 40


Fonte: Guía Marca 2012/13

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos estatais[editar | editar a fonte]

Copa do Rei gañada en 1995.

Torneos continentais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Copa Coruña-Deportivo, trofeo amigábel disputado en 1913 entre o R.C. Deportivo e o R.C. Coruña.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Seareiros[editar | editar a fonte]

O Deportivo é o noveno equipo en número de afeccionados en España, cun 2,2% do total, segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.[5] Durante a tempada 2011-2012 o Deportivo superou a cifra de 25.000 socios[50], sendo con diferenza o equipo de segunda division con máis socios.

Peñas[editar | editar a fonte]

Peñas (2003)
País Número de peñas
Galicia Galicia 244
España España 18
Suíza Suíza 9
Flag of the United States.svg Estados Unidos 4
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido 2
Flag of Venezuela.svg Venezuela 2
Alemaña Alemaña 1
Flag of Argentina.svg Arxentina 1
Australia Australia 1
Bélxica Bélxica 1
Flag of Brazil.svg Brasil 1
Francia Francia 1
Flag of Mexico.svg México 1
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1

O Deportivo ten numerosas peñas tanto na cidade da Coruña, como en Galicia, no Estado español e tamén no estranxeiro, sendo o equipo galego con máis socios, peñas e representantes en todo o mundo. En 2003 tiña un total de 287 peñas: 244 en Galicia (211 na provincia da Coruña), 18 no resto de España, 15 no resto de Europa, 9 en América e 1 en Australia[51]. O número de penas foi aumentando notablemente desde 1952 cando se fundou a primeira delas. Sobre todo cabe destacar o aumento a finais do século XX, xa que en 1988 había 7 peñas, en 1995 xa eran 118, e no ano 2000 superáronse as 200 ata chegar ás 287 de 2003. Non obstante, en abril de 2012, durante a súa estancia na segunda división, a web do club amosaba que a cifra de peñas baixara ata as 156.[52]

O conxunto de peñas están organizadas, desde 1998, na Federación de Peñas do Deportivo que adoita organizar unha feira anual adicada a actos relacionados co club.

A peña máis importante por presencia nas bancadas (bandeiras, cántigas, murais, etc.) e número de socios é a dos Riazor Blues.

Riazor Blues[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Riazor Blues.

É a peña máis animada do Estadio de Riazor e coas súas cancións, bandeiras e demáis actos consigue tirar sempre do resto da bancada en tódolos partidos. O grupo formouse en 1987 e, a pesar de ser incluído como grupo ultra polo Ministerio do Interior de España, caracterízase polo seu comportamento habitualmente pacífico e por unha ideoloxía esquerdista, fundamentalmente antifascista. É unha das peñas máis numerosa de España, con mais de 2.000 integrantes.

Canteira[editar | editar a fonte]

Fabril[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deportivo da Coruña B.

O filial do Deportivo é o Deportivo da Coruña B. Foi fundado en 1914 co nome Fabril Foot-ball Club, sendo orixinariamente un club independente, mantendo dende 1948 un convenio de asociación co Real Club Deportivo. En 1963, converteuse no filial, adoptando o nome Fabril Deportivo, e tamén nese mesmo ano, fusionouse co Deportivo Xuvenil –club que tamén tivera un convenio de asociación co Real Club Deportivo ata ese momento–. En 1993, mudou o seu nome polo de Deportivo da Coruña B. A pesar da súa denominación actual, tradicionalmente se lle segue a chamar Fabril. O 21 de febreiro de 2014 cumpliu 100 anos de historia[53].

Milita na Terceira División. Xogou 9 tempadas en Segunda B, onde acadou o 3º posto nunha ocasión e o 4º noutras dúas tempadas, xogando tres promocións de ascenso nas que caeu eliminado. Ocupa o 21º posto na Clasificación histórica de filiais.

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

O Deportivo conta con dous equipos xuvenís, dous cadetes, dous infantís e dous alevíns. O Xuvenil A foi campión nunha ocasión da Copa de Campións Xuvenil (1995–96) e en tres ocasións da División de Honra Xuvenil (1995–96, 2007–08 e 2009–10). O Xuvenil B gañou en seis ocasións a Liga Nacional Xuvenil (1997–98, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10 e 2012–13).

