Álex Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álex Bergantiños
Información persoal
Nome completo Alejandro Bergantiños García
Nacemento 7 de xuño de 1985 (26 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 24
Carreira xuvenil
1993–2002 Imperátor
2002–2004 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
2004–2008 Deportivo B 38 (3)
2008– Deportivo da Coruña 28 (2)
2008–2010 Xerez (cedido) 57 (1)
2010–2011 Granada (cedido) 6 (0)
2011 Nàstic (cedido) 22 (1)
Selección nacional
2008 Galicia 1 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 11 de marzo de 2012.
† Aparicións (Goles)

Alejandro "Álex" Bergantiños García, nado o 7 de xuño de 1985 na Coruña, é un futbolista galego. Xoga de mediocentro defensivo e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.

Índice

[editar] Traxectoria

Natural do barrio coruñés da Sagrada Familia, a súa posición natural no campo é a de mediocentro defensivo e distribuidor de xogo. Formouse nas categorías inferiores do Deportivo e entre 2004 e 2008 xogou no Deportivo B. As súas boas intervencións co filial abríronlle as portas para asinar un contrato profesional co Deportivo. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Xerez CD de Segunda División, facendo unha boa campaña e logrando o ascenso a Primeira División. Ese ano xogou un total de 548 minutos distribuídos en 19 partidos.

Na tempada 2009–10 foi cedido novamente ao Xerez, dubutando en Primeira División o 30 de agosto de 2009, xogando os derradeiros 30 minutos dun partido que enfrontaba ao Xerez co RCD Mallorca e que rematou con derrota (2–0). Facendo unha mala campaña, o Xerez foi descendido a Segunda División quedando na última posición da táboa. Tras rematar a súa cesión no Xerez, o 14 de xullo de 2010 anunciouse unha nova cesión, esta vez ao Granada CF.[1]

O 10 de xaneiro de 2011 anunciouse unha nova cesión, esta vez ao Gimnàstic de Tarragona, até a fin da tempada 2010–11.[2]

[editar] Selección galega

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Irán disputado no estadio de Riazor o 27 de decembro de 2008, que finalizou con vitoria para os irmandiños (3–2).

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas