Agustín Sixto Seco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustín Sixto Seco
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 896872


Agustín Sixto Seco, nado en Meá (Mugardos) o 3 de decembro de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 2004, foi un médico e intelectual galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun traballador da Bazán. Estudou Medicina, especializado en traumatoloxía, e foi presidente da Sociedade Española de Traumatoloxía, mantendo moi boas relacións con Portugal, co International College of Surgeons e coa Sociedad Latinoamericana de Ortopedia.

Foi promotor cultural, participando en editorial Galaxia, a fundación Penzol, o Museo do Pobo Galego, o Centro Ramón Piñeiro ou a fundación Camilo José Cela. O seu primeiro traballo foi o máis querido por el: a Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón. Pero a recuperación da historiografía non quedou na autora de Iria Flavia, pois como primeiro presidente da Fundación Otero Pedrayo promoveu a conversión en casa museo da vivenda de Otero Pedrayo en Trasalba.

Crente católico coma Alexandre Bóveda, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco ou don Ramón Otero Pedrayo, colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada ata a súa morte.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Proceso en Galicia a las prótesis totales de cadera (1971)
  • Cirugía del dolor lumbosacro (Relatorio SECOT, Valladolid, 1977)
  • Artrodesis lumbosacra (mediametraxe a cor 36 mm, 35 minutos, 1979)
  • Sentencia en Galicia a las prótesis totales de cadera (1985)
  • Entre Portas (escolma de artigos. Edit. Compostela-Caja Madrid, 1997)

Pronunciou 152 conferencias e 9 pregóns, escribiu once prólogos a libros e 959 artigos[1].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]