José Manuel Romay Beccaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político galego. Foi Ministro de Sanidade e Consumo e Presidente do Consello de Estado, entre outros cargos.

Índice

[editar] Traxectoria

[editar] Formación

Naceu en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934. En 1956 licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o Premio Extraordinario de fin de carreira. Tras impartir clases de Dereito Administrativo durante un ano nesa universidade, viaxa a Madrid para preparar as oposicións de Letrado do Consello de Estado, obtendo a praza en 1959.

[editar] Na ditadura

En 1963 é nomeado, baixo a ditadura do Xeneral Franco, Secretario Xeral de Sanidade, cargo no que permanece ata 1966. Retoma a súa praza como letrado, ata asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudios de Administración Local. Permaneceu poucos meses nese cargo, pois en 1974 foi nomeado Subsecretario de Presidencia, e en 1975 Subsecretario de Gobernación.

[editar] En democracia

Xa en democracia, regresa a Galicia en 1982 para ocupar a vicepresidencia do primeiro goberno da Xunta de Galicia. Ese mesmo ano é elixido deputado pola provincia da Coruña, nas listas de Alianza Popular, escano que mantería ata 1989. Entrementres, en 1987 accede á presidencia da Deputación da Coruña, na que permanecerá ata 1989, cando foi nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal do goberno galego. Ó ano seguinte asumiu a Consellería de Sanidade, permanecendo no cargo ata 1996.

Coincidindo coa vitoria electoral do Partido Popular nas eleccións xerais dese ano, retornou ao Congreso coma deputado, e foi nomeado Ministro de Sanidade e Consumo. Ostentou a carteira ministerial ata 2000, coincidindo coas eleccións xeráis nas que o PP obtivo a maioría absoluta, pasando a presidir a Comisión de Xustiza e Interior do Congreso dos Deputados.

En 2003 foi nomeado presidente do Consello de Estado, cargo no que permanceu ata a vitoria electoral do PSOE nas eleccións xerais de 2004. Na actualidade é presidente de honra do Partido Popular da provincia da Coruña.

Logo das Xerais de 2011, que coinciden coa vitoria do Partido Popular de Mariano Rajoy, é designado polo Parlamento de Galicia senador en representación da comunidade autónoma.


Predecesor:
Enrique Marfany
Escudo de la provincia de A Coruña.svg
Presidente da Deputación da Coruña

19871989
Sucesor:
Salvador Fernández Moreda
Predecesor:
Francisco Sineiro
Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Agricultura

1990-1991
Sucesor:
Tomás Pérez Vidal
Predecesor:
Manuel Montero Gómez
Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Sanidade

1991-1996
Sucesor:
Xosé María Hernández Cochón

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas