Selección de fútbol de Galicia
| Galicia | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Federación Galega de Fútbol | ||
| Confederación | {{{Confederación}}} | ||
| Código FIFA | |||
| Alcume | Os irmandiños | ||
| Ranking FIFA | {{{Ranking}}} | ||
| Seleccionador | Arsenio Iglesias Fernando Vázquez |
||
| Máis partidos | |||
| Máximo goleador | |||
| Estrea internacional Galicia 4 - 1 Castela Coia, Vigo; 19 de novembro de 1922 |
|||
| Maior vitoria Galicia 9 - 0 CD Paraguayo Santiago; 26 de decembro de 2009 |
|||
| Maior derrota Galicia 1 - 3 Asturias 25 de febreiro de 1923 |
|||
A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA.
Índice |
[editar] Historia
[editar] As primeiras seleccións
O 19 de novembro de 1922 a selección galega de fútbol gañáballe 4-1 a Castela no campo vigués de Coia. O equipo titular da estrea estaba formado por Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Balbino Clemente, Hermida, Moncho, Ramón González, Chiarroni, Polo, e Pinilla. Polo marcou o 1-0. Empatou Castela cun gol de Monjardín. Polo adiantou de novo á selección galega. Pinilla de penalti marcou o 3-1 e Ramón fixo o cuarto tanto galego.
A estrea internacional do equipo galego tivo lugar o 7 de xaneiro de 1923. Galiza enfrontouse a unha selección lisboeta vencendo por 3-1. Por Galiza xogaron: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. A selección gañou 3-1, con dous goles de Polo e un de Reigosa.
| Selección galega - Amigable contra Castela (1922) | ||
|---|---|---|
|
Isidro | Otero | Pasarín | Queralt | Balbino | Hermida | Moncho | Ramón González | Chiarroni | Polo | Pinilla |
||
O 14 de xaneiro de 1923 a selección galega enfrontouse en Sevilla ao equipo de Andalucía. O once galego compoñíano Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Balbino, Reigosa, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Aos tres minutos, Ramón conseguiu o primeiro gol dos galegos. Empatou Andalucía de penalti pouco antes do descanso. Polo logrou o desempate e Ramón e, por cabo, Chiarroni ampliaron a avantaxe galega.
A Federación Galega organizou un encontro cunha selección da escuadra inglesa. No equipo de Galiza xogaban Isidro, Otero, Clemente, Queralt, Torres, Balbino, Salvador, Ramón González, Chiarroni, Polo e Pinilla. Pinilla abriu o taboleiro, Ramón marcou o segundo tanto e Pinilla repetiu fortuna co terceiro gol. Os ingleses conseguiron minguar a vantaxe antes do descanso. Os xogadores foron ao vestiario cun 3-2 favorábel aos galegos. Na segunda parte a selección galega lograría catro tantos máis. O taboleiro rexistrou finalmente un 7-2 a favor da selección de Galiza.
O 28 de xaneiro a selección de Pontevedra enfrontouse á selección galega no campo de Bouzas. Adiantouse o equipo de Galiza cun gol de Correa. E no segundo tempo anotaron gol Polo, Chiarroni e Correa. A selección da 'boa vila' logrou o tanto de honra e o partido rematou cun 4-1 no taboleiro. Ao domingo seguinte desputouse en Pontevedra o partido de volta. Gañou a selección galega 3-0.
A selección galega antes de xogar a final do trofeo interrexional contra a selección de Asturias, aínda xogou un partido amigábel máis fronte dun combinado ferrolán-coruñés. Foi o 18 de febreiro no campo de Coia. Venceu a selección 7-1.
Por cabo, o 25 de febreiro de 1923 o equipo de Galiza xogou contra a selección asturiana un torneo interrexional. No once galego estaban Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Torres, Hermida, Reigosa, Balbino, Chiarroni, Polo e Pinilla. Polo rompeu o marcador cun tanto, pero os asturianos protagonizaron unha remontada que pechou o marcador cun 1-3 e a primeira derrota da selección de Galiza.
