Bergantiños Fútbol Club
| Nome | Bergantiños Fútbol Club | ||
|---|---|---|---|
| Alcume(s) | Bergan | ||
| Fundación | 1923 | ||
| Estadio | As Eiroas, Carballo, A Coruña |
||
| Capacidade | 4.000 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | 3ª – Grupo 1 | ||
| 2011–12 | 13º | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Bergantiños Fútbol Club é un equipo de fútbol de Carballo (A Coruña). Foi fundado en 1923 e actualmente xoga no Grupo 1 da Terceira División. Disputa os seus partidos como local no Estadio As Eiroas da capital bergantiñá.
Índice |
Historia [editar]
Inicios do fútbol en Carballo [editar]
Contra o ano 1920 existían en Carballo seis equipos das barriadas que disputaban os seus encontros no campo situado no terreo que actualmente ocupa a casa do concello carballés. Con "Amistad obrera", "Galicia", "Fortuna", "Huracán", "Español" e "Bergantiños" comezaba a nacer unha importante afección polo fútbol.
Foi en 1923 cando un grupo de entusiastas carballeses, incondicionais das tertulias vespertinas do café "La Terraza" -actual casino- decidiron crear o primeiro club de fútbol federado da comarca de Bergantiños. Bautizóuselle co nome de "Bergantiños F.C." e foi o seu primeiro presidente Luciano Regueiro Pumpido, rexistrador da propiedade en Carballo.
Sucederon a Luciano Regueiro na presidencia do Bergantiños, Ricardo Quiroga e Manuel Mariño, entre outros. O fútbol, acadaba entre os veciños de Carballo e a súa comarca unha grande popularidade. Mais o comezo da Guerra Civil Española dou ao traste co ascenso do fútbol carballés. Durante os tres anos de guerra quedou paralizada toda a actividade deportiva por prohibición das autoridades.
Logo do 39, nova etapa [editar]
Unha vez finalizada a guerra, Constantino Velo García, "Tino", coa axuda de Siro Piñón e Ruperto Navaza, devolven ao Bergantiños a súa actividade, incorporando ás súas filas xogadores dos equipos de barrio, coma o "Rayo" e o "Imperial". Na tempada 1947-48, lóitase por primeira vez polo ascenso a terceira división. No partido de ida vencía en Carballo ao "Turista de Vigo" por 7-1, mais no choque de volta perdíase por 7-0. Houbo daquela moitas suspicacias sobre a venta dalgún xogador. A segunda tempada que se xogou o ascenso foi na 1952-53 e novamente o verdugo foi o Turista. O resultado en Carballo foi 2-2, e en Vigo 7-2.
O primeiro e único equipo filial do Bergantiños, o "Bergantiños Atlético", creose na tempada 1964-65. Militou na Liga da Costa ata a súa desaparición en 1968.
Copa Galicia [editar]
A primeira "Copa Galicia" logrouse na tempada 1968-69. O Bergan vencía na final ao Turista por 4-0 en Carballo e 6-4 en Vigo. Máis recentemente, na tempada 1984-85, o equipo carballés acada novamente a "Copa Galicia" nesta ocasión, os carballeses enfrontáronse ao Meirás, ao que venceron en Carballo por 3-0, perdendo por 1-0, no campo "Ismael Prieto" de Meirás.
Foi precisamente na tempada 1984-85 cando ao Bergantiños chegoulle de novo a oportunidade de loitar polo ascenso a 3ª división; 32 anos pasaran dende o segundo e último intento errado.
Ascenso a Terceira División [editar]
Na tempada 1984-85, tras unha loita tenaz e sen cuartel, chegouse ao final da competición cun triplo empate entre o Flavia, Sp Sada e Bergantiños: 59 puntos e 21 positivos. Mais o mellor "gol-average" de Flavia e Sp Sada convérteos respectivamente en acredores do título e do dereito a disputar a promoción. O Bergantiños quédase, de novo, ás portas.
O ascenso a 3ª División chegou na tempada 1985-86. Houbo que agardar 63 anos dende a fundación do equipo.
Na seguinte tempada o Bergantiños consegue un cuarto posto na terceira division que lle da a oportunidade de xogar a fase de ascenso a segunda B.
Traxectoria [editar]
- Tempadas en 2ªB: 1
- Tempadas en 3ª: 15 (Incluída a 2011/12)
- Participacións na Copa do Rei: 6 (1987-88, 1988-89, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1994-95)
- Mellor posto na liga: 1º Terceira División (1993-94)
- Peor posto na liga: 19º Terceira División (1994-95)
Historial na liga [editar]
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 1988/89 | 2ªB | 20º |
| 1989/90 | 3ª | 4º |
| 1990/91 | 3ª | 2º |
| 1991/92 | 3ª | 4º |
| 1992/93 | 3ª | 13º |
| 1993/94 | 3ª | 1º |
| 1994/95 | 3ª | 19º |
| de 95-96 | Rexional | — |
| a 01-02 | Rexional | — |
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| 2002/03 | 3ª | 15º |
| 2003/04 | 3ª | 10º |
| 2004/05 | 3ª | 12º |
| 2005/06 | 3ª | 11º |
| 2006/07 | 3ª | 18º |
| 2007/08 | Preferente | 6º |
| 2008/09 | Preferente | 2º |
| 2009/10 | 3ª | 14º |
| 2010/11 | 3ª | 14º |
| 2011/12 | 3ª | 13º |
| 2012/13 | 3ª | 1* |
Palmarés [editar]
- Terceira División Española (1): 1993-94
- Subcampión da Terceira División Española (1): 1990-91
- Preferente Autonómica (2): 1985-86, 2001-02
- Primeira Rexional (5): 1947-48, 1948-49, 1951-52, 1982-83, 1998-99
- Copa de Galicia (2): 1968-69, 1984-85
- Copa Deputación da Coruña (1): 2002-03
- Subcampión da Copa de A Coruña (1): 1981-82
- Torneo de Nadal A Coruña (1): 1951-52
Xogadores famosos [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||