Manuel Marquínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marquínez
Información persoal
Nome Manuel Marquínez Vallejo
Nacemento 31 de outubro de 1916
Lugar de nacemento Sestao
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1934–1935 Lagun Artea
1935–1936 Iturrigorri
1936–1937 Erandio
1943–1953 Deportivo da Coruña 144 (48)
1950–1951 Racing de Ferrol 18 (11)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Marquínez Vallejo, nado en Sestao (Biscaia) o 31 de outubro de 1916, foi un futbolista español. Xogaba de extremo dereito e destacou principalmente no Deportivo da Coruña, no que xogou durante unha década.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Lagun Artea de Sestao, pasando logo ao Iturrigorri. Na tempada 1936/37 xogou no Erandio, pero durante a guerra civil foi mobilizado, tendo que deixar o fútbol durante seis anos.[1] En 1942 foi destinado a Ferrol, onde xogaba ao fútbol co equipo de Artillaría de Costa número 42, gañando en 1943 o Campionato Rexional Militar. Alí fixouse nel o Deportivo da Coruña, que acabou por fichalo.[2]

Debutou na Primeira División na xornada 1 da tempada 1943/44 contra o Real Madrid no Campo de Riazor, nun partido que acabou en empate a dous goles. Xogou durante unha década no Deportivo, vivindo dous descensos e dous ascensos, e proclamándose subcampión de liga na tempada 1949/50, con Scopelli no banco. Disptuou un total de 154 partidos oficiais co club coruñés, marcando 51 goles. Na tempada 1950/51 saíu cedido ao Racing de Ferrol, en Segunda División, co que marcou 11 goles en 18 partidos.

Retirouse no Deportivo en 1953, e continuou vivindo na Coruña, onde rexentou un bar durante anos.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Figuras deportivistas. Manuel Marquínez Vallejo". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 1943. p. 4. 
  2. "Un extremo derecho para el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de xullo de 1943. p. 2. 
  3. "El Deportivo llevará 15 jugadores a Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xaneiro de 1955. p. 5. 
  4. "Marquínes: Un "obús" en la derecha". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de marzo de 1971. p. 17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]