Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1992/93 da Primeira división española de fútbol, que foi a 65ª edición do campionato, comezou o 5 de setembro de 1992 e rematou o 20 de xuño de 1993.
Proclamouse vencedor do torneo o FC Barcelona, que por primeira vez na súa historia encadeou tres títulos consecutivos, logrando así o trofeo en propiedade, o oitavo desde a creación da Primeira División.
Participantes e estadios [editar]
A partir desta tempada, todos os clubs participantes na Primeira División son Sociedades Anónimas Deportivas (SAD), en aplicación da Lei 10/1990 aprobada polo Goberno español. Só o Athletic Club de Bilbao, o FC Barcelona, o CA Osasuna e o Real Madrid deron mantido a súa forma xurídica de asociación deportiva.
Clasificación final [editar]
Na súa primeira tempada en España o brasileiro Bebeto converteuse nunha das revelacións do campionato e logro o trofeo do Diario Marca ao máximo goleador do torneo, sendo o primeiro futbolista do Deportivo da Coruña en conseguilo.
Paco Liaño e Santi Cañizares obtiveron o mesmo coeficiente de goles encaixados na loita polo Trofeo Zamora. Aínda que o regulamento estipula que, en caso de empate, o vencedor será o porteiro con máis partidos disputados -o que beneficiaba ao porteiro do Deportivo da Coruña-, finalmente o Diario Marca concedeu o galardón exaequo a ambos os futbolistas, que estrearon así o seu palmarés no Trofeo.
Para optar ao Zamora foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.
| # |
Xogador |
Equipo |
Goles |
Partidos |
Promedio |
| 1º |
Francisco Liaño |
Deportivo da Coruña |
31 |
37 |
0,83 |
|
Santiago Cañizares |
Celta de Vigo |
30 |
36 |
0,83 |
| 3º |
Andoni Cedrún |
Real Zaragoza |
35 |
36 |
0,97 |
| 4º |
José Manuel Sempere |
Valencia CF |
31 |
35 |
0,88 |
| 5º |
Andoni Zubizarreta |
FC Barcelona |
34 |
38 |
0,89 |
| 6º |
Roberto Santamaría |
CA Osasuna |
38 |
36 |
1,05 |
| 7º |
Juan Carlos Unzué |
Sevilla FC |
44 |
38 |
1,15 |
| 8º |
Juan Carlos Ablanedo |
Sporting de Gijón |
34 |
29 |
1,20 |
| 9º |
Julen Lopetegi |
CD Logroñés |
46 |
37 |
1,24 |
| 10º |
Juanjo Valencia |
Athletic Club |
49 |
38 |
1,28 |
Ligazóns externas [editar]