O equipo de Galiza enfrontouse no partido de volta coa selección de Lisboa o 27 de maio. Na selección de Galiza xogaban Isidro, Clemente, Pasarín, Viñas, Balbino, Machín, Reigosa, Ramón, Posada, Polo e Pinilla. Marcou de penalti Pinilla, pero os lisboetas dábanlle volta ao tanteador con goles de João Francisco e de Jaime Gonçalves.
[editar] Na República
O golpe de Estado de Primo de Rivera, en setembro de 1923, deteu entre outras cousas o fútbol galego, que non volveu asomar o seu xogo ata 1930 cando se celebrou un partido no campo de Chamartín entre o equipo de Galiza e a selección do Centro. O partido convocouse para recadar fondos para as familias daminificadas polo naufraxio dun pesqueiro de Bouzas. A selección galega venceu 4-1. O derradeiro partido da selección galega desputaríase nas Olimpíadas populares de Barcelona, resposta internacional aos Xogos de Berlín, o 12 de xullo de 1936, seis días antes do golpe de Estado. Ninguén imaxinaba o que estaba a piques de suceder, e alí, en Barcelona, ficaron moitos xogadores galegos. A maioría loitaría no bando republicano.
Algúns testemuños apuntan a que algúns galegos deste equipo, sumados a outros soldados, desputaron algúns encontros durante a Guerra Civil española e durante a Segunda Guerra Mundial, pero non existe documentación escrita.
[editar] O franquismo
En 1943 o Deportivo xogara contra un equipo de galegos, con Ricardo Zamora na meta, non había novas da selección galega como tal.
En febreiro de 1950, un xornal coruñés anunciaba que o trofeo Teresa Herrera abriría cun partido ente un combinado galego e un combinado irlandés. Ao final quíxose optar por un Lisboa-Combinado Galego que acabou sendo substituído por un Atlético de Madrid - SS Lazio.
[editar] Intentos de recuperación
O primeiro partido da selección galega despois da ditadura estivo a piques de celebrarse o 24 de xullo de 1980 en Compostela, pero colleu os xogadores de vacacións. O partido ía ser contra Euscadi.
En 1982, antes do Mundial de España, houbo unha tentativa para organizar un partido contra Camerún.
A finais dos 90, o movemento bravú recuperou a Selección Galega para o debate impulsado por Siareiros Galegos dende 1996, co agrupamento de peñas do Celta, do Deportivo e mais o SD Compostela. En 1997, Xurxo Souto catalizou a creación do primeiro número da revista Bravú, de periodicidade irregular, dedicada á recuperación da selección galega.
A idea reencarnouse deportivamente na Estrada, nun partido entre seareiros e profesionais do xornalismo e da cultura en Galiza, que comezou coa Marcha do Antigo Reino de Galiza. Os seareiros gañaron 7-2. No equipo de intelectuais xogaban Alfonso Eiré na meta, Antón Reixa, Xosé Cid Cabido e Xosé Manuel Pereiro na defensa; Moncho Viña, Manuel Rivas, Rómulo Sanjurjo, Xurxo Souto ou Paco Lodeiro na media e cara adiante.
[editar] A selección contemporánea
O estadio Multiusos de San Lázaro bautizou a selección galega de fútbol na súa posta de longo fronte á selección de Uruguai o sábado 29 de decembro de 2005. O colexiado ourensán Bernardino González Vázquez dirixiu o encontro.
