Aalborg Boldspilklub

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aalborg BK
Nome Aalborg Boldspilklub
Fundación 13 de maio de 1885
Estadio Energi Nord Arena,
Aalborg, Dinamarca Dinamarca
Inauguración 1960
Capacidade 16.000
Presidente Dinamarca Lynge Jakobsen
Adestrador Flag of Sweden.svg Martin Jol
Liga SAS Ligaen
2009-10
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Aalborg Boldspilklub, tamén coñecido como Aalborg BK ou AaB, é un club polideportivo de Dinamarca, da cidade de Aalborg. Foi fundado en 1885 e posúe seccións de fútbol, hóckey sobre xeo e balonmán, todas elas competindo en máxima categoría das respectivas ligas do seu país.

Fútbol[editar | editar a fonte]

A sección de fútbol do Aalborg Boldklub creouse, como equipo amateur, en 1902. A tempada 1928/29 debutou na primeira división da liga danesa, e mantívose no máximo nivel ata 1947. Regresou á máxima categoría en 1963 e mantívose nela desde entón, salvo algún breve paréntese xogar en segunda división (1972, 1978 e 1981-1986).

En 1966 logrou o seu primeiro título, a Copa de Dinamarca, tras superar ao KB por 3-1 na prórroga. Repetiría final ao ano seguinte, aínda que nesa ocasión superoulle pola mínima o Randers Freja. Tan só tres anos despois, en 1970, conquistaba a súa segunda copa derrotando por 2-1 ao Lyngby BK na final.

A tempada 1994/95 gañou o seu primeiro título de liga. O equipo estaba dirixido por Poul Erik Andreasen e tiña como xogador máis destacado ao dianteiro Erik Bo Andersen, que foi máximo goleador da liga con 24 tantos. O título permitiu tamén ao AaB debutar na Liga de Campións da seguinte tempada. Aínda que inicialmente o Aalborg foi eliminado na primeira rolda polo Dinamo de Kiev, posteriormente foi repescado tras a descualificación do club ucraíno, implicado nun escándalo de subornos. Deste xeito, o Aalborg converteuse no primeiro club danés en participar na fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. A pesar de lograr unha vitoria por 2-1 sobre o Panathinaikos FC (equipo que logo chegaría ata semifinais) e un empate ante o campión portugués, o Porto, o Aalborg acabou último do seu grupo e foi eliminado.

A pesar da marcha da súa maior promesa, Jesper Grønkjær, o verán de 1998, a tempada 1998/99 o AaB proclamouse novamente campión da SAS Ligaen. O equipo estaba dirixido polo técnico sueco Hans Backe e tiña como xogadores máis destacados ao porteiro Jimmy Nielsen, o medio Stålle Solbakken e o dianteiro Søren Frederiksen, máximo goleador do equipo con 17 goles. Esa mesma tempada quedou ás portas do dobrete, ao perder a final de copa por 2-1 ante o AB.

Desde entón e ata a data a súa mellor actuación ligueira foi un terceiro posto logrado a tempada 2006/07, na que se destacou o seu dianteiro sueco Rade Prica, máximo anotador da competición.

Na tempada 2007/2008 conseguiu alzarse de novo coa SAS Ligaen e conseguir o seu terceiro título ligueiro.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2009/10[editar | editar a fonte]

Actualizado a 22 de setembro de 2009.

Posto País Xogador
1 POR Flag of Morocco.svg Karim Zaza
2 DEF Dinamarca Michael Jakobsen
3 DEF Flag of Norway.svg Kjetil Wæhler
5 DEF Dinamarca Kenneth Emil Petersen
6 MED Flag of Syria.svg Louay Chanko
7 MED Dinamarca Anders Due
8 MED Flag of Sweden.svg Andreas Johansson
10 DIA Dinamarca Jeppe Curth
11 DIA Flag of Norway.svg Daniel Fredheim Holm
14 MED Dinamarca Rasmus Würtz
15 MED Flag of Costa Rica.svg Dennis Marshall
16 DEF Dinamarca Kasper Bøgelund
17 DIA Flag of the United States.svg Chris Rolfe
Posto País Xogador
19 DIA Flag of the United States.svg Marcus Tracy
20 DIA Dinamarca Henrik Dalsgaard
24 DEF Dinamarca Jens-Kristian Sørensen
25 DEF Dinamarca Michael Sten
26 DEF Dinamarca Jakob Ahlmann Nielsen
27 MED Dinamarca Patrick Kristensen
28 MED Dinamarca Emil Haucke
29 POR Flag of Sweden.svg Abbas Hassan
30 MED Dinamarca Mathias Wichmann
31 DEF Dinamarca Lasse Nielsen
32 DIA Dinamarca Ronnie Schwartz
36 MED Dinamarca Daniel Christensen

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]