Walter Pandiani
![]() Pandiani xogando para o Birmingham City en 2005. |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Walter Gerardo Pandiani Urquiza | ||
| Nacemento | 27 de abril de 1976 (37 anos) | ||
| Lugar | Montevideo, Uruguai | ||
| Altura | 1,84 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Atlético Baleares | ||
| Número | 8 | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 1996–1997 | Progreso | 22 | (12) |
| 1997–1998 | Basañez | 0 | (0) |
| 1998–2000 | Peñarol | 71 | (29) |
| 2000–2005 | Deportivo da Coruña | 86 | (31) |
| 2002–2003 | → Mallorca (cedido) | 33 | (13) |
| 2005 | → Birmingham City (cedido) | 14 | (4) |
| 2005–2006 | Birmingham City | 17 | (2) |
| 2006–2007 | Espanyol | 52 | (8) |
| 2007–2011 | Osasuna | 92 | (27) |
| 2011–2012 | Espanyol | 16 | (3) |
| 2012–2013 | Villarreal | 17 | (2) |
| 2013– | Atlético Baleares | 4 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 2001–2004 | Uruguai | 4 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 24 de febreiro de 2013. † Aparicións (Goles) |
|||
Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como El Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un futbolista uruguaio. Xoga na posición de dianteiro e o seu actual equipo é o Atlético Baleares.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, con cal gañaría a Copa do Rei.
Á temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co club e o seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o club ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, con quen gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.
En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e achegar calidade e experiencia ao equipo.
Na tempada 2011–12 fichou novamente polo RCD Espanyol.[1]
Selección nacional [editar]
Foi internacional coa selección uruguaia en catro ocasións, pese a ser convocado máis veces.
Palmarés [editar]
- Peñarol
- Liga de Uruguai: 1999
- Deportivo
- Mallorca
- Espanyol