O resultado foi 3 - 2 a prol de Galiza.
| Selección galega - Galiza-Uruguai (2005) | ||
|---|---|---|
|
Diego López | Otero | Dacosta | Rubén | Capi | Viqueira | Borxa | Xulio Álvarez | Paulo Álvarez | Nano | Losada | Dani Mallo | Roberto | Míchel Salgado | Noguerol | Iago Bouzón | Cabrejo | Cabanas | Trashorras | Deus | Corredoira | Juanito |
||
Os seleccionadores do primeiro combinado nacional foron Fernando Vázquez e Arsenio Iglesias. O once inicial estivo composto por: Diego López, na portería; Otero e Cabrejo, nos laterais; Rubén e Capi, centrais; Cabanas e Borxa, pivotes; Xulio Álvarez, Paulo Álvarez e Nano, centrocampistas, e Losada como home máis adiantado.
O técnico galego Fernando Vázquez, antes de comezar o partido, quitoulle importancia ao posible resultado, defendendo que o combinado galego se converteu nun "símbolo de identidade", algo que na súa opinión, lle facía falta a Galicia.
| Selección galega - Galiza-Ecuador (2006) | ||
|---|---|---|
|
Diego López | Roberto | Barragán | Roberto Lago | Noguerol | Capi | Rubén | Manuel | Viqueira | Borxa | Diego Castro | Iago | Nano | Xulio Álvarez | Couñago | Losada | Trashorras | Jonathan Pereira | Jonathan Vila | Fuentes | |
||
O estadio de Riazor acolleu o 28 de decembro de 2006 o segundo partido da época contemporánea da selección de Galiza. Enfronte estivo a selección de Ecuador, e o resultado final foi de empate a un (1-1)[1], con goles do ecuatoriano Calle e de Jonathan Pereira para os galegos. O once inicial foi o formado por López, Barragán, Rubén, Noguerol, Fuentes, Viqueira, Borxa, Xulio Álvarez, Nano, Trashorras e Couñago.
| Selección galega - Galiza-Camerún (2007) | ||
|---|---|---|
|
Diego López | Roberto | Queco | Barragán | Roberto Lago | Iago Bouzón | Piscu | Iónatan Aspas | Noguerol | Rubén | Viqueira | Borxa | Diego Castro | Sito | Iago | Nano | Xulio Álvarez | Paulo Álvarez | Couñago | Trashorras | Jonathan Pereira | Jonathan Vila | Nacho Novo | |
||
O 27 de decembro de 2007, no estadio vigués de Balaídos, a selección galega enfrontouse a Camerún, no que era o terceiro partido da época contemporánea. O partido comezou con unha hora e corenta e cinco minutos de retraso, debido a liortas internas na selección de Camerún[2], e rematou con empate (1-1), os dous goles metidos de penalti, adiantándose primeiro Galicia, por medio de Xulio Álvarez no minuto 70, e empatando para Camerún Song, no minuto 87[3]. Pese ó retraso da selección de Camerún, os siareiros rozaron o cheo no estadio, chegando ós 28.000 afeccionados[4].
De novo o 27 de decembro, en 2008, no estadio de Riazor, a selección galega enfrontouse á de Irán con resultado favorable á Irmandiña por 3 a 2[5]. O primeiro gol anotouno o galego Nacho Novo no minuto 22. A selección iraniana empatou no minuto 31 do primeiro tempo por mediación de Borhani. Xa na segunda parte Nacho Novo por segunda vez puxo por diante a Galiza, no minuto 58 de partido. Pouco despois, no 65 e de penalti, Roberto Losada ampliaba o marcador batendo ó porteiro e poñendo o 3-1 no marcador. O iraniano Khalatbari recurtou o marcador poñendo o definitivo 3 a 2.[6]
[editar] Xogadores
[editar] Cadro actual
Esta é a lista da convocatoria[7] que fixeron os seleccionadores en decembro de 2008 para a desputa do partido Galicia-Chile. Finalmente Chile incumpriu o contrato e o encontro de Galiza no 2008 foi contra a selección de Irán.
