Joan Capdevila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Capdevila

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Joan Capdevila i Méndez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Tàrrega, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura182 cm Editar o valor em Wikidata
Peso79 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoLateral (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1996-1997 UE Tàrrega (en) Traducir 34(3)
1997-1998 Reial Club Deportiu Espanyol B 45(4)
1998-1999 Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona 29(4)
1999-2000 Atlético de Madrid 31(2)
2000-2007 Deportivo da Coruña 179(15)
2007-2011 Villarreal Club de Fútbol 140(15)
2011-2012 Sport Lisboa e Benfica 5(0)
2012-2014 Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona 31(0)
2014-2014 NorthEast United Football Club (pt) Traducir 12(0)
2014-2015 NorthEast United Football Club (pt) Traducir 12(0)
2015-2015 Lierse SK 4(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1998-2000   Selección de fútbol sub-21 de España 13(0)
2000-2000   Selección de fútbol sub-23 de España 4(0)
2002-2011   España 60(4)
2002-2013   Selección de fútbol de Cataluña 10(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm3971061 Twitter: capde11 Bitraga: 2366 FIFA: 177907 UEFA: 44862 Editar o valor em Wikidata

Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.

Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.

Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.

Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.

Goles internacionais
# Data Lugar Rival Gol Resultado Competición
1. 17 de novembro de 2007 Estadio Santiago Bernabéu, Madrid, España Suecia 1–0 3–0 Clasificación para a Eurocopa 2008
2. 6 de febreiro de 2008 Estadio La Rosaleda, Málaga, España Francia Francia 1–0 1–0 Amigable
3. 31 de maio de 2008 Estadio Nuevo Colombino, Huelva, España Perú 2–1 2–1 Amigable
4. 10 de setembro de 2008 Estadio Carlos Belmonte, Albacete, España Armenia 1–0 4–0 Clasificación para o Mundial 2010

Palmarés[editar | editar a fonte]

Persoal[editar | editar a fonte]

Deportivo
Benfica

Internacional[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]