Copa do Xeneralísimo de remo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa do Xeneralísimo (en castelán Copa de Su Excelencia el Generalísimo) foi unha competición de remo en banco fixo celebrada anualmente en honor do xefe do estado español Francisco Franco na cidade da Coruña (Galiza). A primeira edición da competición disputouse en 1941, e celebrouse ininterrompidamente ata 1976, aínda que a morte de Franco tivo lugar en 1975. Durante os anos 50 e 1965, a Bandeira da Concha, o Campionato de España de Traiñeiras e a Copa do Xeneralísimo foron as únicas regatas disputadas no Cantábrico. Ademais, entre 1957 e 1961 a Copa do Xeneralísimo foi considerada o Campionato de España de Traiñeiras.

1941-1949: Só galegas[editar | editar a fonte]

Na primeira regata só participaron embarcacións integradas por seccións do exército na Coruña, e na segunda integráronse equipos de traballadores portuarios e pescadores.

Ano
1941 2ª Flotilla de Destructores Artillería 48e Intendencia nº8
1942 Sindicato del Puerto Pósito de Pescadores Crucero Canarias
1943 1ª Flotilla de Destructores Artillería 48e Crucero Canarias
1944 Educación y Descanso de La Coruña 1ª Flotilla de Destructores Crucero Almirante Cervera
1945 Sindicato de Pesca Cofradía de Pescadores Sindicato de Pesca
1946 Sindicato de Pesca Educación y Descanso de La Coruña Infantería 29
1947 Instituto nacional de Previsión Calzados La Imperial Ayuntamiento de La Coruña
1948 Cofradía de Pescadores de Mugardos Gremio de Exportadores de pescado Cofradía de Pescadores As Xubias
1949 Gremio de Exportadores de pescado Cofradía de Pescadores As Xubias Educación y Descanso de Vigo

1950-1956: Participación de embarcacións non galegas[editar | editar a fonte]

En 1950 participou por primeira vez unha embarcación cántabra, a Educación y Descanso de Castro Urdiales, que finalizaría a regata na sexta posición a 49 segundos da embarcación galega campioa. A primeira embarcación non galega en gañar a regata foi o Iberia Arraun Elkartea, que daquela recibía o nome de Educación y Descanso de Bilbao e que se proclamou campión por primeira vez en 1953, revalidando o título ao ano seguinte, sendo estes os dous únicos triunfos da embarcación de Sestao.

Ano
1950 Gr. Exportadores de pescado Educ. y Desc. Vigo Hogar del Productor de Mugardos
1951 Educ. y Desc. La Coruña Educ. y Desc. Vigo Educ. y Desc. Moaña
1952 Cofr. Pesc. de Moaña Educ. y Desc. La Coruña Educ. y Desc. Vigo
1953 Educ. y Desc. Bilbao Educ. y Desc. La Coruña Cofr. Pesc. de Meira
1954 Educ. y Desc. Bilbao Cofr. Pesc. de Meira Educ. y Desc. La Coruña
1955 CD Remeros del Nalon Educ. y Desc. La Coruña Cofr. Pesc. Tirán
1956 Cofr. Pesc. de San Amaro Cofr. Pesc. Orio Educ. y Desc. La Coruña

1957-1961: Campionato de España[editar | editar a fonte]

Entre 1957 e 1961 converteuse na bandeira máis importante da costa cantábrica e a Copa do Xeneralísimo pasou a ser denominada Campionato de España de Traiñeiras.

Ano
1957 Pasai Donibane Iberia A.E. Cofr. Pesc. de San Amaro
1958 Pasai Donibane Iberia A.E. Cofr. Pesc. Moaña
1959 Pasai Donibane Iberia A.E. Educ. y Desc. Tirán
1960 Educ. y Desc. Moaña Iberia A.E. Pasai Donibane
1961 Educ. y Desc. Tirán Educ. y Desc. Meira Iberia A.E.

1962-1976: Gran regata[editar | editar a fonte]

A época anterior deu un grande impulso á regata, que foi a única disputada xunto coa Bandeira da Concha. Organizouse entón un sistema de rotación para o Campionato de España de Traiñeiras. Este sistema de rotación estableceu que o campión español en 1965 e 1970 se xogara na Copa do Xeneralísimo.

Ano
1962 Jaizkibel K.E. Educ. y Desc. Tirán Cofr. Pesc. de Mera
1963 Educ. y Desc. Meira Jaizkibel K.E. Cofr. Pesc. de Mera
1964 S.D.R. Pedreña Educ. y Desc.Meira Cofr. Pesc. As Xubias
1965 S.D.R. Pedreña Jaizkibel K.E. Educ. y Desc. Meira
1966 Hondarribia A.E. S.D.R. Pedreña Educ. y Desc. Meira
1967 S.D.R. Pedreña Koxtape A.E. Educ. y Desc. Meira
1968 Hondarribia A.E. S.D.R. Astillero C.M. Castropol
1969 S.D.R. Pedreña Zierbena A.E. Hondarribia A.E.
1970 Trasmiera (Pedreña) Michelin (Lasarte) S.D.R. Astillero
1971 S.D.R. Astillero Michelin (Lasarte) Zierbena A.E.
1972 S.D.R. Astillero C.R. Santander Michelin (Lasarte)
1973 Michelin (Lasarte) S.D.R. Astillero Kaiku A.K.E.
1974 S.D.R. Castro Urdiales Michelin (Lasarte) Kaiku A.K.E.
1975 Michelin (Lasarte) S.D.R. Castro Urdiales Kaiku A.K.E.
1976 Kaiku A.K.E. Liceo Marítimo Rianxeiro Laredo Remo Club

Títulos por localidade[editar | editar a fonte]

Localidade Equipo Títulos Anos campión
Galicia A Coruña diferente 11 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1951, 1956
Cantabria Pedreña S.D.R. Pedreña 5 1964, 1965, 1967, 1969, 1970
Galicia Moaña Moaña (2), Tirán (1), Meira (1) 4 1952, 1960, 1961, 1963
Pasai Donibane Pasai Donibaneko Arrantzaleen Kofradia 3 1957, 1958, 1959
Sestao Iberia (2), Kaiku (1) 3 1953, 1954, 1976
Hondarribia Hondarribia A.E. 2 1966, 1968
Cantabria El Astillero S.D.R. Astillero 2 1971, 1972
Lasarte Michelin Kirol Kultur Elkartea 2 1973, 1975
Galicia Mugardos Cofrradía Pesc. Mugardos 1 1948
Asturias Soto del Barco CD Remeros del Nalon 1 1955
Donostia Jaizkibel Kirol Elkartea 1 1962
Cantabria Castro Urdiales S.D.R. Castro Urdiales 1 1974

Véxase tamén[editar | editar a fonte]