Celso Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celso Mariño
Información persoal
Nome Celso Mariño Ferreira
Nacemento 14 de xullo de 1910
Lugar de nacemento Pontevedra
Falecemento 1992
Carreira xuvenil
Eiriña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1927–1928 Eiriña
1928–1929 Santiago
Adestrador
1941–1942 Deportivo da Coruña
1942–1943 Deportivo da Coruña
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Celso Mariño Ferreira, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1910 e finado o 6 de abril de 1992, foi un médico, atleta, futbolista, adestrador de fútbol e dirixente deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Pontevedra, estudou no Colexio X de Germán Adrio Mañá.[1] Durante a súa xuventude xogou ao fútbol na posición de dianteiro. Formouse na canteira do Eiriña e xogou co primeiro equipo ata 1928, coincidindo na dianteira con O'Donell entre outros.[2][3][4][5] A continuación fichou polo Santiago FC, no que xogou ata 1929.[6]

Destacado atleta, foi tres veces campión de España, dúas delas en décatlon (en 1934 e 1935) e outra en lanzamento de xavelina (en 1935),[7] batendo o récord de España en ámbalas dúas disciplinas.[8][9] Foi ademais oito veces campión de Galicia, en sete disciplinas diferentes (110 metros valados, salto de altura, salto con pértega, salto de lonxitude, lanzamento de peso, lanzamento de disco e lanzamento de xavelina).[10]

Foi designado adestrador do Deportivo da Coruña para o debut do club na Primeira División na tempada 1941–42. Logrou derrotar aos principais equipos da liga (Real Madrid, Barcelona, Valencia, Atlético de Madrid, Sevilla e Athletic) e goleou ao Celta de Vigo no derbi de Riazor, rematando a campaña cun histórico cuarto posto. Na seguinte tempada (1942–43) pasou a realizar a función de preparador físico, sendo Chacho xogador-adestrador, pero trala dimisión deste en novembro, Mariño colleu de novo as rendas do equipo até o final da campaña, que rematou co equipo no noveno posto. Para a seguinte campaña contratouse a Ramón de la Fuente como adestrador.

Foi delegado para Galicia da Federación Española de Atletismo,[11] e creou e dirixiu a Escola Galega de Adestradores de fútbol.[12] En novembro de 1969 presentou a súa candidatura á presidencia do Pontevedra CF, club da Primeira División, saíndo elixido ao ser a única candidatura, polo que sucedeu no posto a Miguel Otero Rodríguez.[13] Presidiu o club durante un ano e medio, viviu un descenso á Segunda División e acabou dimitindo en maio de 1971.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nota de prensa". El Progreso (en castelán) (2935). 3 de xuño de 1922. p. 3. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  2. "Celso Mariño, preparador del R. C. Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (7751). 1 de xullo de 1941. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  3. "Infatil Eiriña, 4; Infantil Lérez, 3". Diario de Pontevedra (en castelán) (12181). 20 de xullo de 1925. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  4. "Notas de Sport". Diario de Pontevedra (en castelán) (12850). 2 de novembro de 1927. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  5. "Notas de Sport". Diario de Pontevedra (en castelán) (13027). 18 de maio de 1928. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  6. "Ayer en Santa Isabel Santiago F. C. 4; Suevia S. C. 1". El Eco de Santiago (en castelán) (14273). 19 de novembro de 1928. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  7. "Campións de España de atletismo" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2021. 
  8. "Récords de España de lanzamentos" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2021. 
  9. "Récords de España de probas combinadas" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de novembro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2021. 
  10. "Campións de Galicia de atletismo (aire libre)" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 22 de novembro de 2021. 
  11. "Una intensa labor en pro del atletismo". El Pueblo Gallego (en castelán) (4959). 12 de agosto de 1939. p. 2. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  12. Navaza, Emilio (28 de maio de 2020). "Celso Mariño" (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  13. "Celso Mariño, elegido por aclamación presidente del Club Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de novembro de 1969. p. 18. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  14. "Dimite la directiva del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de maio de 1971. p. 12. Consultado o 12 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]