Claudio Barragán
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Claudio Barragán Escobar | ||
| Nacemento | 10 de abril de 1964 (49 anos) | ||
| Lugar | Manises, España | ||
| Altura | 1,77 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Ponferradina (adestrador) | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1980–1982 | Levante | 33 | (0) |
| 1982–1983 | Ceuta | 0 | (0) |
| 1983–1984 | Levante | 0 | (0) |
| 1984–1989 | Elche | 123 | (24) |
| 1989–1991 | Mallorca | 56 | (11) |
| 1991–1995 | Deportivo da Coruña | 112 | (32) |
| 1995–1996 | Salamanca | 42 | (11) |
| 1996–2000 | Elche | 56 | (12) |
| 2002–2004 | Alone de Guardamar | ||
| Selección nacional | |||
| 1992 | España | 6 | (0) |
| Adestrador | |||
| 2008–2009 | Elche | ||
| 2011– | Ponferradina | ||
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Claudio Barragán Escobar, nado en Manises (València) o 10 de abril de 1964, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. Actualmente adestra a SD Ponferradina.
Índice |
Traxectoria [editar]
Como xogador [editar]
A fama tardou en chegarlle por problemas físicos no seu xeonllo que lle impediron facer unha mellor progresión. Típico dianteiro centro, remataba coas dúas pernas aínda que era destro e tiña un moi bo remate de cabeza. Os seus mellores anos foron como "9" do Deportivo da Coruña onde alcanzou o seu límite como profesional, facendo xunto a Bebeto a gran dianteira do denominado "Superdépor".
Pertenceu ao RCD Mallorca, que en 1992 xogou a final da Copa do Rei onde destacou xunto con xogadores como Miguel Ángel Nadal, Álvaro Cervera Díaz, ou Marcos Martín e o porteiro Ezaki Badu.
Formou parte da aliñación do Súperdepor: Liaño, Albístegui, Nando, Ribera, Miroslav Đukić, López Rekarte, Mauro Silva, Adolfo Aldana, Fran e Bebeto.
Co Dépor gañou unha Copa do Rei.
Na tempada 1995–96 fichou polo recén ascendido UD Salamanca, xogando 38 partidos e anotando 11 goles. O equipo non puido evitar o descenso como último clasificado.
Na campaña 1996–97 firmou polo Elche CF, en Segunda División B. Esa tempada lograron o ascenso a Segunda División, logo de quedar segundos e pasar a eliminatoria. Na tempada 1997–98 o equipo non puido evitar o descenso á categoría de bronce, logrando novamente volver a Segunda División tras a campaña 1998–99. Na tempada 1999–00 lograron a permanencia, ano no que Claudio rescindiu o seu contrato, con 35 anos.
Entre 2002 e 2004, Claudio xogou no Alone de Guardamar.
Selección nacional [editar]
En 1992 Claudio xogou 6 partidos coa selección española, onde non conseguiu ningún gol.
Como adestrador [editar]
Na tempada 2008–09 fíxose cargo do Elche. Foi destituído o 4 de outubro de 2009 debido ao mal inicio da tempada e despois de perder co Hércules CF, máximo rival, (3–0).
Palmarés [editar]
- Deportivo
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nados en 1964
- Nados na provincia de Valencia
- Futbolistas españois
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do AD Ceuta
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo de La Coruña
- Xogadores do UD Salamanca
- Xogadores do CD Alone de Guardamar
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores da SD Ponferradina