José Francisco Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Francisco Molina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1993 Valencia Club de Fútbol Mestalla 18(0)
1990-1991cesión Unión Deportiva Alzira 29(0)
1993-1994 Valencia Club de Fútbol 0(0)
1993-1994cesión Villarreal Club de Fútbol 18(0)
1994-1995 Albacete Balompié 23(0)
1995-2000 Atlético de Madrid 189(0)
2000-2006 Deportivo da Coruña 169(0)
2006-2007 Levante Unión Deportiva 34(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1996-2000   España 9(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
- Villarreal Club de Fútbol C Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
xuño de 1996Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 Editar o valor em Wikidata

José Francisco Molina Jiménez, nado en Valencia o 8 de agosto de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Actualmente adestra o Atlético de Kolkata.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou xogando no Unión Deportiva Alzira onde atraeu a atención dos observadores do Valencia. Tras un par de tempadas nas categorías inferiores foi cedido ao Villarreal Club de Fútbol. En 1994 foi traspasado ao Albacete, co que debutou en Primeira División. Tras unha irregular tempada foi fichado polo Atlético de Madrid co que gañou a Liga, a Copa do Rei e o Trofeo Zamora na primeira tempada.

No Atlético permaneceu 5 tempada ata que o club descendeu a Segunda División. No ano 2000 foi vendido ao Deportivo da Coruña, co que gañou unha Copa do Rei e dous Supercopas.

O 15 de outubro de 2002 anunciou que padecía un cancro de testículo, o cal lle obrigou a retirarse indefinidamente do deporte. Tras pasar por varias sesións de quimioterapia conseguiu superar a enfermidade, anunciando a súa recuperación en xaneiro de 2003.

No 2006 fichou polo Levante UD. No comezo da tempada 2006/07 estivo no banco do equipo levantino, feito que só durou 4 partidos, tras os cales se gañou a titularidade indiscutible até o final da tempada. No verán de 2007 retirouse. O seu último partido foi contra o Athletic Club de Bilbao onde tivo unha actuación maxistral na primeira metade reafirmándose na negativa a ceder ante a presión dos seus compañeiros para que o Levante UD deixárase perder o partido e o Athletic Club de Bilbao permanecese un ano máis en Primeira División en detrimento do Celta de Vigo. Ao final perdeu por 2-0 e o partido amañado levouse a cabo. Este feito está a ser investigado na actualidade.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

O 18 de marzo de 2012 foi destituído como adestrador do Villarreal CF, debido aos malos resultados.[1]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa Selección de fútbol de España en 9 ocasións. O seu debut como internacional se produciu o 24 de abril de 1996 no partido Noruega 0:0 España. Curiosamente non debutou como porteiro xa que era un amigable e cos cambios de xogadores de campo esgotados lesionouse un xogador polo que tivo que saír ocupando a posición de interior zurdo. Disparou unha vez a porta e o balón saíu fóra a escasos centímetros da portaría.

Participou coa Selección española na Copa Mundial de Fútbol de Francia de 1998 como porteiro suplente, aínda que non chegou a xogar ningún minuto, tamén disputaría a Eurocopa de 2000 na que tras unha desafortunada actuación no partido inaugural contra Noruega non volvería vestir a camiseta da selección.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid
Deportivo da Coruña
Individual

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]