Ángel Lafita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Imanol Lafita Castillo»)
Ángel Lafita
Información persoal
Nome Ángel Lafita Castillo
Nacemento 7 de agosto de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Zaragoza
Altura 1,88 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Al Jazira
Número 97
Carreira xuvenil
Zaragoza
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 Zaragoza B 25 (22)
2005–2008 Zaragoza 41 (1)
2007–2008Deportivo (cedido) 24 (3)
2008–2009 Deportivo da Coruña 33 (8)
2009–2012 Zaragoza 91 (10)
2012–2016 Getafe 84 (14)
2016– Al Jazira 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de maio de 2016.
editar datos en Wikidata ]

Ángel Lafita Castillo, nado en Zaragoza o 7 de agosto de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Al Jazira Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A maior parte da súa carreira deportiva está ligada ao Real Zaragoza onde debutou na xornada 1ª da tempada 2005−06, nun partido que enfrontaba ao Atlético de Madrid e ao Real Zaragoza (0−0). Familiarmente tamén está relacionado con outros dous ex zaragocistas, pois é fillo de Juan Ángel Lafita Garrido e sobriño de Francisco Javier Pérez Villarroya. O seu irmán, Ignacio, tamén é futbolista.

As súas condicións como xogador son as dunha torre de case 1,90 metros, gran velocidade e moira chegada á área. No ano 2007, Lafita foi traspasado ao Deportivo da Coruña, gardándose o Real Zaragoza unha opción de recompra para as tres seguintes tempadas.

Durante a súa primeira tempada no Dépor, e tras realizar unha discreta primeira volta, firmou grandes actuacións contra diversos clubs que conseguiron que adquirise o recoñecemento da afección. Na segunda volta marcou tres goles máis. Na súa segunda campaña como branquiazul, despois de superar unha apendicite volveu marcar un gol contra o Valencia CF e na xornada seguinte contra o Numancia. Máis tarde marcaría dous goles máis fronte ao Real Betis.

Na tempada 2008−09 foi clave nos esquemas de Miguel Ángel Lotina, converténdose, a final de tempada, no máximo goleador do equipo coruñés con 8 tantos. Tras as súas destacadas actuacións na Liga BBVA o seleccionador nacional, Vicente del Bosque, planteouse convocalo para a selección española. Clubs importantes como o Liverpool FC ou o Atlético de Madrid seguiron durante a tempada detalladamente a progresión de Ángel Lafita de cara a unha futura incorporación.

O 31 de agosto de 2009, a falta duns minutos para o peche do mercado de fichaxes, o Real Zaragoza fixo efectivo un pago de 2 millóns de euros polo xogador para exercer a súa opción de recompra, pero o Deportivo negouse a traspasalo alegando que o pago debía ser de 3,5 millóns de euros máis IVE. Isto provocou o enfrontamento entre as directivas de ambos clubs que interpretaban dita cláusula de diferente xeito tanto nas datas como nas cantidades que se debían aboar. O 15 de setembro a LFP decidiu que o Real Zaragoza era o club que tiña de forma provisional os dereitos sobre o xogador, aínda que non especificou en primeira instancia o custo final que tería a operación, que era o principal desacordo entre os dous clubs. Tras o recurso presentado polo Deportivo ante o comité de licenzas da LFP, este decidiu finalmente o 28 de setembro darlle definitivamente a razón ao Real Zaragoza, e o xogador foi presentado no estadio de La Romareda ao día seguinte.

O 29 de maio de 2012 o presidente do Getafe CF Ángel Torres anunciou a fichaxe de Lafita cun contrato por catro anos.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]