Peter Rufai
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Peter Rufai | ||
| Nacemento | 24 de agosto de 1963 (49 anos) | ||
| Lugar | Lagos, Nixeria | ||
| Posición | Porteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1980–1984 | Stationary Stores | ||
| 1985 | Femo Scorpions | ||
| 1986–1989 | Dragons de l'Ouémé | ||
| 1989–1992 | Lokeren | ||
| 1992–1993 | Beveren | ||
| 1993–1994 | Go Ahead Eagles | ||
| 1994–1996 | Farense | ||
| 1997 | Hércules | 10 | (0) |
| 1997–1999 | Deportivo da Coruña | 9 | (0) |
| 1999–2000 | Gil Vicente | ||
| Selección nacional | |||
| 1986–1998 | Nixeria | 65 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Peter Rufai, nado en Lagos o 24 de agosto de 1963, é un ex futbolista nixeriano. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección nixeriana. É fillo do rei Rufai de Idimu, unha rexión nixeriana nas proximidades de Lagos.
Índice |
Traxectoria [editar]
Tras xogar de 1980 a 1984 cos Stationary Stores e en 1985 cos Femo Scorpions (ambos clubs de Nixeria), en 1986 fichou polo equipo beninés Dragons de l'Ouéme. En 1989 fichou polo KSC Lokeren belga e polo KSK Beveren (tamén belga) en 1992, para irse en 1993 aos Go Ahead Eagles holandeses, onde xogou 12 partidos e ao Sporting Farense portugués en 1994.
En xaneiro de 1997 fichou polo Hércules CF, onde se foi alternando con José Miguel Mari e Gaëtan Huard na portería alacantina. No verán de 1997 ficha polo Deportivo da Coruña, onde sempre foi o porteiro suplente, estando á sombra de Jacques Songo'o. Trala súa etapa en Galicia, en 1999 volveu a Portugal no Gil Vicente FC, onde se retirou.
Actualmente vive en España e dirixe unha escola para adestrar a novos porteiros.
Selección nacional [editar]
Rufai xogou 65 partidos coa Selección de fútbol de Nixeria e marcou 1 gol ademais de xogar o Mundial de fútbol de 1994 e o Mundial de fútbol de 1998 e gañar a Copa Africana de Nacións de 1994.