Pablo Brea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Brea
Información persoal
Nome Pablo Brea Fontáns
Nacemento 28 de xuño de 2001
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Arenteiro
Carreira xuvenil
Santiago de Compostela CF
2015–2019 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2021 Fabril 14 (0)
2019–2020 Coruxo 1 (0)
2021– Deportivo da Coruña 2 (0)
2023– Arenteiro 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Pablo Brea Fontáns, nado en Santiago de Compostela o 28 de xuño de 2001, é un futbolista galego, que xoga de porteiro no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou na canteira do Santiago de Compostela CF e no verán de 2015 fichou polo Deportivo da Coruña.[1] Xogou no equipo cadete e no xuvenil, disputando con este último a División de Honra, e no 2017 recibiu as súas primeiras convocatorias co Fabril, adestrado por Cristóbal Parralo. Tamén en 2017 debutou co primeiro equipo do Deportivo nun partido amigable. Foi no Memorial Moncho Rivera disputado en Riazor contra o Corinthians, que acabou con vitoria por 7-0 para os coruñeses, e onde Brea entrou nos minutos finais como substituto de Francis Uzoho.[2] Tras varias convocatorias co Fabril, debutou con este en agosto de 2018, nun partido da Copa Deputación da Coruña, e en maio de 2019 fíxoo na Segunda División B contra o Valladolid B.[3]

Na tempada 2019/20 saíu cedido ao Coruxo, onde non dispuxo apenas de minutos, participando nun único partido de liga, contra o Las Palmas Atlético, no que entrou substituíndo ao porteiro titular Alberto.[4] Xogou ademais na Copa Federación, tendo unha destacada actuación nos cuartos de final contra o Salamanca no Helmántico, ao deter tres lanzamentos na quenda de penaltis e clasificar así ao equipo vigués para a Copa do Rei por primeira vez na súa historia.[5][6][7] En decembro foi o gardameta do Coruxo no histórico encontro de Copa do Rei fronte ao Mirandés no Campo do Vao, no que o club galego perdeu por 4-5 despois dunha prórroga e unha controvertida actuación arbitral.[8][9][10]

Na tempada 2020/21 foi un dos gardametas do Fabril en Terceira División, compartindo a titularidade con Alberto Sánchez e Brais Suárez. En maio de 2021 o club renovou o seu contrato por tres anos, e para a tempada 2021/22 foi confirmado como un dos dous gardametas do primeiro equipo, xunto a Ian Mackay.[11] Debutou co Deportivo en partido oficial o 1 de decembro, na primeira rolda da Copa do Rei 2021/22 contra o UCAM Murcia na Condomina, que acabou con vitoria coruñesa por 3-4.[12] Xogou ademais dous partidos de liga e continuou no equipo na tempada seguinte, na que contou tamén coa competencia de Edu Sousa, polo que disputou só un partido de Copa.

En xullo de 2023 o Deportivo renovou o seu contrato ata 2025 e cedeuno ao Arenteiro, equipo que acababa de ascender á Primeira División RFEF.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pablo Brea renueva por tres temporadas con el Deportivo". Deportivo da Coruña (en castelán). 3 de maio de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  2. "O Dépor gaña o Memorial Moncho Rivera (7-0) ao Corinthians". 5 de outubro de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  3. "O Fabril despídese da Segunda B cunha derrota pola mínima en Valladolid". Deportivo da Coruña. 19 de maio de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  4. "El Coruxo se lleva la victoria tras golear 4-1 al Las Palmas At." (en castelán). 15 de decembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  5. "El Coruxo pasa en los penaltis y entra en la Copa del Rey". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  6. Miranda, Carlos (30 de agosto de 2020). "Pablo Brea, un portero "completo y muy desarrollado"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  7. "O Coruxo logra unha histórica clasificación para a Copa do Rei". TVG. 7 de novembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  8. "Acusan de tongo en el Coruxo-Mirándés al árbitro que suspendió el Rayo-Albacete" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  9. "El árbitro de la suspensión del Rayo-Albacete, en el ojo del huracán por dos penaltis en el Coruxo-Mirandés de Copa" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  10. "Michel Alonso: "Soy claro, el Mirandés pasó gracias al árbitro"". Faro de Vigo (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  11. Candal, Rocío (1 de setembro de 2021). "Así quedan los dorsales y la plantilla del Deportivo 2021-2022" (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  12. "La magia de Quiles y Yeremay mete al Deportivo en la siguiente ronda de Copa" (en castelán). 1 de decembro de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  13. "Pablo Brea renueva con el Deportivo hasta 2025 y sale cedido al Arenteiro" (en castelán). 16 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]