Coruña Atlantics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coruña Atlantics
Fundado en 2009
Sede en A Coruña
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (2016–presente)

Uniforme actual
CoresAugamariña, dourado, negro e branco
                   
Cadro de persoal
PresidenteDavid Paredes Rodríguez
AdestradorPablo Pan Veira
Historia
  • Coruña Atlantics (2015–presente)
Alcume(s)
Atlantics
Campionatos
Títulos de Liga ()
Conferencia ()
División ()
Estadios
Cidade Deportiva Municipal da Torre

Os Coruña Atlantics son un equipo de fútbol americano da cidade da Coruña (Galiza). O club foi fundado en 2015 e compite na Liga Galega de Flag Football (LGFF).

Historia[editar | editar a fonte]

Os Coruña Atlantics foron fundados en 2015 por un grupo de afeccionados ao fútbol americano da Coruña que adestraban no Parque de Vioño e que o día 12 de marzo dese mesmo ano inscribían o club no Rexistro Oficial de Entidades Deportivas. Máis dun ano despois, o 10 de abril de 2016, o equipo xogou o seu primeiro partido oficial na primeira xornada da Liga Galega de Flag Football de 2016,[1] derrotando os Santiago Black Ravens por 30-24 no campo dos Pinares, en Fene.[2] Na súa primeira participación na máxima categoría do flag football o equipo herculino finalizou na 4ª posición (penúltimo) cun rexistro de tres vitorias, cinco derrotas e ningún empate, anotando 140 puntos e encaixando 236.[3]

O 3 de xullo de 2016 chegou o primeiro título da historia do club ao proclamarse campión da Segunda División da Liga Galega de Flag Football.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 1 Segunda División LGFF: 2016

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Historia" (en castelán). Coruña Atlantics. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  2. Nova en La Voz de Galicia (12 de abril de 2016), citada en "El Coruña Atlantics se estrena con una doble victoria" (en castelán). Coruña Atlantics. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  3. "VIII LIGA GALLEGA DE FÚTBOL FLAG" (en castelán). Asociación Galega de Fútbol Americano. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]