Fabricio Agosto Ramírez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Fabricio Agosto Ramírez | ||
| Nacemento | 31 de decembro de 1987 (25 anos) | ||
| Lugar | As Palmas, España | ||
| Altura | 1,85 m. | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Betis | ||
| Número | 25 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 2003–2005 | Vecindario | ||
| 2005–2006 | Deportivo da Coruña | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2006–2009 | Deportivo B | 23 | (0) |
| 2007–2009 | Deportivo da Coruña | 6 | (0) |
| 2009–2011 | Valladolid | 1 | (0) |
| 2010–2011 | → Recreativo (cedido) | 40 | (0) |
| 2011– | Betis | 16 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2007 | España sub-20 | 1 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 24 de agosto de 2012. † Aparicións (Goles) |
|||
Fabricio Agosto Ramírez, máis coñecido coma Fabricio ou Fabri, nado o 17 de decembro de 1987 nas Palmas de Gran Canaria, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Real Betis.
Traxectoria [editar]
A súa carreira coma porteiro iniciouse no UD Vecindario da súa illa natal onde xogaría dúas tempadas entre 2003 e 2005. O Deportivo da Coruña, que tiña suscritos naquela altura unha serie de acordos co club insular, decidiu na campaña 2005–06 contratar ao xove porteiro para que se incorporara ao seu equipo xuvenil.
Só unha temporada máis tarde, a 2006–07, Fabricio pasou ao Deportivo B, filial do equipo coruñés, onde xogaría as dúas seguintes. Na última destas temporadas, a polémica suscitada entre os dous porteiros do primeiro equipo, Gustavo Munúa e Dudu Aouate, logo de que o primeiro batese no segundo no contexto dunha liorta entre ambos, proporcionoulle ao canario unha oportunidade na Primeira División. O seu debut coma titular do primeiro equipo produciuse o 13 de xaneiro de 2008, nunha derrota contra o Villarreal CF no estadio El Madrigal. Fabricio aínda disputou varios partidos oficiais máis ata que no mes seguinte os dous porteiros implicados na liorta puideron reincorporarse á disciplina do primeiro equipo, regresando o canario ao filial.
Porén, as súas actuacións durante esta temporada gañáronlle a confianza do adestrador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina, permitíndolle na tempada 2008–09 incorporarse ao plantel do primeiro equipo. Mais a polémica chegou a mediados desta campaña cando, tras unha sanción do porteiro titular, Dani Aranzubia, e logo dunha conversa entre o adestrador e Fabricio, estes chegaron ao acordo de que o canario non xogase coma titular, recurrindo Lotina ao ata entón condeado ao ostracismo, Munúa. No fondo do asunto estarían unhas supostas condicións no contrato do porteiro co Deportivo, segundo o cal, no caso de disputar este un número determinado de partidos co primeiro equipo habíase producir unha renovación automática cunhas condicións económicas que, ao parecer, non satisfacían a Fabricio. Tamén influirían, segundo certos rumores, os supostos intereses doutros clubs de Primeira en fichar a Fabricio.
En 2009 firmou co Real Valladolid un contrato por dúas tempadas (até o 30 de xuño de 2011) con opción a prolongarse. Na campaña 2010–11 foi cedido ao Recreativo de Huelva, aínda que o Real Valladolid resérvase o dereito a repescalo ao final da tempada coa renovacion do xogador até xuño de 2012.
De cara á tempada 2011–12 fichou polo Real Betis, tras o ascenso do club a Primeira División.