Outras seccións[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, o Deportivo ten contado con outras seccións deportivas, coma as de fútbol feminino (gañadora do Campionato de España en varias ocasións), fútbol indoor (gañadora de Liga e Copa), atletismo (con máis de 125 trofeos), hóckey a patíns (con máis de 60 trofeos), xadrez (con arredor de 25 trofeos), ciclismo ou traiñas, entre outras[54][55]. A meirande parte destas seccións atópanse desaparecidas, agás a de fútbol indoor.

Fútbol feminino (Karbo Deportivo)[editar | editar a fonte]

O Karbo Deportivo foi o equipo de fútbol feminino do Deportivo durante a década de 1980, na que conquistou varias veces o Campionato de España.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fútbol indoor[editar | editar a fonte]

O ano 2008 o Deportivo inaugurou, xunto cos outros 8 equipos que conquistaran a liga de fútbol nalgunha ocasión, a Liga española de fútbol indoor, cun equipo formado por xogadores veteranos. O equipo está formado por grandes xogadores que pasaron polo Deportivo, como Fran, Djalminha, Naybet, Songo'o ou Manjarín.

Na primeira edición desta liga o Deportivo foi campión e na segunda tempada quedou segundo. Na última, a 2009-10, volveu conseguir o título de liga. Nestes tres anos o equipo só perdeu nunha ocasión contra o FC Barcelona.[56]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Deportivo descende logo de 20 tempadas seguidas en Primeira
  2. O Depor, cuarto na clasificación acumulada dos últimos 19 anos (1991-2009)
  3. Ránking da IFFHS, consultado o 14-07-10.
  4. 4,0 4,1 O club do século en Europa. IFFHS.
  5. 5,0 5,1 CIS. Barómetro de mayo 2007
  6. Buscador de peñas deportivistas. (en castelán)
  7. "El Dépor es de Primera"
  8. "Un Deportivo de récord"
  9. Presentadas as equipacións do Dépor 2014-2015
  10. O deportivismo, unha afición cos pés no chán
  11. A polos 32.000 socios
  12. 12,0 12,1 Spanish Primera División - Attendance - 2012/2013 (en inglés)
  13. Novo estadio: o Guggenheim coruñes
  14. “Xogámonos a vida co Mundial de 2018”
  15. O Concello, disposto a construír un novo Riazor para 45.000 espectadores
  16. Novo Riazor, a medias.
  17. http://www.canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.Noticias?accion=4&ver=1&nid=26935&mid=12 Socios a 03/12/2013
  18. Clasificación histórica de la liga. Alsolano CHA.
  19. "El Celta venció por 4-3, pero la Copa Galicia se fue para La Coruña" (en castelán). El pueblo gallego nº 7.287. 24 de diciembre de 1946. p. 3. http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1111305&presentacion=pagina&posicion=3.
  20. 20,0 20,1 "Historia del Real Club Deportivo (1904-1923)" (en castelán). El Ideal Gallego nº 1.864. 19 de agosto de 1923. p. 12. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1083868&presentacion=pagina&posicion=12.
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 "Historia del Real Club Deportivo (1904-1923)" (en castelán). El Ideal Gallego nº 1.864. 19 de agosto de 1923. p. 13. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1083868&presentacion=pagina&posicion=13.
  22. Deportivo y Sporting de Gijón, con sus alineaciones de gala
  23. Después de muchos años ¡el Deportivo obtiene superávit!
  24. "Desenlace en la Copa Galicia" (en castelán). El Pueblo Gallego nº 4.020. 30 de junio de 1936. p. 5. http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1108425&presentacion=pagina&posicion=5.
  25. "El Pontevedra goleó al Deportivo en Pasarón (5-0). Con este resultado los granates se adjudicaron la Copa Galicia" (en castelán). El pueblo gallego nº 14.861. 20 de mayo de 1966. p. 13. http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1116535&presentacion=pagina&posicion=13.
