Filipe Luís Kasmirski
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Filipe Luís Kasmirski | ||
| Nacemento | 9 de agosto de 1985 (27 anos) | ||
| Lugar | Jaraguá do Sul, Brasil | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Atlético de Madrid | ||
| Número | 3 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Figueirense | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 2003–2005 | Figueirense | 22 | (1) |
| 2004–2005 | → Ajax (cedido) | 0 | (0) |
| 2005–2008 | Rentistas | 0 | (0) |
| 2005–2006 | → Real Madrid B (cedido) | 37 | (0) |
| 2006–2008 | → Deportivo (cedido) | 52 | (1) |
| 2008–2010 | Deportivo da Coruña | 59 | (5) |
| 2010– | Atlético de Madrid | 90 | (2) |
| Selección nacional | |||
| 2004–2005 | Brasil sub-20 | 23 | (7) |
| 2009– | Brasil | 3 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 18 de marzo de 2013. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 21 de marzo de 2013. |
|||
Filipe Luís Kasmirski, nado en Jaraguá do Sul (Santa Catarina) o 9 de agosto de 1985, é un futbolista brasileiro de ascendencia polaca e italiana, que ten esta última nacionalidade. Xoga de defensa e o seu club actual é o Atlético de Madrid.
Índice |
Traxectoria [editar]
Procedente do Figueirense Futebol Clube, Filipe chegou ao fútbol europeo por medio do Ajax de Amsterdam no 2004, pasando alí unha temporada enteira. O 18 de agosto do 2005, firmou polo Rentistas de Uruguai pero rápidamente foi cedido ao Real Madrid. Pasou a maior parte da temporada no Real Madrid, pero no seu filial, o Real Madrid Castilla.
No 2006, fue cedido outra vez polo Rentistas, esta vez ao Deportivo da Coruña, cunha opción de compra de 2,2 millóns de euros. A súa cesión foi ampliada durante un ano máis coa mesma cláusula de compra. Afianzouse como primeiro lateral esquerdo e é unha personaxe clave para o equipo.
O 10 de xuño do 2008, o Deportivo fixo efectiva a cláusula de compra e Filipe firmou un contrato de cinco anos.
O 23 de xaneiro de 2010, nun partido que enfrontaba ao Deportivo co Athletic de Bilbao no Estadio Municipal de Riazor (3-1), o xogador produciuse unha fractura e luxación de nocello dereito na parte do peroné, a lesión produciuse logo de marcar un gol ao chocarse co porteiro do equipo rival. Estimáronse entre catro e seis meses de baixa[1], aínda que volveu xogar o 9 de maio, tres meses e medio despois.[2]
O 23 de xullo de 2010 foi contratado polo Club Atlético de Madrid por catro tempadas. A súa chegada non puido comezar mellor, pois o 29 de agosto conseguiría o seu primeiro título ao impoñerse na Supercopa de Europa ao Inter de Milan, gañador da Liga de Campións, por dous goles a cero, se ben non participou en dito encontro.[3] O seu debut oficial non se produciu até a quinta xornada da Liga 2010–11 ante o Real Zaragoza, dando o pase do gol da victoria.[4]
Selección nacional [editar]
Foi internacional coa selección brasileira en diversas ocasións, producíndose o seu debut o 14 de outubro de 2009 no derradeiro encontro de clasificación para o Mundial de Sudáfrica 2010 fronte a Venezuela (0–0). Anteriormente ao seu debut xa fora convocado para disputar os partidos contra Arxentina, Chile e Bolivia.
Palmarés [editar]
- Deportivo
- Atlético de Madrid
Notas [editar]
- ↑ "Filipe Luís pasó por el quirófano y estará entre cuatro y seis meses de baja", artigo en www.marca.com, 24 de xaneiro de 2010(consultado o 24 de xaneiro de 2010)
- ↑ Filipe Luis entrará na convocatoria e podría ter alguns minutos
- ↑ "Internazionale 0 - 2 Atlético"
- ↑ "Diego Costa dio la victoria al Atlético tras una gran internada de Filipe"
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nados en 1985
- Nados no estado de Santa Catarina
- Futbolistas brasileiros
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Figueirense FC
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do CA Rentistas
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Deportivo de La Coruña
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil