Emilio Viqueira
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Emilio José Viqueira Moure | ||
| Nacemento | 20 de setembro de 1974 (37 anos) | ||
| Lugar | Santiago de Compostela, Galicia | ||
| Altura | 1,83 | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Deportivo da Coruña | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1995–2000 | Deportivo B | 77 | (8) |
| 1995–1998 | Deportivo da Coruña | 26 | (0) |
| 1998 | → Campomaiorense (cedido) | 18 | (3) |
| 2000–2002 | Xerez | 63 | (4) |
| 2002–2007 | Recreativo | 159 | (12) |
| 2007–2008 | Levante | 9 | (1) |
| 2008 | → Xerez (cedido) | 20 | (3) |
| 2008–2010 | Xerez | 50 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1990 | España sub-16 | 2 | (0) |
| 1992 | España sub-18 | 1 | (0) |
| 2005–2008 | Galicia | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez CD, equipo no que actualmente desempeña o labor de director deportivo.
Índice |
[editar] Biografía
Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.
Xa ao ano seguinte, a tempada 2003/04 e á 2004/05 o xogador continua no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.
A tempada 2005/06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.
A tempada 2006/07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva revelación do campionato.
Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso polo Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha salida no mercado de inverno e regresa como cedido ao CD Xerez.
[editar] Persoal
Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.
[editar] Palmarés
- Subcampión del Trofeo Colombino 2002 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión de la Copa do Rei 2003 co Recreativo de Huelva.
- Campión do Trofeo Colombino 2003 co Recreativo de Huelva.
- Campión do Trofeo Colombino 2004 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión do Trofeo Colombino 2005 co Recreativo de Huelva.
- Campión de Segunda División de la Temporada 2005/06 co Recreativo de Huelva.
- Subcampión do Trofeo Colombino 2006 co Recreativo de Huelva.
[editar] Éxitos personais e outros méritos
- Xogador da Selección Galega de fútbol dende 2005.
- Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.
- Foi capitán na súa etapa no Real Club Recreativo de Huelva.