  26. "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2-2)" (TIFF). Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76. 7 de xullo de 1947. http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1004578&presentacion=pagina&posicion=3.
  27. Canaldeportivo.com - Hitos en la historia del club
  28. RSSSF. "Trofeo Conde de Fontao". http://www.rsssf.com/tablesc/condefontao.html.
  29. RSSSF. "Trofeu Ibérico (Copa Ibérica)". http://www.rsssf.com/tablesi/iberica.html.
  30. "Copa Coruña-Deportivo" (en castelán) (PDF). El Mundo Deportivo nº 371. 20 de febreiro de 1913. p. 5. http://hemeroteca-paginas.mundodeportivo.com/EMD02/HEM/1913/02/20/MD19130220-005.pdf.
  31. RSSSF. "Torneo Triangular de Caracas 1976". http://www.rsssf.com/tablest/tri-caracas76.html.
  32. RSSSF. "Trofeo Presidente - Ciudad de Oviedo". http://www.rsssf.com/tablesp/presidente-oviedo.html.
  33. RSSSF. "Trofeo Ciudad de Santa Cruz de Tenerife". http://www.rsssf.com/tablesc/cd-tenerife.html.
  34. Deportivo vs Bayern Münich (7-0) (14-8-1995)
  35. RSSSF. "Trofeo Joma". http://www.rsssf.com/tablesj/joma.html.
  36. "Lassad vuelve a caer" (en castelán). La Opinión A Coruña. 13 de agosto de 2010. http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2010/08/13/lassad-vuelve-caer/410306.html.
  37. "La goleada del Dépor no traumatiza al Negreira" (en castelán). La Voz de Galicia. 29 de xullo de 2011. http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/07/29/0003_201107S29C109910.htm.
  38. "Tarde de sol, fiesta y fútbol en As Pontes" (PDF). DEPOR Sport. 31 de julio de 2011. http://www.canaldeportivo.com/deportienda/deporsport/contenido/2011/07/31/6/3.
  39. CanalDeportivo. "Primer test de pretemporada en Viveiro". http://www.canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.Noticias?accion=4&ver=1&nid=23703&mid=12.
  40. "Romay da el triunfo al Deportivo contra el Oviedo en Ribadeo" (en castelán). Marca. 6 de agosto de 2013. http://www.marca.com/2013/08/06/futbol/equipos/deportivo/1375822465.html.
  41. Medalla de Ouro de Galicia en canaldeportivo.com
  42. El Deportivo recibe la medalla de oro de A Coruña - Marca (en castelán)
  43. Medalla de Ouro da Universidade da Coruña en canaldeportivo.com
  44. Historia do R.C.Deportivo da Coruña, os mellores anos (2/2)
  45. "Ha sido concedida al Sevilla la Copa Foronda" (en castelán) (PDF). ABC. 14 de agosto de 1952. p. 20. http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1952/08/14/020.html.
  46. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol (en castelán)
  47. noticias.info (17 de xullo de 2008). "DEPORTIVO: Un Dépor-Real Madrid en Riazor abre el telón de la Liga" (en castelán). http://www.noticias.info/2008-07-17/news-137405-source-2-deportivo-un-depor-real-madrid-en-riazor-abre-el-telon-de-la-liga.
  48. "La afición del Depor recibirá el premio al 'Jugador nº 12'" (en castelán). Marca. 18 de abril do 2012. http://www.marca.com/2012/04/18/futbol/equipos/deportivo/1334744744.html.
  49. "La afición del Deportivo, premio 'Jugador número 12'" (en castelán). LFP. 31 de maio de 2014. http://www.lfp.es/noticias/la-aficion-del-deportivo-premio-jugador-numero-12.
  50. ¡25.004 socios blanquiazules! (en castelán)
  51. Web do Deportivo. Afición. Peñas
  52. Buscador de peñas deportivistas. (en castelán)
  53. El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo
  54. As seccións deportivas do Deportivo
  55. Carlos Fernández Santander, Vicente Leirachá (1992). Historia del Real Club Deportivo de La Coruña. La Voz de Galicia.
  56. O Deportivo conquista por segunda vez a Liga de Fútbol 'Indoor'
  57. O Dépor proclámase campión goleando (8-21) ó Valencia"
  58. Super-Dépor Campión
  59. ¡Campeonísimos!, Riazor.org, 19/06/2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deportivo da Coruña