Orquestra Sinfónica de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquestra Sinfónica de Galicia
Orquesta sinfonica de galicia.jpg

Trailer da OSG.
Alcume OSG
País Galicia Galicia
Cidade A Coruña
Teatro Pazo da Ópera
Anos de actividade Dende 1992
Tipo de formación Orquestra sinfónica
Xénero Música sinfónica, ópera
Enderezo Palacio da Ópera
15004 A Coruña
Fundador Concello da Coruña
Membros actuais Víctor Pablo Pérez (director)
Jesús López Cobos (principal director invitado)
Circunstancias de creación
1992
Efectivo ~90 músicos
Distincións honoríficas Premio da Cultura Galega
Sitio web Sitio web oficial

A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) foi creada en 1992 polo Concello da Coruña. Ten a súa sede no Pazo da Ópera coruñés.

Índice

Historia e características [editar]

É unha das agrupacións orquestrais de maior proxección de España. Víctor Pablo Pérez foi o seu director titular dende 1993 ata a tempada 2012-13. Dende a tempada 2013-14, Dima Slobodeniouk ocupará o cargo de director musical da orquestra coruñesa. A OSG foi a orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro dende 2003 até 2005 e do Festival Mozart da Coruña dende que se creou en 1998.

Levou a cabo xiras por Alemaña e Austria, e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos de España.

Na súa discografía para selos coma EMI, Koch, Naïve, BMG e Arts figuran nomes coma os de Peter Maag, Antônio Meneses, Manuel Barrueco (con quen foi proposta para o premio Grammy no 2007 polo mellor ábum clásico do ano), María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles entre outros.

No 2013 a OSG entrou no catálogo do selo alemán Deutsche Grammophon coa gravación da zarzuela Cádiz de Chueca e Valverde, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez.

A Orquestra Sinfónica de Galicia creou, á súa vez, o Coro da OSG, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral, os Nenos Cantores da OSG e o Coro Novo da OSG.

Estreas [editar]

Tempada Data Compositor Composición Director
2007–08 11-01-2008 Wladimir Rosinskij Cello Concerto Tuomas Ollila
04-04-2008 Joam Trillo Festa na lembrança Rubén Gimeno
2008–09 13-03-2009 Sergio Moure de Oteyza Admonitum Víctor Pablo Pérez
17-04-2009 Eduardo Soutullo They Hear no Answering Strain Josep Pons
24-04-2009 Antoni Ernest Sebastià Angelus Novus José Ramón Encinar
2009–10 13-11-2009 Fernando Alonso Suite latinoamericana Miguel Harth-Bedoya
19-02-2010 Juan Vara Noche más allá de la noche Pablo González
23-04-2010 Tomás Marco Symphony No. 9 'Thalassa' Víctor Pablo Pérez
2010–11 11-02-2011 Fernando Buide Antiphones Pietari Inkinen
18-06-2011 Octavio Vázquez Ewiges blaues licht Víctor Pablo Pérez
2011–12 05-11-2011 Fernando Alonso Diálogos en la penumbra Pietro Rizzo
11-11-2011 David Vayo Wellspring Michal Nesterowicz
18-11-2011 Fernando Buide Lingua de escuma Miguel Harth-Bedoya
2012–13 19-10-2012 Federico Mosquera Three Symphonic Movements Víctor Pablo Pérez
26-10-2012 Eligio Vila Symphonic Meditations Guillermo García Calvo
05-01-2013 Wladimir Rosinskij Taimyr Pietro Rizzo
01-02-2013 Javier Martínez Campos Cliffs of Moher Josep Pons

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]