Unió Esportiva Lleida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lleida
Nome completo Unió Esportiva Lleida
Alcume(s) Blaus, de la Terra Ferma
Fundación 1939
Desaparición 2011
Estadio Camp d'Esports,
Lleida, España
Inauguración
Capacidade 13.500
Na casa


Fóra


A Unió Esportiva Lleida foi un club de fútbol español da cidade de Lleida, en Cataluña. Fundouse en 1939 e desapareceu en 2011.

Nos últimos anos, a entidade tivo graves problemas económicos, que a levaron a declarar o seu concurso de acreedores en xullo de 2010. A débeda da UE Lleida ascendía a 28 millóns de euros e non existían posibilidades de rebaixala, polo que se decretou a súa desaparición e a venda da súa praza en Segunda B. O seu sustituto é o Club Lleida Esportiu.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros anos[editar | editar a fonte]

Logo da Guerra civil española, na primavera de 1939, membros de varias sociedades deportivas como o Lleida Sport Club, o Club de Fútbol Calaveres e a AEM fundan o Lleida Balompié, froito da necesidade dun club de fútbol na cidade de Lleida. Esa mesma tempada, con Sebastià Tàpies como presidente e José Pérez como adestrador, o equipo proclámase campión de Segunda Rexional Ordinaria, aínda que perde a promoción co Olot. Con todo, nos anos posteriores, vive a súa primeira época dourada e na tempada 1943-44 debuta en Terceira división. O 9 de marzo de 1947, o Lleida Balompié fusiónase co Club Deportivo Leridano, equipo fundado en 1941 e de ideoloxía franquista, nacendo así a Unión Deportiva Lleida. Na tempada 1949-50, a do debut en Segunda división, o equipo consegue o ascenso a Primeira división logo de terminar a competición e a liguiña de ascenso como subcampión. En apenas dez anos, o club xa está entre os mellores.

Un debut para esquecer[editar | editar a fonte]

A tempada 1950-51, a do debut en Primeira, é unha mestura de esperanza e desilusión, xa que o equipo descende logo de gañar só seis partidos e encaixar 134 goles (marca en toda a historia da competición). O club, presidido por Eduard Estadella, e o equipo, adestrado por Emili Vidal, fai todos os esforzos posibles pero encaixa goleadas de escándalo como un 10-0 ante o Athletic ou un 10-1 contra o Deportivo. Froito deste esforzo, chegan a Lleida os tres primeiros xogadores estranxeiros da súa historia: o italiano Sergio Del Pinto e os arxentinos José Valle e Vicente Di Paola. Con todo, o mellor xogador desta campaña foi o dianteiro vasco Ignacio Bidegain, con 8 goles en 17 partidos. Posteriormente, o Lleida roza o ascenso de novo, na tempada 1953-54, pero perde a promoción de ascenso logo de terminar terceiro a competición con "Lelé" no banco. O Lleida mantense entre Segunda e Terceira as seguintes tempadas pero toca fondo co descenso a Rexional Preferente na tempada 1969-70.

De Segunda B a Primeira[editar | editar a fonte]

O Lleida renace das súas cinzas e na tempada 1977-78 convértese nun dos fundadores dunha nova categoría, a Segunda B, na que permanece as dez primeiras campañas. Ademais, é un dos equipos habituais nas últimas roldas da Copa do Rei e na tempada 1985-86 consegue unha das súas mellores actuacións chegando a oitavos de final, onde o Barça elimínalle pola mínima. A finais da tempada 1987-88, co equipo abocado ao descenso a Segunda B tras dúas campañas en Segunda, chega ao banco o que será o mellor adestrador do club en toda a súa historia, José Manuel Esnal "Mané". Co de Balmaseda, que dirixiu 250 partidos no Lleida, conséguese o retorno á categoría de prata e o retorno a Primeira 43 anos despois, logrando o título máis importante ata a data, o de campión de Segunda na tempada 1992-93. Os azuis terminan a competición con só catro derrotas e 20 goles encaixados, polo que o porteiro croata Mauro Ravnic consegue o trofeo Zamora da categoría.

Outro desencanto[editar | editar a fonte]

A tempada do retorno a Primeira volve ser decepcionante, xa que se volve a descender. A pesar de que o Lleida logra dúas vitorias de mérito: 0-1 no campo do Barça e 2-1 ante o Real Madrid no Camp d'Esports, o persoal non se axusta o suficiente e termina penúltimo con sete vitorias e a tres puntos da promoción. O club non acerta coas fichaxes e menos cos xogadores estranxeiros, xa que o danés Soren Andersen, chamado a ser o goleador do equipo, termina a Liga con só dous tantos, mentres que o bosníaco Nikola Milinkovic faino con seis. Os que si cumpren son Ravnic e o uruguaio Gustavo Matosas, que chega mediada a tempada e co equipo abocado ao descenso. Mané segue no cargo ao terminar a tempada e á seguinte rózase o retorno a Primeira. Con todo, o Lleida, que terminara a competición terceiro, perde a promoción contra o Sporting de Gijón tras un 2-2 no Camp d'Esports e un agónico 3-2 no Molinón. É o fin da era de Mané, oito tempadas cheas de éxitos.

Desaparición[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Club Lleida Esportiu.

O 25 de xuño de 2010, o máximo accionista Tatxo Benet abandonou a xestión do club, e cedeu tódalas suas accións á empresaria Annabel Junyent. Poucos días despois, a UE Lleida declarou o seu concurso de acreedores, nun último intento para reflotar a empresa. Con todo, a nova directiva non entregou no prazo previsto un plan de viabilidade.

No informe realizado para o concurso de acreedores, estableceuse a deuda total da entidade en 28 millóns de euros, dos cales a metade correspondían a deudas coa Seguridad Social. Posto que non se entregou o plan de viabilidade, decretouse a liquidación da Unió Esportiva Lleida e a súa desaparición. O derradeiro partido que disputou foi o 15 de maio de 2011 contra o CE L'Hospitalet. Cando rematou a tempada, puxo a súa praza en Segunda B a subasta. Un grupo inversor liderador polo empresario local Sisco Pujol adquiriuna, e creou como sustituto o Club Lleida Esportiu.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Lleida xogaba no Camp d'Esports, inaugurado en 1919, con capacidade para 13.500 persoas aproximadamente. Ten unhas dimensións de 102 x 68 metros.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón negro e medias vermellas.

As cores distintivas de Unió Esportiva Lleida son o azul na camiseta e o branco no pantalón. A primeira xunta directiva do club escolleu estes tons ao ser as cores marianas da AEM (Asociación de ex alumnos Maristas), unha das entidades fundadoras de Unió Esportiva Lleida.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Xogadores da UE Lleida.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]