A.A. Dominicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A.A. Dominicos
Competición 1ª División Galega
Fundado 1966
Cidade A Coruña, Galicia Galicia
Pavillón Pavillón do Colexio dos Dominicos
Cores           Negro e branco
Historia 1966

O club A.A. Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña Galiza que compite na 1ª División Galega. Con máis de 50 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego.

Índice

[editar] Historia

O club naceu no seo do Colexio Dominicos de A Coruña, onde conseguiu contar con máis de 200 rapaces nas súas filas. Entre os grandes logros do club figuran un campionato de España xuvenil, sendo o primeiro equipo galego en acadalo.

[editar] A Copa de 1990

O maior logro do equipo chegou na tempada 1989-90, cando o club se alzaba co título da Copa do Rei ao vencer na final disputada en Alcobendas ao Reus Deportiu por 2 goles a 1, converténdose no segundo equipo galego en alzar este título (e terceiro equipo non catalán en conseguilo). O equipo adestrado daquela por Carlos Gil conseguían adiantarse na final cun gol de Fernando Avecilla no minuto oito, mais a pesar de ter numerosas ocasións os coruñeses, o marcador non se moveu. Na segunda parte, un gol de Quim López situaba a igualdade no marcador, ata que no minuto dezaseis da segunda parte Beni situaba o 2 a 1 que sería definitivo.

Os xogadores que conformaban o plantel do equipo que conseguíu o único título estatal ata a data do equipo herculino foron:

  • 1 Juan C. Yañez
  • 2 Pablo Trigo
  • 3 Fernando Avecilla
  • 4 Juan Copa
  • 5 Benigno Rodriguez
  • 6 Celso Gonzalez
  • 7 Alejandro Avecilla
  • 8 Carlos Figueroa
  • 9 Javier Losada
  • 10 Germán Taibo

Adestrador: Carlos Gil

[editar] Os anos lonxe da elite

Logo de permanecer afastado da elite do hóckey a patíns español durante moitos anos, no 2005 estivo a piques de ascender á Primeira División a pesar de ser un club modesto, nun partido que máis de 1000 persoas presenciaron dende as bancadas.

[editar] Base

O equipo destaca pola súa base, saíndo das súas categorías inferiores xogadores coma Alejandro Avencilla ou o ex-liceista Willy Duarte. O club conseguiu clasificar a equipos de base para campionatos de España en numerosas ocasións.

[editar] Palmarés

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas