Augusto César Lendoiro
| Augusto César Lendoiro | |
|---|---|
| Nacemento: | 6 de xuño de 1945 (67 anos) Corcubión, A Coruña |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | Avogado |
Joaquín Augusto César Lendoiro, nado o 6 de xuño de 1945 en Corcubión, é un dirixente deportivo e político galego, actual presidente do Deportivo da Coruña.
Índice |
Traxectoria [editar]
Ámbito deportivo [editar]
A súa relación co mundo do deporte comezou moi cedo. Cando tiña 15 anos xa foi presidente de Ural[1], un club de fútbol afeccionado da Coruña, e cofundou o Hockey Club Liceo da Coruña, co que gañou varios campionatos de España, de Europa e do Mundo.
Posteriormente foi presidente do Español de Santa Lucía, e en 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.
Na temporada 1991-92 o Deportivo voltaba á Primeira División, categoría na que se manterá ininterrumpidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, está plagada de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei, tres Supercopas de España e unha Copa Intertoto; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e disfrutando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).
Porén, a forte débeda acumulada polo clube durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que haxa un forte sector crítico con Lendoiro que tenta facer presión para que abandone o seu posto.
Política [editar]
Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saiu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (1989−1990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (1993−1995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.
| Predecesor: Salvador Fernández Moreda |
Presidente da Deputación da Coruña 1995−1999 |
Sucesor: Xosé Luís Torres Colomer |
| Predecesor: Luis Carlos Morato Miguel |
Presidente do Deportivo da Coruña 1988−presente |
Sucesor: No cargo |
Notas [editar]
- ↑ Perfil de Augusto César Lendoiro, Xornal de Galicia, 21/07/2009, consultado o 18.9.09