| Nome | Data de nacemento | Club | App (Gls) | Debut |
|---|---|---|---|---|
| Porteiros | ||||
| Diego López | 3 de novembro de 1981 (30 anos) | 3 (0) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | |
| Roberto | 25 de xaneiro de 1979 (33 anos) | |||
| Defensas | ||||
| Rubén | 29 de xaneiro de 1982 (29 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Noguerol | 9 de xuño de 1976 (35 anos) | |||
| Piscu | 25 de febreiro de 1987 (24 anos) | |||
| Capi | 2 de abril de 1981 (30 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| J. Aspas | 28 de febreiro de 1982 (29 anos) | |||
| R. Lago | 30 de agosto de 1985 (26 anos) | |||
| Sito Castro | 21 de maio de 1980 (31 anos) | |||
| Centrocampistas | ||||
| Álex Bergantiños | 7 de xuño de 1985 (26 anos) | |||
| Cabanas | 17 de xaneiro de 1979 (33 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Borja | 14 de xaneiro de 1981 (31 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Julio Álvarez | 1 de maio de 1981 (30 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Pablo Álvarez | 14 de maio de 1980 (31 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Trashorras | 28 de febreiro de 1981 (30 anos) | |||
| J. Vila | 6 de marzo de 1986 (25 anos) | |||
| Nano | 20 de abril de 1982 (29 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Dianteiros | ||||
| Losada | 25 de outubro de 1976 (35 anos) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | ||
| Nacho Novo | 26 de marzo de 1979 (32 anos) | 2 (2) | v Uruguai, 27 de decembro de 2005 | |
[editar] Partidos
| Data | Lugar | Equipo Local | Equipo Visitante | Resultado |
|---|---|---|---|---|
| 19-11-1922 | Coia, Vigo | 4 - 1 | ||
| 07-01-1923 | 3 - 1 | |||
| 14-01-1923 | Sevilla | 1 - 4 | ||
| ??-??-1923 | 7 - 2 | |||
| 28-01-1923 | Campo de Bouzas, Pontevedra | 1 - 4 | ||
| 04-02-1923 | Pontevedra | 3 - 0 | ||
| 18-02-1923 | Coia, Vigo | 7 - 1 | ||
| 25-02-1923 | Coia, Vigo | 1 - 3 | ||
| 27-05-1923 | 2 - 1 | |||
| ??-??-1930 | Chamartín, Madrid | 1 - 4 | ||
| 25-12-2005 | San Lázaro, Santiago | 3 - 2 | ||
| 28-12-2006 | Riazor, A Coruña | 1 - 1 | ||
| 27-12-2007 | Balaídos, Vigo | 1 - 1 | ||
| 27-12-2008 | Riazor, A Coruña | 3 - 2 | ||
| 26-12-2009 | Santa Isabel, Santiago | 9 - 0 | ||
| 23-12-2010 | Santa Isabel, Santiago | 6 - 3 | ||
| 23-12-2011 | Cacheiras, Teo | 2 - 1 |
[editar] Galería de xogadores
-
Iago Bouzón, que estivo na convocatoria de 2005 e na de 2007
-
Ricardo Cabanas, xogador da selección galega (2005 e 2006) e da Suíza, no partido Suíza-Brasil, 15-nov-2006
[editar] Notas
- ↑ "A gran festa do fútbol rematou en empate: Galiza 1 - 1 Ecuador", artigo en Vieiros, 29 de decembro de 2006.
- ↑ "Un cumio agridoce", artigo n' A Nosa Terra, 28 de decembro de 2007.
- ↑ "Un pobo contra os elementos", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
- ↑ "28.000 heroes", artigo n' A Nosa Terra, 29 de decembro de 2007.
- ↑ "A festa do fútbol nacional remata con vitoria de Galiza fronte a Irán (3-2)", artigo en GZnación 28 de decembro de 2008.
- ↑ "Goles de Nacho Novo e Losada manteñen á selección galega invicta", artigo en Galiciaé, 28 de decembro de 2008.
- ↑ "Xa se coñecen as convocatorias das seleccións irmandiñas", artigo en Vieiros, 16 de decembro de 2008
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Deza Rey, J. M.: Historia da selección galega de fútbol (2006).
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||