Hércules de Alicante Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hércules CF
NomeHércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s)Herculanos;
Branquiazuis
Fundación1914
EstadioJosé Rico Pérez,
Alacant, España
Inauguración1974
Capacidade30.000
PresidenteEspaña Jesús García Pitarch
AdestradorEspaña Quique Hernández
Liga2ªB
2013–1422º (Segunda División)
VestimentaNike
PatrocinadorComunitat Valenciana
Na rede
http://www.herculescf.es
Facebook: herculesdealicante Twitter: cfhercules Instagram: herculesdealicantecfoficial Youtube: UCZfdgiGk_8L_oUc1kEsnk4g Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Hércules de Alicante Club de Fútbol, S.A.D. (en valenciano: Hèrcules Club de Futbol) é un club de fútbol de España, da cidade de Alacant na Comunidade Valenciana. Fundouse en 1914 e federado en 1922, e actualmente milita na Segunda División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Posúe unha traxectoria de 19 tempadas en Primeira División, e 40 en Segunda. O seu maior logro en liga foi un 5º posto en Primeira, na tempada 1974-75, onde tras empatar a puntos co 4º clasificado, non disputou a Copa da UEFA pola diferenza de goles. En 1936 alcanzou a semifinal do Trofeo Presidente da II República, sendo ata a data o seu maior logro neste torneo.

O fundador do club inspirouse nos valores que representaba o heroe da mitoloxía grega Hércules para darlle nome ao club. O seu berro de guerra é Macho Hércules, e o seu xentilicio é herculano. O Elche Club de Fútbol é o seu rival histórico por excelencia, onde ambos os clubs manteñen dita rivalidade desde os seus inicios.

No verán do 2010, dentro dunha investigación xudicial, apareceron indicios de que o seu principal accionista, Enrique Ortiz, en conivencia co capitán, Tote, e o segundo capitán, Abraham Paz, realizou ofertas para comprar as derrotas voluntarias do Salamanca, o Córdoba, o Girona e o Recreativo. Tote tería mediado tamén no intento de pagar primas pola vitoria aos equipos que se enfrontaban aos rivais do Hércules polo ascenso a Primeira División.[1]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón negro e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta a franxas verticais negras e vermellos, pantalón negro e medias vermellas.

Estadio[editar | editar a fonte]

Estadio José Rico Pérez.
Artigo principal: Estadio José Rico Pérez.

O Hércules xoga os seus partidos como local no Estadio José Rico Pérez. O estadio inaugurouse en 1974 cun partido ante o FC Barcelona (0-4) e que substituíu o antigo Campo La Viña. Ten capacidade para 30.000 persoas.

Actualmente é compartido co Alicante Club de Fútbol, que paga un alugueiro ó club herculano, que é o propietario.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores do Hércules CF.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 7 de setembro de 2013
Posto País Xogador
1 POR España Oinatz Aulestia
3 DEF España Borja Gómez (cedido polo Granada)
4 MED España Héctor Yuste
5 MED Francia Abdoul Sissoko (cedido polo Udinese)
6 MED España Alberto Escassi
7 DIA España Adrián Sardinero
8 DEF Francia Noé Pamarot
9 DIA España Javier Portillo
10 DIA España Dioni (cedido polo Udinese)
11 MED Bosnia e Hercegovina Eldin Hadžić
13 POR España Ismael Falcón
Posto País Xogador
15 MED España Javier Hervás (cedido polo Sevilla)
16 DEF España Paco Peña
17 MED Galicia David Ferreiro (cedido polo Granada)
18 DIA España Gorka Azkorra
19 MED España Juanma Ortiz (cedido polo Granada)
20 DEF España Aitor Fernández
21 MED Gai Assulin (cedido polo Granada)
22 MED España Quique de Lucas
23 MED España Héctor Font
37 DEF España Baldo Santana
42 MED España Álvaro Mas
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Hércules B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Filial[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Hércules Club de Fútbol B.

O equipo filial do Hércules é o Hércules Club de Fútbol B, que xoga na Rexional Preferente da Comunidade Valenciana. Desde 1996, o seu maior logro foi xogar en Terceira División durante unha tempada. Foi fundado en 1996 como tal, aínda que ben é certo que o club tivo filial en anos atrás, como o Alicante CF polos anos 60, o Hércules Atlético desde 1974 ou posteriormente baixo as denominacións de Hércules Promesas, Mutxamel CF e CD Español de San Vicente respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. MOLTÓ, E. (05/08/2010). www.elpais.com, ed. "El 'caso Brugal' destapa el uso masivo de sobornos para ascender a Primera". Consultado o 08/08/2010. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]